FANDOM


A biblioteca perdida
Tempada 6, episodio 7
Winx137.png
Información do episodio
Número de episodio total 137
Data do trinque (Italia) 17 de febreiro do 2014
Data do trinque (EUA) 16 de febreiro do 2014
Nomes originais
Nome en italiano La biblioteca perduta
Nome en inglés (EUA) The Lost Library
Sucesión de episodios
anterior
Vórtice de chamas
seguinte
O ataque da esfinxe
Lista de episodios

A biblioteca perdida é o episodio 7 da tempada 6 da serie Winx Club e o episodio 137 en total. Estreouse o 17 de febreiro do 2014 en Italia.

Argumento Editar

O episodio comeza en Alfea, onde Stella está na súa habitación ocupada, e está a proxectar as súas roupas mentres algúns insectos entran na súa habitación. Ela grita e sae da porta. Bloom, Musa, Tecna e Layla tamén están incomodadas cos insectos, pero descobren que pertencen a Flora. Flora chama unha orquídea para atraer os insectos de volta para as súas casas.

Roxy entra na habitación e pide ás Winx para axudala a transformar Griffin de volta á súa forma real. Flora di Roxy e as Winx que veñan á súa habitación, onde ela dá Griffin unha poción que ela fixo usando extraccións do sistema inmunolóxico das súas plantas. A poción parece que está a funcionar, pero falla e Flora suxire a Roxy que poderían pedirlle axuda ao profesor Palladium. Entón chega Griselda e di ás Winx que Faragonda as convocou para unha clase de Historia da Maxia.

Alí, Daphne e Faragonda informan ás Winx sobre o Legendarium, un libro que non pode destruírse e só teñen que fechalo para sempre. Entón Daphne informa ás Winx sobre Eldora, unha fada madriña que era a gardiá da biblioteca de Alexandría, ata que foi perdida. Esta biblioteca está localizada no Exipto, na Terra.

Daphne di que Eldora mantivo un diario, onde poden atoparse escritos todos os segredos do Legendarium. Debido a isto, Daphne, Faragonda e as Winx pretenden ir cara á biblioteca perdida de Alexandría e comezan a planear unha viaxe de exploración na Terra.

En Torre de Nubes, as Trix descobren polos seus espías o que están a planear as Winx, e planean facer un ataque sorpresa. Selina quere seguir as Trix, pero elas ordenan Selina que quede e use o Ollo Máxico de Griffin para que estea a vixiar todo. Selina abre o seu Legendarium e comeza a falar con Acheron, que se atopa preso no libro, e di que o liberará.

En Alfea, Stella dá ás outras Winx roupas novas, e colle un mini-ventilador pero comeza a descontrolarse e as Winx dinlle que o desconecte. Entón veñen os Especialistas e os Paladinos. Roy e Nex aínda loitan por Layla, e Roy dálle un agasallo. Tres alumnas de Alfea, chamadas Lori, Evie e Carol, están preparadas para acompañar as Winx mentres as Trix chegan e Darcy transforma estas alumnas en sapos.

Entón, as Trix disfrázanse das tres raparigas. Tecna rifa as tres, e entón Stormy enfádase e tenta atacala, pero Icy calma a súa irmá para que non as descubran. As Winx, Daphne e as Trix (disfrazadas como Lori, Evie e Carol) están a piques de saír, e as Pixies veñen. O equipo despídese dos rapaces, e todos teletranspórtanse cara a Alexandría.

No Exipto, na Terra, Daphne dá informacións sobre a biblioteca. As Pixies descobren que agora os humanos poden velas, e as Winx e todo o equipo continúan a buscar a biblioteca. As Winx comezan a quedar cansadas, e propoñen transformarse. Pero Layla atopa catro globos de ar quente, e pensa que así atoparán a biblioteca máis fácil.

Cando os globos soben ao ceo, as Trix queren “divertirse” e Stormy crea unha tempestade de area, que pon en perigo os catro globos. Bloom usa a súa maxia para salvar as Winx en dous globos. Pero Daphne, as Pixies e as Trix aínda quedaron na tempestade, e entón Cherie para a tempestade cos seus poderes e os outros dous globos sálvanse, e Darcy pensa que é ridículo.

Flora usa a súa maxia para sentir as plantas e detecta unha caverna subterránea. Alí, o equipo comeza a procura. Stella está a cansarse, pero Tecna di que ten que continuar. As Trix páranse, e contactan con Selina, que está a observalas. As Trix dinlle que faga algunha cousa co seu Legendarium e que esperte algún monstro dalgunha lenda para atacar as Winx. Mentres tanto, Flora destrúe unha pedra grande e todas elas entran.

Stella ten medo, asústase e pon a súa man nunha parede, pero así descobre a entrada e as outras felicitan Stella. As Winx entran na biblioteca, e sorpréndense. Todo está cheo de xardíns e palmeiras, e Daphne di que o Legendarium se atopaba nunhas paredes que hai na biblioteca, pero non saben onde teñen que buscar porque todo é moi grande.

As Winx comezan a buscar, pero hai miles de libros. Mentres, Selina esperta unhas momias e ordénalles atacar a biblioteca. As momias comezan a atacar o equipo, e as Winx transfórmanse no Bloomix e Daphne no Sirenix. As Pixies axudan as Winx, e unha momia ataca as Trix pero Tecna colócaas nunha gaiola para que estean seguras. Na gaiola, as Trix din que dende alí comezarán a observar toda a loita e ponse a rir, e termina o episodio.

Feitos importantes Editar

  • Faragonda e Daphne infórmanlles ás Winx sobre o Legendarium e Eldora.
  • As Winx, Daphne e as Trix disfrazadas de tres estudantes de Alfea, Evie, Lori e Carol, viaxan a Exipto (a Terra) para atopar o diario de Eldora, e chegan á biblioteca de Alexandría.
  • É a primeira vez que os humanos ven as Pixies na Terra.

Curiosidades Editar

  • Esta é a segunda vez que as Trix se transforman en tres estudantes de Alfea, o primeiro foi no episodio 8 da tempada 2 (Desfai-praceres). A diferenza deste episodio, non utilizan disfraces pola súa conta.
  • Este é o primeiro episodio no que Roy dá un agasallo a Layla.
  • Parece que Daphne e Faragonda saben todo sobre o Legendarium pero non se explica como saben que as Trix teñen este libro.
  • A botella da poción de Flora parécese á súa fórmula de crecemento rápido no episodio 12 da tempada 3 (As bágoas do salgueiro negro).
  • Esta é a primeira vez na tempada 6 onde todas se transforman en fadas Bloomix.

Galería Editar

Interferência de bloqueador de anúncios detectada!


A Wikia é um site grátis que ganha dinheiro com publicidade. Nós temos uma experiência modificada para leitores usando bloqueadores de anúncios

A Wikia não é acessível se você fez outras modificações. Remova o bloqueador de anúncios personalizado para que a página carregue como esperado.

En torno á rede de Wikia

Wiki ao chou