Wiki Winx Club
Advertisement

A marca de Valtor é o episodio 2 da tempada 3 da serie Winx Club e o episodio 54 en total. Estreouse o 31 de xaneiro do 2007 en Italia.

Argumento

O episodio empeza no portal de Andros, onde unhas rapazas están a afogarse no mar, ata que vén Layla e sálvaas. Vén un vehículo, e lévase as rapazas. Mentres tanto, unhas sereas transformadas queren atacar outras sen transformar, e logo vén Valtor e transforma as outras. As Trix din que axudarán Valtor.

Valtor di que ten que ir a Solaria porque a enerxía do sol do planeta fará máis forte a súa maxia. Bloom e as outras Winx están a facer bromas, e logo Stella leva Bloom ao seu planeta, Solaria. Alí atópase co seu pai, o rei Radius. Pero alguén os observa.

Stella e Bloom están a dar unha volta polo castelo, e Stella leva a Bloom a unha sala que hai representado en maquetas todo o Universo. Entón Bloom pensa que non renunciará a atopar aos seus pais. Máis tarde, Valtor chega e cóase no castelo. Valtor observa Quimera, que está a observar Stella.

A nai de Quimera di a Quimera que tamén detesta Stella, e Quimera sería a mellor princesa de Solaria. Ela é a Condesa Cassandra, e preséntase a Stella coa súa filla. Cando Stella ve Quimera, ela enfádase e empezan a pelexar. Quimera di que lle estragará a festa.

Ao día seguinte, Stella esperta a Bloom e di que é o día do seu baile. Máis tarde, Quimera lanza un feitizo sobre Stella pero ela pon un espello e o feitizo vólvese contra Quimera. Ela vai coa súa nai, e entón aparece Valtor. Primeiro el arranxa Quimera, e di que elas dúas dominarán todo o que quixeren en Solaria a cambio dun raio de sol. Elas aceptan.

Bloom atópase con Cassandra, Quimera e Valtor, pero sente algo estraño ao ver Valtor. Cassandra di aos gardas que se vaian, e Valtor absorbe a maxia do sol de Solaria e volve ter os poderes completos. Entón Valtor pon a súa marca en Cassandra e Quimera, e vaise.

Os Especialistas e as outras Winx chegan con Bloom e Stella, e informan que Layla tivo que irse. No baile, o rei Radius sae con Stella, e di que ten unha sorpresa para a súa filla. Pero a sorpresa é que el casará con Casandra e Quimera será a outra princesa e medio irmá de Stella. Entón Stella queda triste.

Stella di ás Winx que é o peor que podería facer o seu pai, e gustaríalle que el volvese coa súa nai. Brandon dá un agasallo para Stella, pero Stella está demasiado triste. O baile empeza, e entón Quimera convoca o poder de Valtor e lanza un feitizo sobre Stella que a converte nunha ra con forma humanoide.

Cassandra pon en transo ao rei Radius e di que ela non é a súa filla, e que el obedecerá todas as súas ordes. Entón o rei Radius di aos gardas que a leven aos alxubes, e entón as Winx ponse a defender Stella. De súpeto empeza a chover en Solaria, aínda que nunca chovera neste planeta.

Quimera di que atrapen os amigos de Stella por ser cómplices, e as Winx transfórmanse. Todos empezan a loitar, pero Bloom di aos Especialistas que volvan á nave. As Winx reúnense con Stella, e todas corren cara á torre. Pero os gardas din que alí quedaron atrapadas, e os gardas empezan a subir cun ascensor.

Os Especialistas volven á nave, e os gardas seguen ás Winx. Entón as Winx chegan á cima da torre, pero Stella cae da torre. As Winx lánzanse da torre para salvar Stella.

Feitos importantes

  • Bloom, Musa, Tecna e Flora coñecen o rei Radius.
  • Valtor continúa a súa misión en Andros.
  • Valtor aparece en Solaria.
  • Valtor pon a súa marca en Cassandra e Quimera.
  • O rei Radius anuncia a súa voda coa condesa Cassandra.
  • Quimera transforma Stella nun monstro.
  • Valtor e Bloom atópanse por primeira vez.
  • Cassandra enfeitiza o rei Radius.

Curiosidades

  • Valtor ten unha sensación estraña cando ve Bloom. Descóbrese por que máis adiante na tempada.

Galería

Advertisement