Wiki Winx Club
Advertisement

A columna da luz é o episodio 15 da tempada 5 da serie Winx Club e o episodio 119 en total. Estreouse o 9 de abril do 2013 en Italia.

Argumento[]

O episodio empeza no Océano Infinito, onde Tritannus está no trono do emperador, pero non funciona. En Alfea, as Winx están no simulador a buscar o Círculo de Coral, concentran os seus poderes e aparece un camiño. Alí aparecen uns monstros, e Stella ten que usar a súa luz do Sirenix. Pero non funciona, e saen do simulador.

Na sala de control do simulador, Faragonda di que o Sirenix é un gran poder, e teñen que usar forza de vontade para dominalo. En Andros, Layla está cos seus pais, e ela di que o rei Neptuno, a raíña Ligea e os seus fillos foron convertidos en mutantes. O pai de Layla, Teredor, dá á súa filla a espada do rei Neptuno, atopada por unhas sereas.

No Océano Infinito, as Trix e Tritannus chegan á columna da luz, e Tritannus di que teñen que atopar tamén as columnas do equilibrio e do control e destruílas, para poder activar o trono do Océano Infinito. As Selkies que controlan a columna da luz son atacadas polas Trix, e Tritannus rouba o selo da columna da luz.

En Alfea, as Winx están a pensar nunha maneira de deter os mutantes sen ferírenos. Stella pregunta á súa gardiá do Sirenix, e di que ten que brillar o sol. Pero entón en Magix e nos planetas de Domino, Andros e Eraklyon empeza a aparecer unha eclipse e o sol ocúltase.

Faragonda di ás Winx que as forzas escuras están a afectar tódolos mundos. Stella di que debería ir a Solaria, xa que os seus pais poderían morrer se non houber sol. En Solaria, a raíña Luna di ao rei Radius que se está a ocultar o sol, e o rei Radius di que o segundo sol continúa a brillar. Pero o segundo sol tamén se está a apagar.

En Andros, as sereas están en perigo porque a eclipse está a desestabilizar os mares. O rei Teredor di a Layla que podería estar debilitada a columna da luz. Stella chega a Solaria, e descobre que o seu pai está enfermo pola falta de luz. As Winx reciben unha chamada de Layla, e di que a eclipse vén do Océano Infinito.

As Winx transfórmanse, e van ao Océano Infinito. As Selkies das Winx din que Tritannus está a atacar a columna da luz, e van con elas. Na columna da luz, as Winx atopan as Trix e Tritannus, e empezan a loitar. Layla non pode atacar Tritannus porque leva o selo da columna da luz.

As Winx e as Selkies atacan as Trix, e Tritannus chama aos mutantes. Layla di a Stella que non ataque os mutantes porque poderían ser a súa familia, pero Stella lembra o que dixo a súa gardiá, e usa a luz do Sirenix e fai que tódolos mutantes deixen de atacar. Bloom lanza un ataque a Tritannus, pero Icy ponse no medio e recibe o ataque, quedando ferida. Tritannus queda con moita rabia, e empeza a destruír a columna da luz.

Feitos importantes[]

  • Tritannus rouba o selo da columna da luz para activar o trono do emperador.
  • A raíña Luna, nai distante de Stella, fai a súa primeira aparición en persoa.
  • Layla agora está equipada coa espada do rei Neptuno.
  • A eclipse afecta non só Solaria, senón tamén outros planetas como Andros, Magix, Domino e Eraklyon.

Curiosidades[]

  • Cando as Winx se transforman en Sirenix, a súa transformación Sirenix móstrase en 3D, a pesar de que se transformaron en Solaria. Elas, no entanto, teletranspórtanse ao Océano Infinito inmediatamente despois de transformarse, o que podería explicar por que se mostrou en 3D.
  • Esta é a primeira aparencia física da raíña Luna, nai de Stella.
  • Parece que Magix, o palacio de Domino o palacio de Andros, o palacio de Solaria, e o palacio de Eraklyon están no mesmo fuso horario nos seus planetas.

Galería[]

Advertisement