FANDOM


A columna da luz
Tempada 5, episodio 15
Winx119.png
Información do episodio
Número de episodio total 119
Data do trinque (Italia) 9 de abril do 2013
Data do trinque (EUA) 24 de febreiro do 2013
Nomes originais
Nome en italiano Il pilastro della luce
Nome en inglés (EUA) The Pillar of Light
Sucesión de episodios
anterior
O trono do emperador
seguinte
A eclipse
Lista de episodios

A columna da luz é o episodio 15 da tempada 5 da serie Winx Club e o episodio 119 en total. Estreouse o 9 de abril do 2013 en Italia.

Argumento Editar

O episodio empeza no Océano Infinito, onde Tritannus está no trono do emperador, pero non funciona. En Alfea, as Winx están no simulador a buscar o Círculo de Coral, concentran os seus poderes e aparece un camiño. Alí aparecen uns monstros, e Stella ten que usar a súa luz do Sirenix. Pero non funciona, e saen do simulador.

Na sala de control do simulador, Faragonda di que o Sirenix é un gran poder, e teñen que usar forza de vontade para dominalo. En Andros, Layla está cos seus pais, e ela di que o rei Neptuno, a raíña Ligea e os seus fillos foron convertidos en mutantes. O pai de Layla, Teredor, dá á súa filla a espada do rei Neptuno, atopada por unhas sereas.

No Océano Infinito, as Trix e Tritannus chegan á columna da luz, e Tritannus di que teñen que atopar tamén as columnas do equilibrio e do control e destruílas, para poder activar o trono do Océano Infinito. As Selkies que controlan a columna da luz son atacadas polas Trix, e Tritannus rouba o selo da columna da luz.

En Alfea, as Winx están a pensar nunha maneira de deter os mutantes sen ferilos. Stella pregunta á súa gardiá do Sirenix, e di que ten que brillar o sol. Pero entón en Magix e nos planetas de Domino, Andros e Eraklyon empeza a aparecer unha eclipse e o sol ocúltase.

Faragonda di ás Winx que as forzas escuras están a afectar todos os mundos. Stella di que debería ir a Solaria, xa que os seus pais poderían morrer se non houber sol. En Solaria, a raíña Luna di ao rei Radius que se está a ocultar o sol, e o rei Radius di que o segundo sol continúa a brillar. Pero o segundo sol tamén está a apagarse.

En Andros, as sereas están en perigo porque a eclipse está a desestabilizar os mares. O rei Teredor di a Layla que se podería debilitar á columna da luz. Stella chega a Solaria, e descobre que o seu pai está enfermo pola falta de luz. As Winx reciben unha chamada de Layla, e di que a eclipse vén do Océano Infinito.

As Winx transfórmanse, e van ao Océano Infinito. As Selkies das Winx din que Tritannus está a atacar a columna da luz, e van con elas. Na columna da luz, as Winx atopan as Trix e Tritannus, e empezan a loitar. Layla non pode atacar Tritannus porque leva o selo da columna da luz.

As Winx e as Selkies atacan as Trix, e Tritannus chama aos mutantes. Layla di a Stella que non ataque os mutantes porque poderían ser a súa familia, pero Stella lembra o que dixo a súa gardiá, e usa a luz do Sirenix e fai que todos os mutantes deixen de atacar. Bloom lanza un ataque a Tritannus, pero Icy ponse no medio e recibe o ataque, quedando ferida. Tritannus queda con moita rabia, e empeza a destruír a columna da luz.

Feitos importantes Editar

  • Tritannus rouba o selo da columna da luz para activar o trono do emperador.
  • A raíña Luna, nai distante de Stella, fai a súa primeira aparición en persoa.
  • Layla agora está equipada coa espada do rei Neptuno.
  • A eclipse afecta non só Solaria, senón tamén outros planetas como Andros, Magix, Domino e Eraklyon.

Curiosidades Editar

  • Cando as Winx se transforman en Sirenix, a súa transformación Sirenix móstrase en 3D, a pesar de que se transformaron en Solaria. Elas, no entanto, teletranspórtanse ao Océano Infinito inmediatamente despois de transformarse, o que podería explicar por que a transformación se mostrou en 3D.
  • Esta é a primeira aparencia física da raíña Luna, nai de Stella.
  • Parece que Magix, o palacio de Domino o palacio de Andros, o palacio de Solaria, e o palacio de Eraklyon están no mesmo fuso horario nos seus planetas.

Galería Editar

Interferência de bloqueador de anúncios detectada!


A Wikia é um site grátis que ganha dinheiro com publicidade. Nós temos uma experiência modificada para leitores usando bloqueadores de anúncios

A Wikia não é acessível se você fez outras modificações. Remova o bloqueador de anúncios personalizado para que a página carregue como esperado.

En torno á rede de Wikia

Wiki ao chou