FANDOM


A mutación de Tritannus
Tempada 5, episodio 2
Winx106.png
Información do episodio
Número de episodio total 106
Data do trinque (Italia) 17 de outubro do 2012
Data do trinque (EUA) 9 de setembro do 2012
Nomes originais
Nome en italiano Ľascesa di Tritannus
Nome en inglés (EUA) The Rise of Tritannus
Sucesión de episodios
anterior
A vertedura
seguinte
Regreso a Alfea
Lista de episodios

A mutación de Tritannus é o episodio 2 da tempada 5 da serie Winx Club e o episodio 106 en total. Estreouse o 17 de outubro do 2012 en Italia.

Argumento Editar

O episodio comeza na Terra, onde as Winx están a facer un concerto. Cando terminan, Bloom di que elas fixeron este concerto para recadar fondos para axudar a limpar a vertedura de petróleo. Axiña, fan outro concerto.

Máis tarde, Layla recibe unha chamada de Tressa e ela explica o que aconteceu coa coroación. Unha Selkie, Philla, pensa que a vertedura de petróleo na Terra está a ir cara a Andros. Lemmy, outra Selike, xúntase aos poderes de Philla para parar o petróleo, sen éxito.

O petróleo está a ir á prisión de Andros. E na prisión, as Trix están a falar con Tritannus do que aconteceu na coroación. Axiña, o petróleo chega á prisión e Tritannus absórbeo.

As Winx din ás persoas que axuden a limpar a praia. Bloom observa que Sky está triste. Sky explica Brandon que perdeu o colgante de Eraklyon, e non falou disto con Bloom. Na prisión de Andros, Tritannus convértese nun monstro e foxe da prisión co seu tridente.

Tritannus libera as Trix, e despois co seu tridente transforma os gardas en monstros. As Selkies tentan alertar sobre a situación, e Tritannus rouba os seus poderes que lle permitirán abrir as portas, e as Selkies quedan febles.

Tritannus devolve ás Trix os seus poderes, pero volve á súa aparencia normal. As Trix dicir que teñen que ir á Terra para atopar máis petróleo. Na Terra, uns homes queren lanzar petróleo no mar. As Trix veñen, e hipnotizan os homes para que lancen barrís de petróleo ao mar.

Tritannus absorbe o petróleo e, de novo, convértese nun monstro. As Trix descobren que as Winx están alí, e elas pararanas. Na praia de Gardenia, as Winx son atacadas polos mutantes. As Winx son transformadas, e comezan unha loita contra os mutantes.

As Winx atopan as Trix e tres Winx perseguirán os monstros mentres as outras tres quedan para loitar contra as Trix. Na auga, as Winx atopan Tritannus, e loitan contra el, pero Tritannus é máis forte. Mentres tanto, Icy loita contra as tres Winx.

Layla descobre que o monstro é o seu primo, e, axiña, Icy pide a axuda de Tritannus. Tritannus ataca as Winx, e, axiña, escapa a través dun portal no mar. O portal féchase, e as Winx non poden pasar. As Winx están preocupadas porque Tritannus é unha gran ameaza e teñen que volver a Alfea e falar con Faragonda.

Feitos importantes Editar

  • As Winx realizan un concerto benéfico para limpar a vertedura de petróleo.
  • Tritannus absorbe a vertedura de petróleo e convértese nun monstro.
  • Tritannus ten as Trix como aliadas e planea gobernar a dimensión máxica.
  • Icy e Tritannus namóranse.
  • Cos seus novos poderes, Tritannus transforma os gardiáns da prisión de Andros nunha nova raza de monstros mutantes.
  • Tritannus rouba os poderes das Selkies. El roubou os poderes de dúas Selkies para abrir o portal cara á Terra coas Trix, para que el poida absorber máis residuos tóxicos da vertedura de petróleo.
  • Tritannus restaura os poderes das Trix.

Curiosidades Editar

  • Os novos poderes de mutación de Tritannus son limitados. Cando el usar todo o lixo tóxico, volverá á súa aparencia orixinal e recuperará a súa forma.
  • Considerando a forma como as Trix reaccionan á maxia na Terra e como as Winx reaccionan a elas, parece que as Trix estiveron nunha prisión dende o fin da tempada 3.
  • As Trix son fortemente superadas polas Winx en combate. Darcy e Stormy foron derrotadas por Musa, Bloom e Stella.
  • Roxy non ten as súas mechas louras no seu cabelo. Non se sabe si esta é a súa nova aparencia ou só é un erro durante a produción.
  • Esta é a terceira vez que as Trix se xuntan cun inimigo principal.

Galería Editar

Interferência de bloqueador de anúncios detectada!


A Wikia é um site grátis que ganha dinheiro com publicidade. Nós temos uma experiência modificada para leitores usando bloqueadores de anúncios

A Wikia não é acessível se você fez outras modificações. Remova o bloqueador de anúncios personalizado para que a página carregue como esperado.

En torno á rede de Wikia

Wiki ao chou