FANDOM


A caída de Tritannus
Tempada 5, episodio 26
Winx130.png
Información do episodio
Número de episodio total 130
Data do trinque (Italia) 24 de abril do 2013
Data do trinque (EUA) 22 de setembro do 2013
Nomes originais
Nome en italiano La fine delľincubo
Nome en inglés (EUA) The End of Tritannus
Sucesión de episodios
anterior
O último descubrimento
seguinte
A inspiración do Sirenix
Lista de episodios

A caída de Tritannus é o episodio 26 da tempada 5 da serie Winx Club e o episodio 130 en total. Estreouse o 24 de abril do 2013 en Italia.

Argumento Editar

O episodio empeza no Océano Infinito, onde as Winx, as Selkies e Tressa están a protexer a columna da luz mentres Bloom e Nereus están a perseguir Tritannus. No trono do emperador, Layla está prisioneira con Daphne. Tritannus di a Icy que se dispón a gobernar o Océano Infinito con Icy ao seu lado.

Tritannus séntase no trono do emperador e actívao, e lanza unha onda de enerxía escura polo Océano Infinito. Unha porta ábrese e os mutantes vanse, e as Winx séguenos. Tritannus sente o poder do Océano Infinito, e di a Icy que ela non é nada. Icy sorpréndese, pero Tritannus queda descontrolado e empeza a atacar Icy.

Icy foxe, pero Tritannus disponse a atacala. Entón Darcy e Stormy axudan Icy, e as Trix unidas tentan atacar Tritannus. Pero Tritannus expulsa as Trix do Océano Infinito, mentres os mutantes, as Winx e Tressa chegan ata o océano de Andros. As Winx descobren que os mutantes buscan os pais de Layla.

No océano de Andros, as sereas gardiás descobren que o nivel do mar está a subir. No palacio de Andros, o mar inunda a sala principal. Teredor e Niobe van ata a torre. Bloom, Serena e Nereus descobren que o poder de Tritannus aumentou. Serena busca Daphne e Layla, Bloom ataca os mutantes e Nereus ataca Tritannus.

Nereus e Tritannus empezan a loitar, mentres os mutantes atacan o palacio de Andros. Roy e as sereas loitan contra os mutantes, pero os mutantes supéranlles en número. As Winx e Tressa aparecen para axudar as sereas e Roy. Entón Roy di ás Winx que teñen que salvar o rei Teredor e a raíña Niobe.

O palacio de Andros está case baixo a auga, e o mar chega ata a torre. Teredor e Niobe están rodeados por auga, e chegan os mutantes. Teredor loita contra os mutantes, ata que aparecen as Winx. As Winx logran facer que os mutantes deixen o castelo, e Stella fai unha bóla ao redor dos reis de Andros para sacalos do castelo.

As Winx e os reis de Andros atopan que hai moitos mutantes, mentres Nereus loita contra Tritannus. Bloom ataca Tritannus, sen éxito. Bloom di a Nereus que teñen que destruír o tridente. Nereus loita contra Tritannus, e logra quitar o tridente da súa man. Bloom usa o seu feitizo do lume do Sirenix e logra destruír o tridente de Tritannus.

Layla e Daphne son liberadas, e os mutantes volven á súa forma orixinal. Nereus está contento por ver de novo os seus pais coa súa forma normal, e Tritannus tamén volve ao seu aspecto normal. En Andros, os mutantes volven á súa forma normal e o mar descende. As Winx alégranse por derrotar Tritannus.

Neptuno e Ligea saen á superficie, e Tressa abraza os seus pais. Bloom e Nereus saen con Tritannus, e Neptuno di a Tritannus que ten que ser castigado. Tritannus só di que lamenta non poder destruír todos. Teredor di que Tritannus será enviado ao esquecemento.

No océano, os gardas de Andros levan Tritannus ao esquecemento, e a caixa do Sirenix de Bloom di que ten un desexo. Bloom pide á súa gardiá que rompa a maldición do Sirenix, e entón Daphne volve ter corpo e resucita. Bloom abraza Daphne, agora que ten corpo, e todas as fadas que quixeren obter o Sirenix non correrán o risco de perder os seus poderes.

En Andros, os reis celebran a unión entre reinos, e din que agora estarán unidos. Entón da auga aparece un escenario, e as Winx aparecen. Bloom di que dá as grazas e o seu amor á súa familia, e as Winx empezan a cantar. Ao final, Bloom vén abrazar Daphne e as dúas irmás empezan a bailar xuntas.

Feitos importantes Editar

  • Tritannus activa con éxito o trono do emperador.
  • O tridente de Tritannus é destruído, así el é finalmente derrotado.
  • Todos os mutantes volven ás súas formas orixinais.
  • Bloom usa o seu desexo do Sirenix para romper a maldición do Sirenix e acabar co seu legado para sempre, e traer Daphne de volta á vida.
  • Daphne é restaurada ao seu corpo físico, finalmente.
  • Tritannus é expulsado ao esquecemento.

Curiosidades Editar

  • Darcy e Stormy están de volta, e finalmente únense a Icy.
  • Musa non usa o seu desexo do Sirenix nesta tempada, pero existía a posibilidade de que ela podería usalo na tempada 6. No entanto, tampouco o usa nas seguintes tempadas.
  • O destino das Trix é actualmente descoñecido, pero están vivas, xa que aparecen na tempada 6.
  • As gardiás sereas de Andros fan a súa primeira aparición dende a tempada 3.
  • Esta é a primeira vez que o rei Neptuno e a raíña Ligea son vistos en 3D.
  • Bloom ten o seu cabelo en verde claro con zonas violetas en vez de laranxa.
  • Tecna ten o seu cabelo en azul escuro en vez de violeta claro.
  • Nunha escena, o brazalete de Musa faltaba.
  • Este é o último episodio da tempada 5.

Galería Editar

Interferência de bloqueador de anúncios detectada!


A Wikia é um site grátis que ganha dinheiro com publicidade. Nós temos uma experiência modificada para leitores usando bloqueadores de anúncios

A Wikia não é acessível se você fez outras modificações. Remova o bloqueador de anúncios personalizado para que a página carregue como esperado.

En torno á rede de Wikia

Wiki ao chou