FANDOM


A escola voadora
Tempada 6, episodio 3
Winx133.png
Información do episodio
Número de episodio total 133
Data do trinque (Italia) 20 de xaneiro do 2014
Data do trinque (EUA) 3 de novembro do 2013
Nomes originais
Nome en italiano Il collegio volante
Nome en inglés (EUA) The Flying School
Sucesión de episodios
anterior
O Legendarium
seguinte
O poder do Bloomix
Lista de episodios

A escola voadora é o episodio 3 da tempada 6 da serie Winx Club e o episodio 133 en total. Estreouse o 20 de xaneiro do 2014 en Italia.

Argumento Editar

O episodio comeza en Alfea, onde Faragonda chama Roxy para a súa oficina. Ela pídelle a Roxy que determine o que o corvo ferido está a tentar dicir a todos e ela é a única que pode entender mellor os animais. Na habitación das Winx, as Winx están a tentar animar as Pixies, debido á súa tristeza xa que todas as outras Pixies desapareceron durante a última batalla na súa aldea.

Musa usa o seu poder da música e fai unha música pop a través dun altofalante, e entón aumenta o volume da música ata o máximo que fai que as Winx e as Pixies se asusten. Pero Tecna fai un feitizo para facer máis pequeno o altofalante e reducir o volume da música. E entón, Layla usa o seu poder do Morphix e crea equipos de ximnasia con Morphix para que as Pixies estean felices.

Axiña, o móbil de Tecna comeza a soar e Kiko está ansioso para buscalo. É Timmy, que convida as Winx para xuntarse a eles nunha escola de Linphea para a súa formación nunha batalla cos Paladinos. Tecna agradécelle o convite, mentres Flora comeza a animarse porque atopará de novo a súa irmá máis nova, Miele, que acaba de ser inscrita na escola de Linphea.

Antes de ir, Stella está a piques de dar ás Winx algunhas roupas novas cun tema salvaxe, porque Linphea é o reino máxico da natureza. Pero en vez disto, ela fai que as Winx estean a vestir con plantas espesas, ata o cabelo. De súpeto, Griselda chega ao cuarto das Winx e Stella apresuradamente esconde a súa tenda secreta mentres as Winx están disfrazadas como plantas. Cando Griselda se vai sen decatarse de nada, Stella dá as Winx novos vestidos apropiados para a súa ocasión.

As Winx soben nunhas xoaniñas para viaxar à escola de Linphea. Ao chegar, Flora comeza a buscar a súa irmá máis nova, Miele, ao redor da escola. Entón, algúns fadas da escola saúdan as Winx. Stella dálles os seus autógrafos porque a ela lle gusta ser famosa. Mentres Flora busca a súa irmá, as Winx van á arena de batalla para asistir ao adestramento dos Especialistas montando nun vehículo en forma de folla.

As Winx chegan á arena de batalla onde elas atopan os Especialista na formación. Bloom di ás Winx que Sky e Thoren están a adestrar. Todo o mundo olla como Thoren move a súa poderosa arma martelo e crea un terremoto para atinxir Sky, pero el conseguiu superalo coa súa espada láser. Stella grita a Brandon para dicirlle que ela e as súas amigas están alí, pero o adestrador di que ten que concentrarse na formación.

Un paladino, Nex, tenta impresionar as Winx cando é a súa hora de actuar que fai que Layla se irrite, causando que Roy teña celos. Helia vén preguntar onde está Flora, e Tecna responde que ela está con alguén, e Helia sorpréndese. Comeza unha batalla entre Roy e Nex, pero Roy perde e cae, pero felizmente, Layla sálvao da caída co seu Morphix. Tras este incidente, Layla enfádase con Nex, e dille que todo o que el está a facer é mostrar o seu poder.

Mentres tanto, Flora e Miele están a falar. Miele está moi feliz de ver Flora e Flora sorpréndese ao ver que a súa irmá creceu. Axiña, Flora e Miele falan un pouco sobre a vida escolar de Miele. En Alfea, Roxy volve á oficina de Faragonda porque conseguiu facer que o corvo fale usando feitizos de vocalización. O corvo explica todo a Faragonda sobre o que aconteceu. Faragonda e Roxy finalmente descobren que as Trix volveron e o corvo é realmente Griffin.

Mentres Flora está a falar con Miele, elas atopan Torre de Nubes a flutuar no ceo de Linphea. Flora sorpréndese e está a piques de alertar as Winx e os outros. Mentres tanto, en Torre de Nubes, as Trix preguntan a Selina se existen criaturas lendarias para ser convocados en Linphea. Selina entón convoca co seu libro Legentarium uns monstros chamados Treants, dunha lenda de Linphea, para espertarse e atacar a escola.

Flora ordena aos Especialistas e os Paladinos que paren porque algo non vai ben. Os Treants comezan a atacar. Bloom e as Winx transfórmanse na forma Sirenix para parar o caos que está a acontecer e voan até Torre de Nubes. Mentres os Especialistas e os Paladinos axudan as fadas a combater os Treants, en Torre de Nubes, as Winx loitan contra as Trix pero perden a batalla. Bloom entón ve unha burbulla a protexer Selina. Cando elas atacan Selina, ela queda protexida polo Legendarium, e as Winx perden os seus poderes, excepto Bloom.

As Winx son automaticamente teletransportadas fóra de Torre de Nubes e comezan a caer porque non teñen poderes e non poden voar, excepto Bloom. Entón, os Especialistas atopan as Winx en perigo e voan ata elas para collelar no ar. Mentres a batalla contra os Treants continúa en Linphea, os Especialistas levan as Winx volta a Alfea onde Faragonda e Daphne están a esperalas. As Winx explican o que aconteceu mentres Bloom está curiosa por que ela non perdeu os seus poderes, só quedou feble.

Faragonda di ás Winx que o motivo que Bloom non perdeu os seus poderes é que o seu poder é composto da Chama do Dragón e é inextinguible, e é a fonte da dimensión máxica. Bloom entón comparte o seu poder da Chama do Dragón con cada unha das súas amigas. Faragonda, entón, di as Winx que manteñan a Chama do Dragón segura, porque irá florecer nunha nova fonte e transformación. As Winx dan as grazas a Bloom despois de que Faragonda explicou isto ás Winx.

Feitos importantes Editar

  • As Winx son desposuídas dos seus poderes, con excepción de Bloom.

Curiosidades Editar

  • Esta é a segunda vez que as Winx perden os seus poderes, con excepción de Bloom.
  • Vese que agora Roxy ten as súas mechas louras nas costas.
  • Miele é agora máis vella do que era na súa primeira aparición na tempada 3.

Galería Editar

Interferência de bloqueador de anúncios detectada!


A Wikia é um site grátis que ganha dinheiro com publicidade. Nós temos uma experiência modificada para leitores usando bloqueadores de anúncios

A Wikia não é acessível se você fez outras modificações. Remova o bloqueador de anúncios personalizado para que a página carregue como esperado.

En torno á rede de Wikia

Wiki ao chou