FANDOM


A fada e a besta
Tempada 3, episodio 3
Winx55.png
Información do episodio
Número de episodio total 55
Data do trinque (Italia) 2 de febreiro do 2007
Data do trinque (EUA) 16 de novembro do 2011
Nomes originais
Nome en italiano La principessa e la bestia
Nome en inglés (EUA) The Fairy and The Beast
Sucesión de episodios
anterior
A marca de Valtor
seguinte
O espello da verdade
Lista de episodios

A fada e a besta é o episodio 3 da tempada 3 da serie Winx Club e o episodio 55 en total. Estreouse o 2 de febreiro do 2007 en Italia.

Argumento Editar

O episodio empeza co final do episodio anterior. En Solaria, as Winx metéronse nunha torre, e os gardas empezan a subir cun ascensor. Chegan á cima da torre, pero Stella que fora transformada en monstro, cae da torre. Bloom lánzase da torre para salvar Stella.

Bloom logra salvar Stella, pero a choiva fai que volvan caer. As Winx usan a súa maxia para deter a caída, e logran salvala e chegan ao chan. As Winx teñen que saber por que chove en Solaria, e entón vén Brandon. Entón as Winx explican o que pasou aos Especialistas, pero veñen máis gardas.

Os Especialistas loitan contra os gardas, mentres que Stella se esconde. Entón os Especialistas volven á nave, pero as Winx quedan e son perseguidos por gardas e cans. Stella cae, pero resulta que os cans recoñecen Stella. As Winx entran nun bosque de Solaria e logo Stella di que hai un túnel secreto nunha árbore, que o descubriu cando era nena, e marcou a árbore cunha cinta.

Stella atopa a árbore, e métense polo túnel. Pero atopan un sitio estreito, e teñen que cruzar. As Winx logran pasar pola greta, pero Stella non pode. As Winx sácana da greta, e continúa. Pero empezan a caer pedras, e corren. Hai dous túneles, e Stella ten que escoller un porque o outro non estaba. Stella cre que é o da esquerda.

Neste túnel aparecen arañas xigantes, que atrapan ás Winx menos Tecna. Entón Tecna crea hologramas das Winx e salva as verdadeiras. Seguen correndo, e atopan auga. As Winx métense, pero uns vermes deixan inconscientes ás Winx. Stella atopa unha greta e fai que os vermes deixen ás fadas.

As Winx aparecen na fonte do palacio. Bloom pon un abrigo a Stella para escondela dos Especialistas. Valtor está en Andros e di que agora volve ser forte, e pregúntase quen era Bloom.

Entón Valtor chama as Trix, e pregúntalles quen é Bloom. Entón Valtor di que coas Winx poden facer o que quixeren, pero de Bloom encargarase el.

Na nave, Brandon tenta falar con Stella pero ela non quere que a vexan. En Alfea, Bloom di que Concorda atopará un feitizo que reverta a transformación en monstro. Entón Knut ve a Stella como monstro, e namórase dela. Flora fará un feitizo a Brandon para que vexa a beleza interior de Stella.

As Pixies traen libros, e Concorda di que teñen que ir ao Espello da Verdade para romper o feitizo, pero é perigoso. Stella empeza a pensar en Brandon en voz alta, pero Knut está a escoitar e pensa que Stella se refire a el. Stella di cousas sen sentido a Knut, e vaise.

Stella chega cos Especialistas e Brandon ten o feitizo, e resulta que a ve normal. A nave sae cara ao Espello da Verdade, pero no camiño fórmase xeo na nave misteriosamente. Pero non poden facer nada porque saír a fóra é perigoso.

Bloom propón descender rápido para que a fricción quente o casco e derreta o xeo. Cando se ha derretido todo o xeo, soben outra vez. Pero empezan a vir os monstros gardiáns do espello.

Feitos importantes Editar

  • As Winx conseguen saír de Solaria.
  • Flora fai un feitizo en Brandon para que non vexa Stella como monstro.
  • Knut namórase de Stella (monstro).
  • Concorda conta ás Winx que teñen que buscar o espello da verdade.
  • As Winx e os Especialistas son atacados por grifóns.

Curiosidades Editar

  • O título deste episodio baséase no conto de fadas A Bela e a Besta.

Galería Editar

Interferência de bloqueador de anúncios detectada!


A Wikia é um site grátis que ganha dinheiro com publicidade. Nós temos uma experiência modificada para leitores usando bloqueadores de anúncios

A Wikia não é acessível se você fez outras modificações. Remova o bloqueador de anúncios personalizado para que a página carregue como esperado.

En torno á rede de Wikia

Wiki ao chou