FANDOM


A coroa dos soños
Tempada 1, episodio 21
Winx21.png
Información do episodio
Número de episodio total 21
Data do trinque (Italia) 15 de marzo do 2004
Data do trinque (EUA) 6 de novembro do 2004
Nomes originais
Nome en italiano Trappola di ghiaccio
Nome en inglés (EUA) The Crown of Dreams
Sucesión de episodios
anterior
Misión en Domino
seguinte
Tempestade en Torre de Nubes
Lista de episodios

A coroa dos soños é o episodio 21 da tempada 1 da serie Winx Club e o episodio 21 en total. Estreouse o 15 de marzo do 2004 en Italia.

Argumento Editar

O episodio empeza en Domino, onde Bloom caeu por unha greta. Na superficie, as outras Winx deciden ir atopar Bloom, cando atopan o castelo de Domino. Stella cos seus poderes saca a neve. Bloom atopa que onde acabou en realidade é o castelo. Entón vén un terremoto, e as Winx atopan Bloom, que di que baixen.

Tecna axuda Stella aumentando o seu poder. No patio do castelo, as Winx descobren que os corredores subterráneos están intactos. Métense nos corredores, e Bloom empeza a oír unha voz. Entón Daphne aparece e di ás Winx que a sigan.

Ela lévaas á sala do tesouro do castelo. Logo Daphne dá unha coroa a Bloom, e ouve o seu pai explicando o que pasou en Domino, o que pasou con Bloom cando era bebé, e que Daphne morreu salvándoa. Pero logo Daphne di que os seus pais poden estar aínda vivos, e Bloom agora ten a misión de buscalos.

As Winx salguen, e Bloom está decidida a derrotar as Trix e recuperar a Chama do Dragón. Pero o monstro de neve volve, cun exército de criaturas de xeo. Flora, Musa e Tecna transfórmanse, e Stella xa estaba con forma de fada. As catro Winx menos Bloom ponse a atacar ao exército de xeo, e logo volven cara ao castelo.

O monstro grande de neve ataca ás Winx, e elas teñen que entrar no castelo. Pero o exército de xeo tamén entra, e nese momento aparece unha nave cos Especialistas. Eles ponse a loitar e destrúen algúns monstros de xeo. As Winx, mentres tanto, seguen loitando sen saber nada dos Especialistas.

Cando uns monstros van atacar Bloom, os Especialistas entran na sala onde están as Winx e axúdanas. Entón aparece unha man do monstro grande, e as Winx deciden unir as súas forzas. Cos poderes das catro Winx, conseguen que o monstro sexa derrotado e desaparece.

Os Especialistas informan que Fonte Vermella foi destruída e agora están en Alfea. As Winx propoñen regresar a Alfea coa nave. Cando están a regresar, Sky e Bloom están a falar de todo o que lles pasou. Bloom di a Sky que lle chamará soamente Sky, e perdóalle todo o que aconteceu con Diaspro.

Feitos importantes Editar

  • Bloom descobre o seu pasado e sabe que os seus pais poden estar vivos.
  • Bloom e Sky reconcílianse.
  • Stella e Brandon reconcílianse.

Curiosidades Editar

  • As Trix non aparecen neste episodio.

Galería Editar

Interferência de bloqueador de anúncios detectada!


A Wikia é um site grátis que ganha dinheiro com publicidade. Nós temos uma experiência modificada para leitores usando bloqueadores de anúncios

A Wikia não é acessível se você fez outras modificações. Remova o bloqueador de anúncios personalizado para que a página carregue como esperado.

En torno á rede de Wikia

Wiki ao chou