FANDOM


A canción do rubí
Tempada 5, episodio 8
Winx112.png
Información do episodio
Número de episodio total 112
Data do trinque (Italia) 25 de outubro do 2012
Data do trinque (EUA) 28 de outubro do 2012
Nomes originais
Nome en italiano La melodía del rubino
Nome en inglés (EUA) Secret of the Ruby Reef
Sucesión de episodios
anterior
As cunchas relucentes
seguinte
A xema da empatía
Lista de episodios

A canción do rubí é o episodio 8 da tempada 5 da serie Winx Club e o episodio 112 en total. Estreouse o 25 de outubro do 2012 en Italia.

Argumento Editar

O episodio empeza no lago de Daphne, onde Bloom explica á súa irmá que poderían perder os seus poderes, e Daphne di que está segura que o conseguirá. En Alfea, hai unha festa entre as escolas de Alfea e Fonte Vermella. Stella pon cores ao cabelo das Winx.

Tecna está na súa habitación a falar con Timmy, e entón aparece o libro do Sirenix reproducindo unha música. Na festa, Bloom está con Sky, e Layla está triste. Stella chama uns mozos para que falen con Layla. E en Andros, Tritannus chama Icy, e di que as Trix teñen que capturar Daphne.

No palacio de Neptuno, Tritannus aparece e transforma os gardas en mutantes. Neptuno decide loitar contra el, e Tressa axudará. Na festa, Layla está a pensar en Nabu, e Roy quere falar con ela, pero Stella trae a Layla uns mozos. Os mozos empezan a bailar para impresionar Layla, pero Layla lanza o seu zume na cara deles e vaise enfadada.

Musa atopa Riven con outra rapariga, e entón vén Tecna coa canción do libro. Musa di que a cantaba a súa nai cando era nena, e Bloom di que o próximo paso está en Melodía. En Andros, Tritannus logra converter o rei Neptuno e Tressa en mutantes.

As Selkies atacan, pero non serve e Tritannus absorbe os poderes da Selkie de Magix e os poderes da espada de Neptuno. En Melodía, Stella pregunta a Layla por que está enfadada. No mar, a Selkie de Melodía evita que Tritannus entre no seu océano, pero Tritannus absorbe os seus poderes e entra en Melodía. A Selkie de Melodía tamén logra entrar.

Tecna informa a Musa que teñen que ir ao Arrecife de Rubí. As Winx transfórmanse, pero aparece Tritannus e transforma Musa nun monstro. Layla e Stella atacan Musa, e entón aparece Lemmy e di que Sonna, a Selkie de Melodía, podería curar a Musa se elas se enlazasen.

Layla e Lemmy atopan Sonna débil, pero Musa está a perseguir Stella. Sonna reúnese coas outras e enlázase con Musa, e logra que Musa volva á normalidade. Entón as Winx entran no Arrecife de Rubí, e Musa pide axuda á súa gardiá Sirenix, e descobre que teñen que atopar algo que produza música.

Musa atopa unha arpa feita de coral, e as tres Winx empezan a tocala. Layla envía o son da arpa, e o libro do Sirenix di que teñen que entender a mensaxe da arpa. Pero Bloom quere axudar Sky coa súa memoria. Mentres tanto, as Trix e Tritannus aparecen na cova de Daphne e secuéstrana. E Bloom sente que algo está a pasar con Daphne.

Feitos importantes Editar

  • Tritannus transforma Neptuno e Tressa en mutantes.
  • Só faltan dez días ata que o ciclo lunar termine.
  • Daphne é capturada.
  • Musa enlázase coa Selkie de Melodía, Sonna.

Curiosidades Editar

Galería Editar

Interferência de bloqueador de anúncios detectada!


A Wikia é um site grátis que ganha dinheiro com publicidade. Nós temos uma experiência modificada para leitores usando bloqueadores de anúncios

A Wikia não é acessível se você fez outras modificações. Remova o bloqueador de anúncios personalizado para que a página carregue como esperado.

En torno á rede de Wikia

Wiki ao chou