FANDOM


A revelación das bruxas
Tempada 3, episodio 24
Winx76.png
Información do episodio
Número de episodio total 76
Data do trinque (Italia) 23 de marzo do 2007
Data do trinque (EUA) 22 de decembro do 2011
Nomes originais
Nome en italiano La rivelazione delle streghe
Nome en inglés (EUA) Witches’ Revelation
Sucesión de episodios
anterior
O desafío aos feiticeiros
seguinte
A rabia do feiticeiro
Lista de episodios

A revelación das bruxas é o episodio 24 da tempada 3 da serie Winx Club e o episodio 76 en total. Estreouse o 23 de marzo do 2007 en Italia.

Argumento Editar

O episodio empeza en Alfea, onde Bloom está a camiñar pola escola pensando no que Valtor lle dixo que os seus pais están dentro del. Na escola, Bloom empeza a ver a marca de Valtor polo chan, e imaxínase que as Winx son amigas de Valtor.

Bloom sobe por unha escaleira, e alí Faragonda di que non sabe se Valtor di a verdade. Entón ve uns cadros de Valtor e os seus pais a romperse no chan e logo todo de imaxes de xente próxima a Bloom, cando esperta. Todo foi un soño.

Flora fala con Bloom, e entón veñen as outras Winx. Elas consólana, e entón Bloom pensa que non só Valtor sabe onde están os seus pais, tamén o poden saber as Tres Bruxas Ancestrais. Stella di que as bruxas ancestrais desapareceron, pero Bloom quere invocalas cun esconxuro aínda que haxa perigo.

Ao día seguinte, as Winx van á biblioteca, e logo aparecen nunha sala de feitizos. Faragonda di que seica non quererán responder á chamada dunha fada, pero téntano e fan un círculo. Faragonda empeza a invocalas, e Bloom queda soa. Resulta ser outro pesadelo, pero Bloom ten o presentimento que Torre de Nubes non foi destruída de verdade.

As Winx van ás ruínas de Torre de Nubes, e pensan que a escola aínda está alí. Bloom decide destruír o feitizo, e teñen que inspeccionar o lugar. Tecna suxire que só está oculto, e as Winx transfórmanse. Entón invocan a enerxía das estrelas de auga, e o castelo de Torre de Nubes é revelado e está intacto.

Flora decide probar o po de fada, e fanse unhas gretas onde se ve claramente que o castelo só foi ocultado. As Winx fanse pequenas para pasar polas gretas, pero Bloom non pode pasar porque os seus poderes Enchantix están incompletos. As Winx pasan, e entran en Torre de Nubes. As Winx usan po de fada, e a escola faise visible.

As Winx volven con Bloom, mentres que Valtor e as Trix observan todo. Entón Valtor di ás Trix que teñen a misión de destruír ás Winx, e por iso Valtor coloca un novo poder ás Trix chamado Desenchantix, que aumentará os seus poderes. Icy di que Valtor podería ter medo de Bloom, e Valtor di que Icy se arrepentirá de dicir isto.

En Torre de Nubes, as Winx van ata a cripta, pero aparecen as Trix. Darcy pon sobre Stella unha ilusión de lume, e sepárase. As Winx fan unha converxencia e paralízanas, e logo van buscar Stella. Bloom sepárase, e atopa unha porta.

Bloom baixa ao Corazón Negro de Torre de Nubes, e atópase coas Tres Bruxas Ancestrais. Elas din a Bloom que non é certo o que dixo Valtor, en realidade os seus pais están vivos nun lugar afastado. Bloom quere saber máis, pero as bruxas vanse.

As Winx e as Trix loitan, aínda que as Trix teñen novos poderes. Bloom chega, e as Winx xuntas rodean ás Trix e fan unha converxencia con pos de fada, e entón as Trix foxen e din que a loita non acabou e vingaranse.

En Alfea, Griffin agradece ás Winx porque revelaron que a súa escola non foi destruída, e Bloom di que Valtor a enganara, pero el non é tan forte como facía ver, e derrotarano.

Feitos importantes Editar

  • Valtor dá o poder Desenchantix ás Trix.
  • Bloom descobre que Valtor mentiu sobre os seus pais.
  • As Winx rompen o feitizo en Torre de Nubes.
  • Bloom non ten máis medo de Valtor.

Curiosidades Editar

  • Cando as Winx están a transformarse, Layla aparece cega, este erro ocorre repetidamente.

Galería Editar

Interferência de bloqueador de anúncios detectada!


A Wikia é um site grátis que ganha dinheiro com publicidade. Nós temos uma experiência modificada para leitores usando bloqueadores de anúncios

A Wikia não é acessível se você fez outras modificações. Remova o bloqueador de anúncios personalizado para que a página carregue como esperado.

En torno á rede de Wikia

Wiki ao chou