FANDOM


A invasión dos zombis
Tempada 6, episodio 16
Winx146.png
Información do episodio
Número de episodio total 146
Data do trinque (Italia) 1 de agosto do 2014
Data do trinque (EUA) 17 de maio do 2014
Nomes originais
Nome en italiano Ľinvasione degli zombie
Nome en inglés (EUA) Zombie Invasion
Sucesión de episodios
anterior
O misterio de Calavera
seguinte
A maldición de Fearwood
Lista de episodios

A invasión dos zombis é o episodio 16 da tempada 6 da serie Winx Club e o episodio 146 en total. Estreouse o 1 de agosto do 2014 en Italia.

Argumento Editar

O episodio comeza cunha continuación do episodio anterior, no mundo do Legendarium. Unha loita entre as Winx, as Trix e agora os zombis pirata está a producirse nunha batalla a tres bandos. Aínda que as Winx loitan, Bloom vai procurar a Esmeralda da Fantasía.

Mentres as Winx, as Trix e os zombis están a loitar, Bloom é perseguida por Icy, que despois é parada por Eldora, quen lle advirte a Bloom que o seu límite de tempo dispoñible antes de quedar presas no Legendarium está a esgotarse.

Icy reagrúpase con Darcy e Stormy, e coméntalles sobre o tempo que lles queda no libro, entón elas retíranse. Bloom continúa a buscar desesperadamente a Esmeralda antes de que o seu límite de tempo se esgote. Tras uns momentos de busca, Bloom nota unha grande esmeralda incorporada na proa do barco.

Bloom recóllea, reagrúpase co resto das Winx e vanse do Legendarium, e atópanse de novo no chan da caverna. Eldora aparece para felicitar as raparigas polo traballo ben feito, e dilles que se están alí durante uns segundos máis, converteríanse en personaxes de ficción. Logo todos regresan á illa Calavera.

Na illa, os Especialistas, os Paladinos e Daphne están a pasear polas rúas da illa. Thoren sentíase incómodo por non ser capaz de entrar no Legendarium, e Daphne asegúralle que as Winx poden coidar delas mesmas. Sky e Riven afróntanse nun partido de búmerang. Riven non consegue lanzar o búmerang ben, e acaba nas bebidas dos outros.

Riven di que Sky sabe facer todo ben e el non, enfádase e vaise. E Roy e Nex están a discutir porque os dous están namorados de Layla. Neste punto, as Winx aparecen na praia co seu premio, a Esmeralda da Fantasía, e din que fixeron a misión con éxito. Os mozos e Daphne felicitan as Winx

En Torre de Nubes, as Trix regresan e enfádanse con Selina dicindo que se esqueceu de dicirlle sobre o límite de estar no mundo do Legendarium, pero entenden que ás Winx tamén lles pasará isto do mesmo xeito. As Trix deciden ollar ás Winx co ollo de Griffin, e descobren que as Winx están a gozar cos mozos pola súa vitoria.

Na praia de Calavera, Daphne e Thoren queren cocos e Flora axúdalles. Layla quere cocos tamén, e Roy e Nex tentan conseguir cocos para Layla, pero caen ao chan con todos os cocos, e Layla colle un coco e vaise. En Torre de Nubes, as Trix ordenan a Selina espertar os zombis pirata no mundo real. O barco materialízase na costa de Calavera, e cedo, aparece un equipo grande de zombis pirata. Invaden a illa e aterrorizan a xente do lugar.

Os Especialistas e os Paladinos collen as súas armas, e as Winx transfórmanse en Bloomix e Daphne en Sirenix para loitar contra eles, e para defender a illa e a esmeralda. Na loita, os zombis pirata comezan a perseguir a xente. O capitán dos zombis pirata é destruído, pero veñen moitos zombis máis da tripulación e comezan a atacar as Winx e o seu equipo. A xente de Calavera asústase polos ataques que están a facer os zombis pirata.

Ao decatarse que os piratas estaban superados en número, Bloom usa a súa Chama de Amizade para permitir que a xente de Calavera lles axude a derrotar os piratas e finalmente envían os zombis pirata de regreso para onde viñeron. As Winx e os Especialistas celebran o seu triunfo, mentres en Torre de Nubes, as Trix e Selina ollan as Winx e o seu equipo, e din que as esperarán na súa próxima misión.

Feitos importantes Editar

  • As Winx conseguen a Esmeralda da Fantasía.

Curiosidades Editar

  • Neste episodio ao contrario de usar o Mythix para loitar contra os piratas zombis na illa, as Winx usan o Bloomix o que confirma que a única versión do Mythix que existirá será en 3D, o que tamén confirma que despois de pechar o Legendarium as Winx non usarán máis o Mythix pero si o Bloomix.
  • Este episodio foi ao ar nos EUA como parte da maratón de maxia online.
  • Esta é a terceira vez que aparece un tipo de Morto-Vivo. Os primeiros son as momias e os segundos son os vampiros.

Galería Editar

Interferência de bloqueador de anúncios detectada!


A Wikia é um site grátis que ganha dinheiro com publicidade. Nós temos uma experiência modificada para leitores usando bloqueadores de anúncios

A Wikia não é acessível se você fez outras modificações. Remova o bloqueador de anúncios personalizado para que a página carregue como esperado.

En torno á rede de Wikia

Wiki ao chou