FANDOM


A pedra misteriosa
Tempada 2, episodio 7
Winx33.png
Información do episodio
Número de episodio total 33
Data do trinque (Italia) 10 de maio do 2005
Data do trinque (EUA) 22 de outubro do 2005
Nomes originais
Nome en italiano La pietra misteriosa
Nome en inglés (EUA) The Mysterious Stone
Sucesión de episodios
anterior
A voda de Brandon
seguinte
Desfai-praceres
Lista de episodios

A pedra misteriosa é o episodio 7 da tempada 2 da serie Winx Club e o episodio 33 en total. Estreouse o 10 de maio do 2005 en Italia.

Argumento Editar

O episodio empeza en Alfea, onde as Pixies están a facer unha obra de monicreques. Logo explican que pasou unha historia, que empezou unha noite cunha tempestade, e que unha pedra apareceu da nada.

Bloom, Stella e Layla volveron da súa misión e atópanse con Flora, Musa e Tecna. Unha Pixie chamada Digit enlázase con Tecna, e xa se coñeceron nun Chat sen saber que Digit era unha Pixie. Outra Pixie chamada Tune enlázase con Musa, e unha Pixie chamada Chatta enlázase con Flora. Bloom fai entrar ás Pixies ao edificio.

Faragonda chama ás Winx e informa que o seu inimigo é moito máis forte do que pensaban. Logo explica que en realidade, o Fénix foi quen mandou ás tres antigas bruxas que destruísen Domino, e chámase Lord Darkar. Logo explica que el quere posuír todo o poder do Universo, e que as Pixies teñen algo de moito valor para el na aldea.

Tecna sospeita que Faragonda oculta algo. Layla quere volver con Piff á aldea das Pixies, pero Faragonda non a deixa volver porque Lord Darkar espía os seus movementos e volver á aldea sería enviar ao Fénix un mapa. Por iso convida a Layla a estudar en Alfea.

As Pixies están na habitación das Winx. Bloom está a xogar con Lockette e deixa de lado a Kiko, e o coello séntese triste. Pola noite, un home cuberto por unha capa chega a Alfea, e uns animais danse conta da súa chegada.

As Winx preocúpanse porque Faragonda non dixo que quere Lord Darkar das Pixies, e empezan a mencionar o que por agora saben. Entón Faragonda chama á Pixie mensaxeira para que as Winx vaian con ela ao lago de Magix.

As Winx cóbrense cunha capa e van cara ao lago. Alí, Faragonda informa que apareceu unha pedra da nada. Tecna non pode escaneala, e Faragonda di ás Winx que usen os seus poderes para destruír esta pedra como sexa.

Ao día seguinte, as Winx transfórmanse e cada unha usa os seus poderes para destruír a pedra, pero non poden. Entón o home con capa aparece e ri maliciosamente. As Winx vólvense á súa habitación, e Bloom queda tentando destruír a pedra.

En Fonte Vermella, que está esnaquizada por un ataque de as Trix, Sky tenta chamar a Bloom e non responde o seu teléfono, porque está a tentar destruír a pedra. Ao final cae inconsciente ao chan.

Faragonda chama ás Pixies e dilles algo, e logo di que ten que ser un segredo. Na habitación das Winx, resulta que se produce un apagamento. Daquela alguén chama á porta, e resulta ser o home con capa que trae a Bloom inconsciente.

Faragonda revela que o home con capa é o ser con ás que salvo a Bloom, Stella e Layla das Trix. El revélase como profesor Avalon. Entón Avalon destrúe a pedra moi facilmente cun feitizo que teñen que dicir unhas palabras antes. Logo Faragonda di que ela mesma creou a pedra.

Lockette ponse triste porque Bloom só fai caso a Avalon, e Kiko vén. Pero o coello sácalle a lingua e vaise. Bloom pensa que Avalon pode axudala coa súa procura dos seus pais biolóxicos. Flora enfádase porque ela e Bloom tiñan que saír. Sky está celoso por Bloom con Avalon, e Brandon di que non terían que espiar Bloom. Pero Sky di que o verá todo desde unha árbore.

Na festa, Avalon informa que el examinou todos os seus intentos de destruír a pedra. Mentres tanto, Sky e Brandon están a espiar Bloom e Avalon desde unha árbore, pero uns castores tiran á árbore ao chan. As Pixies terminan de explicar a historia, e logo sae Kiko con debuxos das Pixies, os Especialistas e as Winx, e Kiko tíraos ao chan.

Feitos importantes Editar

  • Tecna lígase con Digit.
  • Musa lígase con Tune.
  • Flora lígase con Chatta.
  • O ser con ás revela que el é un novo profesor chamado Avalon.

Curiosidades Editar

  • Este episodio foi narrado por Livy, na forma dun teatro de monicreques feito para Kiko e outros animais Pixies. Comicamente, Livy revela no final que ela estaba a falar principalmente sobre os castores.
  • É revelado por Faragonda que a destrución do Domino foi debido a Lord Darkar que xurdiu a partir do baleiro e foi quen orixinalmente enviou as bruxas ancestrais para buscar a Chama do Dragón de alí, e que despois de que as bruxas foran derrotadas polos tres directores das escolas, o Señor dos Templarios de Rocha Luz loitou contra Darkar e lanzou ao Fénix nun sono profundo de 16 anos.
  • Kiko fixo varias bonecas de papel das Winx, os especialistas, as Pixies, e os animais Pixie, axiña, usounas como pezas de dominó no final. A boneca de Bloom chisca o ollo para a cámara antes do final do episodio.

Galería Editar

Interferência de bloqueador de anúncios detectada!


A Wikia é um site grátis que ganha dinheiro com publicidade. Nós temos uma experiência modificada para leitores usando bloqueadores de anúncios

A Wikia não é acessível se você fez outras modificações. Remova o bloqueador de anúncios personalizado para que a página carregue como esperado.

En torno á rede de Wikia

Wiki ao chou