FANDOM


A canción das baleas
Tempada 5, episodio 19
Winx123.png
Información do episodio
Número de episodio total 123
Data do trinque (Italia) 15 de abril do 2013
Data do trinque (EUA) 31 de marzo do 2013
Nomes originais
Nome en italiano Le balene del canto
Nome en inglés (EUA) The Singing Whales
Sucesión de episodios
anterior
O devorador de Selkies
seguinte
Os problemas do amor
Lista de episodios

A canción das baleas é o episodio 19 da tempada 5 da serie Winx Club e o episodio 123 en total. Estreouse o 15 de abril do 2013 en Italia.

Argumento Editar

O episodio empeza no Océano Infinito, onde Tritannus e as Trix disponse a ir á columna do equilibrio para roubar o seu selo. Daphne aproveita que Tritannus se foi para avisar Bloom. En Domino, os reis non se pon de acordo. Sky tenta falar co seu pai, e Bloom tenta intervir. Pero Sky di a Bloom que é entre o seu pai e el.

Riven está a escoitar música, e Musa di que esa canción lla cantaba a súa nai. Musa explica a Riven a historia das baleas cantantes de Melodía, e Musa lembra a súa infancia. Entón Riven di que ten que saír, e entón Musa ve pola xanela Riven cunha moza loura.

Kiko ve un coello femia, e namórase dela. Pero o coello femia asústase e vaise. Musa di que hoxe é o día que aparecen as baleas cantantes. Musa chama ao seu pai, e el está coas baleas cantantes a ouvir a súa canción. En Domino, Bloom está triste porque Sky non está con ela, e entón ouve unha mensaxe de Daphne que fala da columna do equilibrio.

Tritannus chega á columna do equilibrio, e unhas Selkies tentan deter Tritannus. Pero Tritannus deixa inconsciente ás Selkies, e co seu tridente rouba o selo da columna do equilibrio. Icy está con Tritannus, e Darcy e Stormy deciden que actuarán pola súa conta.

En Domino e en Andros todo empeza a tremer, e en Melodía as Trix aparecen e atacan as baleas cantantes. En Alfea, Musa perde o contacto co seu pai e Tecna chama ás outras Winx, informando que todo se destrúe.

Erendor di a Sky que teñen que regresar a Eraklyon, e Oritel di que regresen todos aos seus planetas. No mar, as Winx van co seu iate e logo transfórmanse para baixar ao mar.

No Océano Infinito, as Winx atópanse coas Selkies, e deciden facer unha emboscada. As Winx escóndense, mentres Tritannus e Icy pasan para roubar o último selo. As Winx danse conta que Darcy e Stormy non están.

As Winx aparecen e atacan Tritannus e Icy, e empeza unha loita. Stella é ferida, e as outras Winx atacan Tritannus e cae ao chan. Pero Tritannus logra suxeitar o selo, e lanza o seu tridente e cólleo Layla.

Tritannus logra poder recuperar o tridente, e Layla queda ferida. As Winx rodean Tritannus, pero Darcy e Stormy chegan e revelan que agora teñen baixo o seu control as baleas cantantes de Melodía.

Feitos importantes Editar

  • Todos os reinos, excepto Andros e Domino, non queren unirse. Solaria declara que se unirá, pero soamente se os outros reinos quixeren unirse.
  • Riven comeza a verse con outra rapariga, e Musa comeza a pensar que el está a traizoala.
  • Tritannus rouba o selo da columna do equilibrio.
  • Darcy e Stormy controlan as baleas cantantes de Melodía.

Curiosidades Editar

  • A fada que está con Riven é a mesma fada loura que apareceu no episodio 8 desta temporada (A canción do rubí).
  • Despois de que Tecna, Flora e Musa atacan Icy, os seus corpos enteiros vense nas súas cores (Flora é verde, Musa é rosa, e Tecna é violeta).

Galería Editar

Interferência de bloqueador de anúncios detectada!


A Wikia é um site grátis que ganha dinheiro com publicidade. Nós temos uma experiência modificada para leitores usando bloqueadores de anúncios

A Wikia não é acessível se você fez outras modificações. Remova o bloqueador de anúncios personalizado para que a página carregue como esperado.

En torno á rede de Wikia

Wiki ao chou