FANDOM


A furia da natureza
Tempada 4, episodio 18
Winx96.png
Información do episodio
Número de episodio total 96
Data do trinque (Italia) 26 de outubro do 2009
Data do trinque (EUA) 1 de xullo do 2012
Nomes originais
Nome en italiano La furia della natura
Nome en inglés (EUA) The Nature Rage
Sucesión de episodios
anterior
A illa encantada
seguinte
No reino de Diana
Lista de episodios

A furia da natureza é o episodio 18 da tempada 4 da serie Winx Club e o episodio 96 en total. Estreouse o 26 de outubro do 2009 en Italia.

Argumento Editar

O episodio empeza na casa das Winx, onde Roxy está triste porque liberou unhas fadas vingativas. Musa chega dicindo que Jason Queen quere contratar as Winx como banda de música. E propóñenlles actuar no bar Frutti Music esta noite.

As Winx chegan cos Especialistas, e Andy quere axudar as Winx co rock. Sky ten celos porque Bloom está con Andy, e Riven pensa en Musa. As Winx empezan o concerto, e entón aparece unha fada da Terra. Ela empeza a botar polen para durmir aos humanos.

A fada preséntase como Diana, e quere que Roxy se xunte á súa vinganza. Diana ata as Winx con raíces, e di que Roxy ou se xuntar á súa vinganza ou sufrirá o mesmo destino que os humanos, e vaise. Os Especialistas aparecen, e Helia di a Flora que use os seus poderes para liberarse, sen éxito.

Nabu usa a súa maxia para liberar ás Winx, e as Winx transfórmanse. Cando as Winx e os Especialistas saen á rúa, descobren que Diana converteu Gardenia nunha selva de plantas carnívoras. As plantas convértense en monstros para atacar as Winx, e Bloom lembra que os seus pais adoptivos poden estar en perigo.

As Winx sepáranse dos Especialistas e usan as ás Zoomix para teletransportarse. Bloom descobre que os seus pais están atados cunha arañeira, e Tecna logra romper a arañeira e Bloom salva aos seus pais. Pero vén un monstro. Mentres tanto, os Especialistas atopan Diana.

Diana loita contra os Especialistas, e deixa inconsciente Sky, Brandon e Riven. Helia di que tamén hai humanos bos, e Nabu e Helia derrotan os monstros de Diana. En casa de Mike e Vanessa, o monstro continúa a atacar as Winx, e Roxy ponse en contacto con el, pero non logra facer nada.

As Winx ouven unha rapariga en apertos, e resulta ser Mitzi. Ela quere que Bloom salve o seu coche, e o monstro aparece. As Winx descobren que o monstro é unha araña transformada, e teletranspórtana fóra da cidade para que volva á normalidade. A araña, no seu tamaño natural, vaise cara ao bosque. Entón as Winx lembran que os Especialistas poderían estar en perigo.

As Winx van ao parque de Gardenia, e Nabu di ás Winx que os Especialistas loitaron contra Diana e ela levounos ao seu reino. As Winx preocúpanse polos seus noivos, sobre todo Musa por Riven. Faragonda informa que Diana está na selva amazónica, e teñen que ir até alí. Pero para iso, Faragonda di que teñen que superar o Believix e atopar os Dons do Destino.

Feitos importantes Editar

Curiosidades Editar

  • Un dos membros do grupo de Mitzi da tempada 2 pode ser visto collido nas viñas de Diana.

Galería Editar

Interferência de bloqueador de anúncios detectada!


A Wikia é um site grátis que ganha dinheiro com publicidade. Nós temos uma experiência modificada para leitores usando bloqueadores de anúncios

A Wikia não é acessível se você fez outras modificações. Remova o bloqueador de anúncios personalizado para que a página carregue como esperado.

En torno á rede de Wikia

Wiki ao chou