FANDOM


A fonte da Chama do Dragón
Tempada 1, episodio 18
Winx18.png
Información do episodio
Número de episodio total 18
Data do trinque (Italia) 8 de marzo do 2004
Data do trinque (EUA) 16 de outubro do 2004
Nomes originais
Nome en italiano Addio Magix!
Nome en inglés (EUA) The Font of Dragon Fire
Sucesión de episodios
anterior
Segredos e máis segredos
seguinte
A caída de Magix
Lista de episodios

A fonte da Chama do Dragón é o episodio 18 da tempada 1 da serie Winx Club e o episodio 18 en total. Estreouse o 8 de marzo do 2004 en Italia.

Argumento Editar

O episodio empeza en Alfea, onde Bloom informa ás demais Winx que despois do que aconteceu en Fonte Vermella, deixará a escola e Magix. As demais tentan convencela de quedar, pero ela di que o pensou ben e irase. Na habitación de Bloom, ela está a recoller as súas cousas e pensando no que pasou con Sky.

Bloom constrúe con maxia unhas ramas paira baixar, e ela e Kiko baixan ata a entrada a Alfea. Salgue pola porta e sóbese nun autobús que a leva á cidade de Magix. Lembra ás súas amigas, e logo pasa por un restaurante e Stormy aparece e ve Bloom, sorprendida. Bloom crea un portal e deixa a dimensión máxica.

Stormy comunícalle a Icy e Darcy o que aconteceu, e Icy di que é a oportunidade que esperaban para roubar a Chama do Dragón. Despois de conxelar Peppe unha vez máis, decide que irán á Terra. En Gardenia, Mike e Vanessa din a Bloom que non lles preocupa o que fixo, e respéctana. Bloom ve cos seus poderes que en realidade están tristes.

Bloom sae á rúa, e atópase con Mitzi nun coche. Ela pregúntalle si foi expulsada, e Bloom di que se foi ela. Pero Mitzi di que á fin e ao cabo fracasou. Bloom, na súa habitación, empeza a lembrar todo o de Magix e todas as súas aventuras que tivo na dimensión máxica.

En Alfea, Faragonda rifa ás outras Winx por non avisala que Bloom se foi. Cando volven á súa habitación, as Winx que quedan enfádanse, e Stella di que a irá buscar. En Gardenia, unha señora pide unhas flores que Vanessa non ten, e Bloom fai maxia paira crear esas flores. Mentres tanto, as Trix están a vixiar o que Bloom fai.

Nunha esquina pola noite, Bloom está a falar con Kiko, e nese momento aparece Mitzi que se burla dela. Entón, lánzalle un feitizo á moto e convértea nun porco. Cando Bloom volve a casa, descobre que as Trix atacaron os seus pais, e tamén está Knut. Están dispostas a roubar os poderes de Bloom.

Knut quere atacar Bloom, pero ela transfórmase en fada. As Trix saen a loitar, e empeza unha batalla no ceo de Gardenia. Bloom case gaña, pero as Trix din que xogarán unha última carta. Bloom dáse conta que atacará os seus pais, e volve rapidamente á súa casa.

Na casa de Bloom, as Trix capturaron os seus pais, e lánzanos nun remoíno. Bloom métese no remoíno para salvalos, e logra sacalos. Entón, as Trix atacan Bloom, e din que as súas antepasadas destruíron Domino, e logo revelan que Daphne é a súa irmá máis vella e enviou Bloom cando era bebé á Terra.

As Trix conxelan Bloom, e chámana Princesa. Logo revelan que ela é a filla dos reis de Domino e a herdeira ao trono, e tamén ela é a única sobrevivente do planeta. Por iso ten todo o poder do Dragón. Daquela as Trix déixana inconsciente e róubanlle os seus poderes conxurando os seus obxectos máxicos. Mentres tanto, Mitzi quéixase que a súa moto agora é un porco.

Despois que as Trix se foron, Bloom esperta, e nese momento aparece Stella. Bloom explica o que pasou coas Trix, e os seus pais din que volva a Alfea para recuperar os seus poderes e gañar ás Trix. Os pais de Bloom din que a apoiarán en todo, e termina o episodio.

Feitos importantes Editar

  • Bloom deixa Alfea porque ela se sente mal.
  • Bloom descobre que ela é a princesa de Domino por Icy.
  • Bloom descobre que a propietaria da Chama do Dragón.
  • Bloom descobre que Daphne é a súa irmá máis vella.
  • Os poderes de Bloom son roubados polas Trix.

Curiosidades Editar

  • Este episodio marca a derrota de Bloom polas Trix, un dos episodios destacados da serie.
  • Peppe só aparece cando é conxelado por Icy, pero despois non aparece máis.
  • É a última vez que Knut ataca Bloom, antes de pasar ao lado das fadas.
  • Non se sabe se Mike e Vanessa ​​refuxiáronse ou fóronse, antes que as Trix atacaron Bloom.

Galería Editar

Interferência de bloqueador de anúncios detectada!


A Wikia é um site grátis que ganha dinheiro com publicidade. Nós temos uma experiência modificada para leitores usando bloqueadores de anúncios

A Wikia não é acessível se você fez outras modificações. Remova o bloqueador de anúncios personalizado para que a página carregue como esperado.

En torno á rede de Wikia

Wiki ao chou