FANDOM


A illa dos dragóns
Tempada 3, episodio 15
Winx67.png
Información do episodio
Número de episodio total 67
Data do trinque (Italia) 2 de marzo do 2007
Data do trinque (EUA) 9 de decembro do 2011
Nomes originais
Nome en italiano Ľilla dei draghi
Nome en inglés (EUA) The Island of Dragons
Sucesión de episodios
anterior
Furia!
seguinte
A partir das cinzas
Lista de episodios

A illa dos dragóns é o episodio 15 da tempada 3 da serie Winx Club e o episodio 67 en total. Estreouse o 2 de marzo do 2007 en Italia.

Argumento Editar

O episodio empeza en Alfea, onde Stella di a Flora que non pode durmir. Musa e Layla veñen, e o catro pensan en Bloom. En Pyros, Bloom é atacada por un monstro, e ela lanza outro ataque. Pero veñen máis monstros e Bloom ten que correr. Un monstro lanza a Bloom á auga e Bloom logra atacalo, pero cae nun precipicio.

En Fonte Vermella, Timmy di aos outros Especialistas que sabe onde está Tecna. Os outros cren que non está viva, e Riven e Brandon non queren ir con el. Pero Sky quere axudarlle e irá con Timmy.

En Torre de Nubes, Valtor e as Trix están a falar, e el di que non pode cambiar de forma, e se non puider, non poderá conquistar todo Magix. Darcy di a Valtor que roube a maxia doutro planeta para ser máis forte. Valtor vaise, e as outras Trix teñen celos.

En Pyros, Bloom ten un soño con Daphne, que lle di que ten que atopar o dragón que hai dentro dela. Entón Bloom esperta e atopa un pequeno dragón chamado Buddy. En Fonte Vermella, Timmy está a preparar o localizador de Tecna, e descríbea fisicamente. Sky recomenda que Timmy a describa emocionalmente.

Buddy leva a Bloom á súa casa, pero dálle medo ir só. Nun planeta de tranquilidade, Valtor aparece, ataca os gardas e destrúe a fonte do planeta, e logo rouba a súa maxia. Entón todo o planeta queda en caos.

Sky e Timmy piden ás Winx que axuden a describir Tecna emocionalmente, para transmitilo a unha máquina localizadora que a podería atopar. Timmy empeza a lembrar cousas de Tecna, e logo di que está totalmente namorado dela. Entón na pantalla aparece un sinal.

En Pyros, Buddy insignia a Bloom a ser un dragón. Entón Buddy di a Bloom que ande cara a uns animais. Logo Buddy di a Bloom que coma a comida dun dragón, que consiste en comer vermes. Bloom prefire comer unhas plantas, pero a opción é peor. Bloom faio, e agora ten que saber ruxir como un dragón.

Timmy cre que os seus localizadores atoparán Tecna, pero deben facelo todos xuntos. En Torre de Nubes, Valtor chega coas Trix, e coloca a Icy e Stormy uns traxes solares calmantes, e a Darcy un anel para protexerse da enerxía negativa. Valtor ponse a meditar, para saber como cambiar de forma.

En Pyros, Bloom quere levar a Buddy á súa casa, pero de súpeto atópanse sobre un monstro durmido. Bloom cae, e o monstro esperta. Entón colle Buddy, e Bloom non pode facer nada porque as súas ás están sucias. Ela logra limparse, e saca o seu poder do dragón co que o monstro libera Buddy e volve durmir.

En Fonte Vermella, as Winx cánsanse e queren volver a Alfea, e Timmy di que quedará buscando Tecna. Entón Timmy lembra as súas aventuras con Tecna. Timmy queda durmido, e entón o localizador atopa Tecna e ela transmite unha mensaxe desde a Dimensión Omega, pero ninguén o ouve.

En Pyros, Buddy e Bloom chegan á casa de Buddy, pero alí non hai ninguén. Buddy di que agora con Bloom sente como na súa casa. Entón veñen máis monstros, que se dispoñen a atacar Bloom e Buddy.

Feitos importantes Editar

  • Bloom chega a Pyros.
  • Timmy comeza a buscar Tecna.
  • Bloom encontra Buddy.
  • Bloom encontra o seu dragón interior.

Curiosidades Editar

  • Neste episodio Tecna só aparece nos recordos e óuvese a súa voz.

Galería Editar

Interferência de bloqueador de anúncios detectada!


A Wikia é um site grátis que ganha dinheiro com publicidade. Nós temos uma experiência modificada para leitores usando bloqueadores de anúncios

A Wikia não é acessível se você fez outras modificações. Remova o bloqueador de anúncios personalizado para que a página carregue como esperado.

En torno á rede de Wikia

Wiki ao chou