FANDOM


A vertedura
Tempada 5, episodio 1
Winx105.png
Información do episodio
Número de episodio total 105
Data do trinque (Italia) 16 de outubro do 2012
Data do trinque (EUA) 2 de setembro do 2012
Nomes originais
Nome en italiano Minaccia dalľoceano
Nome en inglés (EUA) The Spill
Sucesión de episodios
anterior
Xeo e fogo
seguinte
A mutación de Tritannus
Lista de episodios

A vertedura é o episodio 1 da tempada 5 da serie Winx Club e o episodio 105 en total. Estreouse o 16 de outubro do 2012 en Italia.

Argumento Editar

O episodio empeza na Terra, onde as Winx voan sobre Gardenia facendo maxia e saudando á xente. As Winx, despois de facer un espectáculo coa maxia de cada unha, din á xente que van facer un concerto pola noite na praia. Logo lanzan fogos artificiais e vanse.

As Winx chegan ao bar Frutti Music, e falan con Roxy. Ela explica que é o seu último día no bar Frutti Music porque foi admitida en Alfea. Logo Roxy di a Bloom que foi con ela como unha irmá maior. Entón Bloom lembra Daphne, que morreu e foi convertida nun espírito. Flora recomenda a Bloom ir fóra do bar.

Na praia, as Winx atopan fume no mar. Tecna detecta que é unha plataforma de petróleo. Na plataforma de petróleo, resulta que hai un problema na recollida do petróleo, e podería haber unha vertedura. As Winx propoñen vixiar esta plataforma por se houber unha vertedura.

Sky ensina aos Especialistas que ten o colgante de Eraklyon, e que se o regalar ao seu amor verdadeiro, terán felicidade o resto da súa vida. As Winx reúnense cos Especialistas, menos Layla, porque Nabu morreu e ela está triste.

Sky di a Bloom que mentres estiver en Fonte Vermella non terá obrigacións da coroa de Eraklyon, e vai dar a Bloom o colgante de Eraklyon, pero é interrompido. Flora descobre o colgante, e di a Sky que ten que darlle o colgante cando estiveren sós.

Nabu está cun holograma de Nabu, pero veñen as Winx e pon unha imaxe da serea Tressa. Ela explica que haberá unha coroación para ser rei dos océanos de Andros, e ensina os actuais reis e tíos dela, Neptuno e Ligea, e os seus fillos Nereus e Tritannus. Neptuno elixirá entre Nereus e Tritannus.

En Andros, empezará a coroación. Tresa envía a Layla unha imaxe da cerimonia, e alí alguén está escondido cunha máscara. Tritannus di que lamentarán se coroaren Nereus. Neptuno di que empezarán a coroación sen Tritannus, e Neptuno di que o novo rei será Nereus. Entón o rei Neptuno é atacado por un raio.

O enmascarado empeza a atacar Nereus, e logo ataca os gardas. Neptuno empeza a loitar contra o enmascarado, e el quítalle a máscara revelando ser Tritannus. Neptuno envía Tritannus á prisión de Andros. As Winx preocúpanse porque Tressa non responde á súa chamada.

Sky vai dar o colgante a Bloom, pero a plataforma de petróleo preto de Gardenia ten unha vertedura. As Winx disponse a ir salvar a plataforma de petróleo cos Especialistas, e Bloom di a Roxy que quede para protexer a praia. As Winx transfórmanse, e diríxense á plataforma.

As Winx atopan que hai uns incendios na plataforma, e Stella entra para rescatar as persoas. Os Especialistas collen os traballadores nas súas motos, e Tecna destrúe o petróleo vertido no mar. Bloom apaga o lume, pero aínda hai un traballador. Riven logra rescatalo antes de caer ao mar.

A parte debaixo da auga da plataforma explota, e continúa a verterse petróleo. Layla mergúllase para evitar que máis petróleo sexa vertido no mar. As Winx localizan o xefe da plataforma, e Sky sálvao pero perde o colgante do seu planeta. Entón perde o control da moto, e o xefe cae ao mar. Sky é salvado por Bloom. Layla atopa o xefe, e sácao da auga.

As Winx usan unha converxencia, e converten a plataforma nunha de enerxía renovable. As Winx volven á praia, e os pais adoptivos de Bloom veñen saber que pasou. Sky está triste porque perdeu o colgante, e o petróleo vertido empeza a viaxar polo mar. Bloom propón facer o concerto en beneficio da protección das praias de Gardenia. E en Andros, Tritannus é levado a unha cela e coñece as Trix, que tamén están alí.

Feitos importantes Editar

  • Vendo as outras Winx cos seus respectivos noivos, Layla lembra Nabu.
  • Tritannus interrompe a cerimonia de coroación de Nereus.
  • Un vertido de petróleo acontece na Terra.
  • É a primeira aparición das Selkies.
  • As Trix volven neste episodio.
  • Tritannus coñece as Trix.

Curiosidades Editar

  • Este foi orixinalmente o primeiro episodio da tempada 5, mais antes foi estreado nos EUA e noutros países o episodio 5, A lila máxica, que é un episodio especial.
  • Cando Layla está debaixo da auga, ten problemas para chegar ao fondo do océano coas súas ás.
  • Durante unha escena, todas as Selkies son vistas na cerimonia de Nereus. No entanto, cando Tritannus tenta matar o seu irmán, só Lemmy é vista o resto da escena.

Galería Editar

Interferência de bloqueador de anúncios detectada!


A Wikia é um site grátis que ganha dinheiro com publicidade. Nós temos uma experiência modificada para leitores usando bloqueadores de anúncios

A Wikia não é acessível se você fez outras modificações. Remova o bloqueador de anúncios personalizado para que a página carregue como esperado.

En torno á rede de Wikia

Wiki ao chou