FANDOM


A unión máxica
Tempada 2, episodio 5
Winx31.png
Información do episodio
Número de episodio total 31
Data do trinque (Italia) 3 de maio do 2005
Data do trinque (EUA) 8 de outubro do 2005
Nomes originais
Nome en italiano Magico Bonding
Nome en inglés (EUA) Magic Bonding
Sucesión de episodios
anterior
A princesa Amentia
seguinte
A voda de Brandon
Lista de episodios

A unión máxica é o episodio 5 da tempada 2 da serie Winx Club e o episodio 31 en total. Estreouse o 3 de maio do 2005 en Italia.

Argumento Editar

O episodio empeza co equipo menos Brandon a pensar nunha maneira para rescatar as Pixies. Sky propón usar o teletransporte de Stella, pero ela di que poderían acabar nun sitio inesperado. Layla calcula onde está o castelo, e Sky propón baixar.

No castelo onde están as Pixies, elas están a discutir, e unha delas ponse a gritar. Outra Pixie, Lockette, di que acabarán como outros prisioneiros, destruídos. O Fénix ri e envía unha serpe para asustar ás Pixies e que diga onde está a Aldea Pixie, pero as Pixies non din nada.

Na superficie, Sky di a Stella que quede arriba para estar co sol, pero ela quere rescatar Brandon. Layla atopa un tronco e baixa facendo surf. Sky tamén baixa ben, pero Bloom e Stella chócanse contra as rocas. Cando xa están a salvo, Sky decide usar o desmolecularizador para cruzar a roca.

Sky, Bloom e Layla pasan ben, e Stella pásalle un verme a través dela. Layla informa que xa chegaron ao castelo, e Stella propón transformarse e ir voando, pero Bloom di que non terán suficiente enerxía cando a necesiten. Empezan a cruzar unha ponte que se sacode moito.

En Grutas Profundas, Brandon non quere casar, e chama á princesa Amentia. Pero ela di a Brandon que falarán máis tarde, e teñen toda a vida. En Alfea, Kiko chama a Tecna, e ela descobre que o seu computador non funciona. E Musa está con Piff. Entón aparece outra Pixie que se choca co computador.

A Pixie informa que cando aconteceu o secuestro, ela non estaba na aldea. Logo di que é a Pixie mensaxeira, e que Layla foi rescatar ás outras Pixies. Pero como ela non regresou, veu a Alfea. O Fénix está a observar todo. Entón a Pixie atopa Piff, e emociónase.

No castelo, o equipo está na ponte, pero Layla cunha corda salta até a sala onde están as Pixies. Layla di que trouxo reforzos e transfórmase. Entón coa súa maxia destrúe a fonte que xera o campo de forza das gaiolas. Pero non funciona, nin co seu ataque máis poderoso. Entón Lockette busca un punto débil na gaiola.

Bloom e Sky chegan ao castelo, pero son atacados polas Trix. Elas explican que foron liberadas da súa prisión, e volven atacar ao equipo. Mentres tanto, as Pixies non atopan ningún punto débil, e Layla decide usar a forza. Pero só consegue facerse unha ferida no seu brazo.

As Trix atacan o equipo, e Bloom e Stella transfórmanse. Pero resulta que as Trix agora son máis fortes. Layla aparece para atacar, pero as Trix tamén a derrotan. Entón aparece unha criatura con ás e cheo de luz, que salva ao equipo e ataca ás Trix. Bloom pregúntalle quen é, pero el di que o descubrirán moi pronto.

Parece que veñen máis monstros, pero Layla dáse conta que son as Pixies e lánzanse sobre Layla. Ela presenta o equipo, e entón Stella enlázase cunha Pixie, Amore. E Bloom enlázase con outra Pixie, Lockette. As Pixies din que de súpeto a barreira desapareceu e puideron escapar, e Stella lembra aos outros que Brandon está a piques de casar.

Feitos importantes Editar

Curiosidades Editar

  • Flora non aparece neste episodio.
  • Layla aparece por primeira vez a facer surf nun pedazo de madeira.
  • Cando o ser con ás aparece, o Gloomix de Stormy desaparece.

Galería Editar

Interferência de bloqueador de anúncios detectada!


A Wikia é um site grátis que ganha dinheiro com publicidade. Nós temos uma experiência modificada para leitores usando bloqueadores de anúncios

A Wikia não é acessível se você fez outras modificações. Remova o bloqueador de anúncios personalizado para que a página carregue como esperado.

En torno á rede de Wikia

Wiki ao chou