Wiki Winx Club
Advertisement

A escola Alfea para fadas é o episodio 3 da tempada 1 da serie Winx Club e o episodio 3 en total. Estreouse o 2 de febreiro do 2004 en Italia.

Argumento[]

O episodio comeza en Alfea, nunha clase do profesor WizGiz. Para facer unha proba, WizGiz transfórmase en Griselda. Despois de volver ao seu aspecto orixinal, di ás alumnas que ao final de curso elas o farán igual, pero por agora pide que fagan cambiar a cor do seu cabelo. Todas parece que fan algo, pero Bloom non pode facelo. Segue tentando na súa habitación, sen éxito. Só consegue estragar o seu peiteado.

Bloom pregunta ás outras por que están en Alfea, e Stella di que quere ser máis famosa e amada e para facer que os seus pais se reconcilien. Flora comeza a dicir que o que quere é aprender, e rapidamente Stella dille que é a resposta dunha alumna que estuda moito. Bloom di que non sabe que está a facer en Alfea. E todas van durmirse.

Ao día seguinte, Bloom e Flora chegan tarde porque Bloom quedou durmida, e Tecna di que teñan coidado con Griselda. Entón Faragonda informa que farán unha festa coas novas alumnas de Alfea e os novos alumnos de Fonte Vermella. Tamén di que se cancelarán as clases para a festa, e que converterán o comedor nunha sala de baile.

En Torre de Nubes, todas as bruxas reúnense e Griffin infórmalles que como que non foron convidadas, a súa misión é estragar a festa, e di que gañe a peor bruxa. As Trix comezan a pensar nun truco. En Alfea, Flora encargarase da decoración e Musa da música. Stella comeza a dicir que no sabe que roupa se porá na festa, pero Bloom non ten nada para porse. Entón Stella decide ir comprar.

Na tenda, Bloom encontra que os vestidos son moi caros, e non pode compralos. Cando as outras fadas están a preparar os seus vestidos, Bloom encontra unhas rebaixas, e cando apenas queda tempo, encontra un vestido. En Torre de Nubes, Griffin di que a peor (mellor) idea para sabotear a festa é a das Trix, e comézana. En Alfea, Bloom quere cortar o vestido, e usa fogo máxico para cortalo. Olla á xanela e ve que os Especialistas chegaron, pero despois descobre que o vestido se incendiou.

Nos subterráneos de Magix, as Trix chegan a Alfea mentres Bloom busca unhas tesoiras. Entón Bloom encontra as tres bruxas e escóndese. Entón descobre que as Trix pretenden roubar o anel de Stella, e saben onde está por un truco de Darcy. Despois enfeitizan os ovos que regalarán os Especialistas ás fadas, para que se convertan en serpentes-rata. Cando acaban, escóndense fóra de Alfea nuns arbustos para ver o desastre.

Na festa, Bloom tropézase con Brandon, pero vaise rápido porque ten que avisar ás outras Winx do ataque das bruxas. Cando se reúnen, Bloom infórmalles de todo, e Flora converte os ovos ao que eran antes. Entón o príncipe Sky aparece e dálle un ovo a Stella, pero Flora úsao para facer unha broma ás Trix. Cando Bloom vai á súa habitación, ve que o cofre de Stella se vai voando en dirección á Trix, e Bloom perségueo. No patio exterior, o cofre cae e o anel segue voando. As outras Winx, mentres tanto, son chamadas por Faragonda.

No exterior de Alfea, as Trix afróntanse a Bloom para coller o anel sexa como for. Cando Bloom está a piques de caer nun precipicio causado polas Trix, Bloom transfórmase por primeira vez. Tras evitar un feitizo de vertixe de Darcy, Icy lanza xeo sobre Bloom para conxelala e escápanse co anel, pero Bloom puido evitar o xeo sen que as Trix se desen conta. Cando aparecen as outras Winx, Bloom infórmalles que o anel de Stella foi roubado. Pero Flora di que non foi así.

Na festa, aparece Bloom co vestido arranxado. Flora dille que fixo un intercambio entre o anel e un dos ovos. Bloom di que quere ver a cara de Icy cando saian bolboretas da casca, pero as outras din que non é iso, senón que será máis divertido. Na habitación das Trix, Icy abre a casca, aparece o ovo e sae un pato bebé, Peppe. Na festa, Brandon pide a Bloom bailar, e ela acepta.

Feitos importantes[]

  • Bloom é transformada por primeira vez na serie.

Curiosidades[]

  • Neste episodio Alfea ten o seu baile tradicional de inauguración do novo curso.
  • Peppe ve Icy como a súa nai.
  • Bloom baila con Brandon (na verdade é o príncipe Sky) e comezan unha relación especial.

Galería[]

Advertisement