FANDOM


A maldición de Fearwood
Tempada 6, episodio 17
Winx147.png
Información do episodio
Número de episodio total 147
Data do trinque (Italia) 1 de agosto do 2014
Data do trinque (EUA) 19 de xaneiro do 2015
Nomes originais
Nome en italiano La maledizione di Fearwood
Nome en inglés (EUA) The Curse of Fearworld
Sucesión de episodios
anterior
A invasión dos zombis
seguinte
O tótem máxico
Lista de episodios

A maldición de Fearwood é o episodio 17 da tempada 6 da serie Winx Club e o episodio 147 en total. Estreouse o 1 de agosto do 2014 en Italia.

Argumento Editar

O episodio comeza no invernadoiro de Alfea onde Flora e Helia están a dar un paseo no local, xa que todo o invernadoiro está a mellorarse, e Flora pide a Helia que poña unhas pocións ás plantas mentres ela ensinará a algunhas fadas o invernadoiro.

Helia tenta controlar a planta máxica que Flora recolleu da Terra nun episodio anterior, pero inquiétase e a planta atrápao, Flora para a planta porque se descontrolou, e entón Helia vaise porque pensa que decepcionou Flora. Antes de irse, el ve Musa e vaise, e Musa non sabe que pasa.

No patio Flora está a falar con Musa, cando aparecen os Especialistas e Paladinos quen din ás Winx que Faragonda os citou para outra misión sobre o peche do Legendarium. Musa fala con Riven e di que sempre está a adestrar en Fonte Vermella pero este ignora a súa noiva, mentres Flora tamén lle menciona que discutiu con Helia e que lle fixo sentirse triste.

Nas clases de historia máxica, as Winx utilizan as súas variñas para atopar outro lugar e atópanse cun tótem de prata máxico, dicindo que o seguinte obxecto é a lanza de prata e atópase no bosque de Fearwood, no Canadá. Tamén descobren que o tótem de prata é unha arma utilizada para repeler uns lobishomes que están no local a asustar á xente.

En Torre de Nubes, as Trix están a ouvir todo e din que esta vez farán algo para parar as Winx sexa como for, e mentres elas están a falar, Selina murmura que se as raparigas conseguiren o seu obxectivo de selar o Legendarium ela non poderá liberar a Acheron.

Mentres tanto en Fearwood, as Winx e os Especialistas chegan, e Eldora aparece para dicirlles onde se atopa o tótem, aínda que tamén están a falar sobre outro problema, os lobishomes que están a asustar a xente. Ambos grupos deciden separarse para atopar pistas.

Nas rúas moita xente escóndese nas súas casas e ninguén lles presta axuda, aínda que un home di que o local estaba a sufrir unha maldición sobre os lobishomes. Pola súa banda os Especialistas buscan máis pistas, e Riven failles unha broma e asústaos, o que termina en discusión con Helia.

Máis tarde, Icy ordénalle a Selina que libere aos lobishomes para atacar as Winx e os Especialistas. Repentinamente algúns saen e os grupos loitan contra eles, e as Winx transfórmanse para poder atacar os lobishomes xunto dos Especialistas, pero descobren que todos eles son persoas mutadas non os teñen que destruír, de modo que utilizan gaiolas para encerrar algúns.

É entón onde Helia e Flora se reconcilian dicindo que el é bo cos lobishomes en vez de regar flores. As Trix ven toda a batalla, mentres Icy dille a Selina que tamén quere ser unha personaxe de ficción e entón ela acepta.

No bosque a batalla aínda está en curso, pero de sorpresa aparece Icy, conxela Helia e lévao ao mundo do Legendarium. Flora é obrigada a transformarse en Mythix para salvala nas garras da raíña da neve, resultando ser Icy, e vai cara ao Legendarium soa.

No mundo do Legendarium, Flora descobre que Icy fixo un trenó porque agora é a raíña da neve, e sobe na zorra xunto con Helia e vanse. Flora comeza a voar para seguir Icy e Helia, e di que ela nunca o deixará só, e fará todo o que puider para facer que o seu noivo volva á normalidade.

Feitos importantes Editar

  • Icy conxela Helia e lévao ao mundo do Legendarium.

Curiosidades Editar

  • Flora é a única Winx que se transformou en Mythix.
  • Cando as Winx se transforman para afrontar os lobishomes, Bloom grita “Sirenix”, cando na verdade se transformará en Bloomix.
  • Esta é a primeira vez que o Legendarium dá poder a unha das Trix, transformando Icy na Raíña do Xeo.

Galería Editar

Interferência de bloqueador de anúncios detectada!


A Wikia é um site grátis que ganha dinheiro com publicidade. Nós temos uma experiência modificada para leitores usando bloqueadores de anúncios

A Wikia não é acessível se você fez outras modificações. Remova o bloqueador de anúncios personalizado para que a página carregue como esperado.

En torno á rede de Wikia

Wiki ao chou