FANDOM


A eclipse
Tempada 5, episodio 16
Winx120.png
Información do episodio
Número de episodio total 120
Data do trinque (Italia) 10 de abril do 2013
Data do trinque (EUA) 3 de marzo do 2013
Nomes originais
Nome en italiano Ľeclissi
Nome en inglés (EUA) The Eclipse
Sucesión de episodios
anterior
A columna da luz
seguinte
O ollo da inspiración das fadas
Lista de episodios

A eclipse é o episodio 16 da tempada 5 da serie Winx Club e o episodio 120 en total. Estreouse o 10 de abril do 2013 en Italia.

Argumento Editar

O episodio comeza en Solaria, onde a raíña Luna está co rei Radius mentres el está doente, e a eclipse continúa. Radius quere facer o seu traballo de rei, pero Luna di que ten que repousar. No Océano Infinito, a columna da luz está a quedar inestable e comeza a entrar en colapso. Mentres elas están a preocuparse con isto, Tritannus escapa co selo da columna e Icy vai con ela, enfraquecida polo ataque de Bloom.

Flora, Musa e Tecna continúan a súa loita contra Darcy e Stormy. Flora derrota as dúas bruxas, entón elas descobren que Tritannus e Icy se foron sen dicirlles nada. Tritannus de novo usa os seus escravos mutantes como escudos para impedir que Layla tente detelo. Layla, axiña, colle a espada de Neptuno e lanza un raio en dous dos mutantes, facendo que volvan á normalidade, revelando que son Nereus e Tressa. Layla queda feliz ao velos de volta á normalidade, axiña, dá a Nereus a espada do rei Neptuno, que promete usala para parar o seu irmán.

Bloom, Stella e Layla reagrúpanse con Flora, Musa, Tecna e os primos de Layla, pero eles teñen problemas maiores. Se a columna da luz caer, toda a dimensión máxica será mergullada na escuridade. Layla tenta curar a columna, pero os seus poderes non son suficientemente fortes. As Winx tentan usar unha converxencia Sirenix, pero mesmo isto non funciona.

As Selkies gardiás din que a luz da columna precisa de ser restabelecida, entón Stella sobe e usa os seus poderes da luz do Sirenix para restaurala. Ela xunta todos os poderes de luz que ela tiña, e consegue restaurar a columna. Stella queda inconsciente, pero esperta rapidamente cando a collen Bloom e Flora. Darcy e Stormy escollen este momento para fuxir. En Solaria, Magix e nos outros planetas, a eclipse terminou e o sol brilla de novo.

En Solaria, as Winx volven ao castelo, pero Stella non quere volver, sentindo que agora a crise acabou, os seus pais volverán á súa rutina habitual. Ela finalmente decide volver soa. No interior, ela atópase Luna e Radius, que felicitan Stella polo seu éxito. Pero por causa dunha cousa simple, Radius e Luna comezan unha discusión.

Luna con rabia deixa o salón, e Radius vai para os seus apousentos con rabia pola súa esposa divorciada, deixando Stella triste. En Alfea, Faragonda ten unha reunión con Griselda, Palladium e WizGiz, dicindo que precisan de intensificar a formación das Winx para dominar os seus poderes Sirenix se quixeren ter algunha esperanza de derrotar Tritannus.

No dormitorio das Winx, Stella está triste porque os seus pais aínda están en contradición, a pesar do que acontecera. Kiko tenta animala, pero acabou facendo máis mal do que ben. Bloom, axiña, recibe unha chamada de Sky, dicindo que se atopará con ela máis tarde, e ela ansiosamente concorda.

Faragonda ten un encontro astral con Oritel, Erendor, Radius e Teredor, que argumentan sobre o seu próximo plano para combater Tritannus. Oritel di que teñen que convocar unha reunión de toda a dimensión máxica no seu castelo en Domino, que todos concordan. En Alfea, as Winx están confusas cando unha bóla de papel aparece na porta da súa habitación. O papel é unha nota de WizGiz para atoparse con elas no lago Rocha Luz.

En Eraklyon, Erendor enfádase porque Sky non está cando el tería que estar a cumprir o seu papel como príncipe, porque en breve será rei. Samara di ao seu marido que non teñen que manter Sky confinado no castelo todo o tempo, e non sabe onde está el. Diaspro, que agora traballa no castelo, ten unha idea de onde está, pero di que ela non ten autoridade para traelo de volta. Entón Erendor fai que Diaspro sexa un paxe del e ordena que busque Sky. Samara di Erendor que cometeu un erro facendo Diaspro un paxe.

As Winx van ao lago Rocha Luz, e quedan horrorizadas ao atopar WizGiz nas garras dun monstro. As Winx transfórmanse, e axiña, descobren que o monstro ten o poder de coller e usar os seus propios feitizos de ataque en volta delas. WizGiz, entón, di que as Winx teñen que combater fogo con fogo, e Tecna ten unha idea sobre isto.

Tecna usa un feitizo que absorbe os feitizos de ataque das Winx, e as outras usan feitizos de defensa para desviar os ataques do monstro cara ao feitizo de Tecna. Unha vez que recada enerxía suficiente, lanzan esta enerxía de volta ao monstro, e o monstro é destruído e lanza WizGiz a distancia. Bloom rapidamente colle WizGiz no ar, axiña, descobren que o monstro era unha proba de WizGiz. El di que realmente foi unha lección de batalla, e pasaron a proba. Bloom lémbrase do seu encontro con Sky e rapidamente volve para Alfea para atender Sky.

En Alfea, Sky reúnese con Bloom e comparten un momento, pero foi arruinado instantaneamente cando un vehículo de Eraklyon descende e sae Diaspro, para gran sorpresa da parella. Ela di que Sky ten que volver ao castelo inmediatamente, pero el desafiadoramente di a Diaspro que non recibe ordes dela. Diaspro mostra o seu selo de conexión como paxe, mostrando que ela está a actuar baixo as ordes de Erendor, e Sky abaixa a cabeza.

Sky pide desculpas a Bloom porque o seu encontro foi arruinado por Diaspro, e de mala gana, volve cara a Eraklyon. Diaspro ironicamente di a Bloom adeus antes de saír, interiormente feliz porque Sky irá con el e deixará Bloom por agora. E Sky e Diaspro deixan Alfea no vehículo voador de Eraklyon.

Feitos importantes Editar

  • Nereus e Tressa son restaurados de volta ás súas formas normais.
  • A columna da luz é estabilizada.
  • Todos os reinos únense para loitar contra Tritannus.
  • O rei Erendor fai Diaspro o seu paxe.

Curiosidades Editar

  • Na tempada 3, Sky dixo que Diaspro foi desterrada de Eraklyon. Pero, estrañamente, ela apareceu en Eraklyon neste episodio, isto posibelmente significa que ela foi perdoada polas súas accións.
  • O rei Erendor dixo que Sky era o próximo na liña para o trono. No entanto, na película Winx Club I: O segredo do reino perdido, el foi coroado rei.
  • Esta é a primeira vez que Nereus e Tressa son vistos en 3D.
  • Agora a columna da luz non precisa do seu selo para reactivala.

Galería Editar

Interferência de bloqueador de anúncios detectada!


A Wikia é um site grátis que ganha dinheiro com publicidade. Nós temos uma experiência modificada para leitores usando bloqueadores de anúncios

A Wikia não é acessível se você fez outras modificações. Remova o bloqueador de anúncios personalizado para que a página carregue como esperado.

En torno á rede de Wikia

Wiki ao chou