FANDOM


A cafetaría da música
Tempada 6, episodio 22
Winx152.png
Información do episodio
Número de episodio total 152
Data do trinque (Italia) 3 de agosto do 2014
Data do trinque (EUA) 8 de novembro do 2015
Nomes originais
Nome en italiano Music Café
Nome en inglés (EUA) The Music Cafe
Sucesión de episodios
anterior
Un amor monstruoso
seguinte
O himno de Alfea
Lista de episodios

A cafetaría da música é o episodio 22 da tempada 6 da serie Winx Club e o episodio 152 en total. Estreouse o 3 de agosto do 2014 en Italia.

Argumento Editar

O episodio comeza en Alfea, onde Layla está a adestrar as Winx para prepararse para a próxima loita, e Riven está alí enfadado. Stella sobe nunha plataforma ximnástica feita con Morphix, e cae ao chan. Bloom tenta facer adestramentos cunha corda feita con Morphix, e Flora e Tecna están a saltar nunha corda. Musa vén, pero enfádase cando atopa Riven a adestrar de novo. Musa tenta falar con el, pero Riven continúa a adestrar.

As Winx preocúpanse con Musa pola súa situación con Riven, pero continúan a adestrar e a rir. Layla lanza unhas esferas Morphix e Riven destrúeas co seu búmerang, e Musa fai que pare para poder falar con el. Riven pregúntalle por que fixo isto, e Musa dille que el sempre está a adestrar e xa non está con ela. Riven di que ten que concentrarse no que está a facer, e falarán máis tarde. Musa vaise enfadada, e Layla quere acompañala mas Musa quere quedar soa.

Musa está a precisar dalgunha cousa para facer que ela poida enfocar as súas enerxías, algunha cousa que sexa dela. De súpeto, Musa ouve unha música bonita e séguea, pasa por unha parede máxica e atopa un lugar totalmente abandonado hai séculos. As Winx están nunha clase con Daphne, cando Faragonda e Griffin veñen dicir que hai problemas porque as Trix absorberon un poder moi poderoso, e se cadra tentarán atacar Alfea. Pero as Winx din que Torre de Nubes agora é invisible.

En Torre de Nubes, Lazuli está a adestrar as novas alumnas para seren boas bruxas. Elas teñen que pasar por uns espellos, pero o facer moi mal, e as Trix están a observar todo e rir. Unha bruxa consegue atravesar o espello, pero é unha trampa. Outra bruxa si fai ben a proba. As Trix din que agora as bruxas teñen que atacar Alfea. En Alfea, Musa comeza a tocar os instrumentos existentes no lugar, dicindo que estes instrumentos son máxicos e di que parece que foron completamente abandonados alí.

As Pixies chegan. Musa pregúntalles ás Pixies se viran aqueles instrumentos. Cherie dille a Musa que ela, como fada da música, espertou os instrumentos. Musa di que aquel lugar precisa de axuda, e di que está chea de ideas. Cherie di que a sala podería ser dela, se quixer. Musa di que a sala ten moito potencial máxico, o bastante para protexer Alfea, e comunicarallo ás Winx. Mentres tanto, Tecna está a falar con Timmy sobre o localizador espectro-gráfico que os pais de Tecna lle deron.

Musa di a Tecna que poden protexer Alfea con música, e as dúas van coas outras Winx. Entón, Musa di ás Winx que lles presentará a “cafetaría da música”, e ensina ás Winx os instrumentos musicais da sala. Stella usa a súa maxia para facer música, e aparece un obxecto que fai música con Kiko. Stella para a música, e Bloom di que hai unhas alumnas que queren estar na cafetaría da música. E unha delas é Roxy.

As Winx comezan a tocar os instrumentos, e as alumnas e Roxy tamén. Musa toca o piano, e fan un concerto de música. Kiko fai que un instrumento se enfade, e o instrumento comeza a perseguir Kiko. Bloom comeza a perseguir Kiko para parar o instrumento que está a seguilo, pero outros instrumentos comezan a perseguir Bloom. Musa fai parar os instrumentos, e di que teñen que xuntarse aos instrumentos como se foren unha mesma cousa. As fadas tocan de novo os instrumentos.

As Winx din que usando a maxia dos instrumentos musicais, poderán protexer Alfea da Torre de Nubes voadora e defenderana. As Trix están a observar ás Winx, e faranlles unha trampa. En Alfea, Riven pensa en Musa pero continúa a adestrar con Sky. Sky di que se cadra el pode facelo mellor, e comezan a adestrar. Riven enfádase con Sky e di que mañá farán unha proba para saber quen é o mellor dos Especialistas. Sky di que antes irán buscar as Winx. Rivem lembra Musa de novo.

En Torre de Nubes, Icy di a Selina que atope un monstro do Legendarium que acabe coa música das Winx, e que teñan éxito. Selina quere espertar Rumpelstiltskin, un anano, e Icy di que quere alguén que cause destrución. Pero Selina di que ten a certeza que Rumpelstiltskin poderá servirlles, porque el quedou inmune aos feitizos de Alfea por quedar preto do seu escudo de protección. As Trix din que continúe, e Selina esperta Rumpelstiltskin e ordénalle ir a Alfea e roubar a voz de Musa.

En Alfea, as Winx están a tocar os instrumentos, cando Rumpelstiltskin vén interromper o concerto. El di que quere roubar a fonte dese son que hai en Alfea, e as Winx transfórmanse en Bloomix. As Winx atacan Rumpelstiltskin, pero os ataques non serven nel. As alumnas usan os instrumentos para atacar Rumpelstiltskin, pero tampouco serven. Bloom decátase que o monstro quere a voz de Musa. Sky e Riven tentan protexer Musa e atacan Rumpelstiltskin, pero fallan, e Rumpelstiltskin consegue roubar a voz de Musa e vaise.

En Torre de Nubes, as Trix e Selina din a Rumpelstiltskin que lles traia a voz de Musa, pero o monstro di que ninguén lle pode dar ordes. En Alfea, Musa está triste, e os instrumentos pararon. Riven vaise porque non puido protexer a súa noiva, e as Winx tentan facer que Musa non estea triste. Musa se non pode transformar sen a súa voz e quedará, e as Winx transfórmanse en Mythix para ir ao Legendarium sen Musa.

As Winx atópanse nun xardín, e atopan Rumpelstiltskin. As Winx ordénanlle que lles devolva a voz de Musa, pero Rumpelstiltskin di que non poderán paralo. As Winx atacan Rumpelstiltskin, pero os seus ataques non serven contra el. As Winx din que teñen que atopar un xeito para parar Rumpelstiltskin, pero el pon trampas ás Winx. Rumpelstiltskin segue cos seus versos cando está a falar, e o episodio termina coas Winx que non poden facer nada e con Rumpelstiltskin a rir.

Feitos importantes Editar

  • Musa atopa en Alfea un salón cheo de instrumentos máxicos, e crea a cafetaría da música.
  • Rumpelstiltskin rouba a voz de Musa.

Curiosidades Editar

  • Cando Bloom está a transformarse en Mythix, a súa transformación foi revertida unha vez máis.
  • Nunha escena, a parte de tras do cabelo de Musa falta.
  • Posiblemente, Rumpelstiltskin foi inspirado na película “Shrek: Felices para sempre” de DreamWorks. Ata porque son semellantes.

Galería Editar

Interferência de bloqueador de anúncios detectada!


A Wikia é um site grátis que ganha dinheiro com publicidade. Nós temos uma experiência modificada para leitores usando bloqueadores de anúncios

A Wikia não é acessível se você fez outras modificações. Remova o bloqueador de anúncios personalizado para que a página carregue como esperado.

En torno á rede de Wikia

Wiki ao chou