FANDOM


A alma do océano
Tempada 5, episodio 24
Winx128.png
Información do episodio
Número de episodio total 128
Data do trinque (Italia) 22 de abril do 2013
Data do trinque (EUA) 8 de setembro do 2013
Nomes originais
Nome en italiano Il respiro delľoceano
Nome en inglés (EUA) Saving Paradise Bay
Sucesión de episodios
anterior
O ollo do tiburón
seguinte
O último descubrimento
Lista de episodios

A alma do océano é o episodio 24 da tempada 5 da serie Winx Club e o episodio 128 en total. Estreouse o 22 de abril do 2013 en Italia.

Argumento Editar

O episodio empeza na Terra, onde unha parella cun neno están a chegar nun barco a unha illa que se chama Baía Paraíso. O neno, David, está a ollar os peixes e cae á auga. O seu pai salta a buscalo, pero David pérdese. Entón David é rescatado por uns golfiños. A familia agradece aos golfiños por salvar David.

En Domino, Oritel está a falar cos reis doutros planetas, e están de acordo en unir forzas para loitar contra Tritannus. Nereus di que teñen que atacar agora, pero o resto de reis prefiren esperar. Flora pide para falar, e di que na Terra é onde Tritannus consegue toxinas, e teñen que ir á Terra e destruír todas as toxinas.

Na Terra, David e os seus pais atopan unha fábrica, e aparecen Icy e Tritannus. Icy lanza un feitizo e crea unha choiva aceda. Tritannus volve ser un monstro, e contamina co seu tridente a illa Baía Paraíso. Os golfiños que salvaron David atópanse coa Selkie da Terra, e entón a contaminación chea o océano da Terra.

En Domino, as Winx din que teñen que destruír a contaminación da Terra, e entón vén Philla e di que a Terra precisa da axuda das Winx porque Tritannus está a contaminar a illa Baía Paraíso. Sky di que teñen que unir as súas forzas para deter Tritannus, e préstase voluntario.

Oritel propón facer un exército para atacar Tritannus, dirixido por Sky. Todos aceptan menos Disapro, e ela di que Sky non debería ir. Pero Erendor di que Sky ten que cumprir o seu deber, e fai que Diaspro deixe de ser o seu paxe. Diaspro enfádase dicindo que todo é culpa de Bloom e queda con rabia, e cae á auga de Nereus e Tressa.

Nereus di que poderían usar a alma do océano, que pode recuperar as augas danadas. As Winx transfórmanse, e entran no Océano Infinito. As Winx chegan a unha illa que hai sobre o Océano Infinito, e informan que antes esa illa estaba baixo a auga pero a maldición do Sirenix fixo que o nivel do mar baixase.

As Winx concéntranse para atopar a alma do océano, e unha burbulla rodea ás Winx e transpórtaas ata outro sitio. As Winx divídense en dous equipos, e entón aparece un insecto que ataca as Winx. Tecna destrúeo, pero veñen máis. Os insectos teletranspórtanse e van aparecendo en novos sitios.

Flora di que os insectos só protexen algo. As Winx deciden entreter os insectos mentres Flora voa ata a alma do océano. Flora logra obter a alma do océano, e fai que a illa se limpe e se encha de vexetación. Agora, as Winx teñen que ir á illa Baía Paraíso da Terra.

O exército de Sky con Especialistas, sereas e robots chegan para loitar contra Tritannus e Icy. Tritannus chama os mutantes, e atacan o exército de Sky. Outros mutantes rodean o barco de David e os seus pais. Cando están a piques de ser atacados, os Especialistas salvan a familia dos mutantes.

En Solaria, a raíña Luna fai que o segundo sol de Solaria brille e envíe a súa luz á batalla. Tritannus e Icy deciden abandonar a Terra e volver ao Océano Infinito, pero aparecen as Winx e Roy, e rodean Tritannus e Icy. Entón co seu tridente ataca as Winx, e os mutantes atacan Roy. Icy ataca Philla, pero Roy ponse no medio e recibe o ataque. Layla decide ir con Roy. As Winx atacan Tritannus, pero el fai que os ataques volvan contra as Winx.

Tritannus e Icy escapa, e Layla abraza Roy, pero entón as Winx atopan Roy e Layla. As Winx van á superficie, e Flora usa o seu feitizo da flor do Sirenix e a alma do océano para salvar a illa Baía Paraíso. Entón a gardiá do Sirenix de Flora di a que pode pedir un desexo, e Flora desexa que os humanos coiden do benestar da Terra.

Feitos importantes Editar

  • Todos os gobernantes dos planetas finalmente deciden unirse.
  • Diaspro non é máis o paxe do rei Erendor.
  • Layla mostra sentimentos para Roy despois que el foi atacado.
  • Flora usa o seu desexo do Sirenix.

Curiosidades Editar

  • Este episodio mostra que Layla e Roy teñen sentimentos un polo outro.
  • Esta é a segunda vez que aparece a superficie do Océano Infinito. A primeira vez é no episodio 21 (Un encontro perfecto). No entanto, esta é a primeira vez que aparece terra.
  • Na alianza, só Linphea e Melodía non axudaron. Domino fai a unión. Luna en Solaria axudou co brillo do Sol e a luminosidade da lúa para atacar os mutante. Zenith convocou os seus robots. Andros convocou as súas sereas. E Eraklyon convocou os Especialistas.
  • A illa Baía Paraíso ten a forma dun corazón.

Galería Editar

Interferência de bloqueador de anúncios detectada!


A Wikia é um site grátis que ganha dinheiro com publicidade. Nós temos uma experiência modificada para leitores usando bloqueadores de anúncios

A Wikia não é acessível se você fez outras modificações. Remova o bloqueador de anúncios personalizado para que a página carregue como esperado.

En torno á rede de Wikia

Wiki ao chou