FANDOM


A primeira cor do universo
Tempada 7, episodio 4
Winx160.png
Información do episodio
Número de episodio total 160
Data do trinque (Italia) 22 de setembro do 2015
Data do trinque (EUA) 17 de xaneiro do 2016
Nomes originais
Nome en italiano Il primo colora delľuniverso
Nome en inglés (EUA) The First Color of the Universe
Sucesión de episodios
anterior
Butterflix
seguinte
Un amigo no pasado
Lista de episodios

A primeira cor do universo é o episodio 4 da tempada 7 da serie Winx Club e o episodio 160 en total. Estreouse o 22 de setembro do 2015 en Italia.

Argumento Editar

O episodio comeza no mesmo punto onde Kalshara transformada en león tenta falar coa toupa preguntando como ten que obter o poder supremo dos animais, e aínda que Brafilius usa feitizos para falar, non serven.

En Alfea, as toupas revelan o segredo do poder supremo sendo o animal coa primeira cor do universo. As Winx e Faragonda ven o lado bo sobre esta información. Stella entón recompénsaos con uvas pero as toupas fan desastres, mesmo case lanzan unha figura dunha toupa de cristal que para Bloom resulta estraño sobre o rescate das toupas e pensa que cambiaron o tempo. Faragonda quítalles as uvas e lembra a Stella a inauguración do Parque Natural de Alfea.

No parque, as Winx atopan os especialistas, excepto Musa que está a lembrar o momento que acabara a súa relación con Riven anteriormente. Despois as Winx dan a súa inauguración xunto con varios animais máxicos, dando unha exhibición máxica.

Máis tarde, as Winx falan cos especialistas sobre o seu plano para conseguir un animal coa primeira cor do universo. Os cinco aceptan, aínda que non todo é bo xa que Brafilius está a escoitar todo e por un encargo de Kalshara vai coa toupa, que tras dúas tentativas que fallou a escapar, conseguiu facelo. Brafilius ségueo antes que lles explique todo.

Mentres tanto, Musa e as Winx observan unha fonte máxica que algúns animais están a facer unha melodía, mentres Roxy explica que resulta ser unha tartaruga que equilibra o local e non a teñen que espertar xa que se incomodaría. De súpeto atopan a toupa do primeiro episodio e cun feitizo explícalles que Brafilius a está a perseguir.

Bloom di que teñen que parar Brafilius pero Roxy non quere e vaise coa toupa, de modo que ela comenta que a terán que convencer do perigo. Brafilius está a observar todo e descobre o poder de Roxy. Mentres tanto, Helia tenta espertar a tartaruga para facer que fale, pero Flora intervén e di que non é boa idea.

Brafilius convoca o poder do diamante escuro para saber o obxectivo, pero isto fai que esperte a tartaruga e lanza proxectís azuis aos heroes, e sobre todo os animais máxicos. Brandon e Nex collen as súas armas, no entanto as Winx din que non a teñen que atacar. Os especialistas axudan os animais máxicos, e as Winx transfórmanse. Tras varios ataques, descobren o que Roxy comenta da tartaruga sobre como se pode calmar. Bloom utiliza un feitizo que recobra os sentidos aos animais máxicos e fan calmar á tartaruga con éxito.

Máis adiante, Roxy fala con dous animais prehistóricos preguntando quen é o animal máis antigo, pero ambos pelexan e tropézanse con outro animal. Este di que el é máis vello, no entanto non o parece ser. Roxy entón vai coas Winx, pero Brafilius aparece e rouba outra vez a toupa levándose consigo a súa Pedra das Lembranzas. As Winx obsérvano e con preocupación din que agora el terá acceso para viaxar no tempo.

Feitos importantes Editar

  • O parque natural de Alfea ten a súa inauguración oficial.
  • A toupa é liberada e conta ás Winx que Brafilius a está a perseguir.
  • Brafilius rouba a toupa de novo xunto coa Pedra das Lembranzas de Roxy.

Curiosidades Editar

  • Riven aparece neste episodio, pero só nun recordo de Musa.

Galería Editar

Interferência de bloqueador de anúncios detectada!


A Wikia é um site grátis que ganha dinheiro com publicidade. Nós temos uma experiência modificada para leitores usando bloqueadores de anúncios

A Wikia não é acessível se você fez outras modificações. Remova o bloqueador de anúncios personalizado para que a página carregue como esperado.

En torno á rede de Wikia

Wiki ao chou