FANDOM


A xema da empatía
Tempada 5, episodio 9
Winx113.png
Información do episodio
Número de episodio total 113
Data do trinque (Italia) 26 de outubro do 2012
Data do trinque (EUA) 4 de novembro do 2012
Nomes originais
Nome en italiano La gemma delľempatia
Nome en inglés (EUA) The Gem of Empathy
Sucesión de episodios
anterior
A canción do rubí
seguinte
Nadal en Alfea
Lista de episodios

A xema da empatía é o episodio 9 da tempada 5 da serie Winx Club e o episodio 113 en total. Estreouse o 26 de outubro do 2012 en Italia.

Argumento Editar

O episodio empeza en Alfea, onde Bloom ten un soño con Daphne, e ela pide axuda. Bloom esperta, e descobre que é hora de clase e chega tarde. Mentres tanto, WizGiz está a dar unha clase sobre un feitizo de cambiar a idade, e Stella está a pensar en vestidos de moda.

WizGiz acaba, e Flora di a Stella que lle gustan os seus esbozos. Helia chama a Flora, pero Stella quítalle o móbil e quere que Flora responda. Musa di que se comporta como unha nena de 3 anos, e Stella decide preguntar á súa gardiá do Sirenix, pero a gardiá non quere responder porque non é o seu traballo.

Brandon está a voar sobre Fonte Vermella cun dragón, e recibe unha chamada de Stella, que di que veña a Alfea mentres Stella está a preparar un desfile de moda. Ela fai que catro alumnas sexan os seus modelos, e empeza o desfile. Brandon chega, e Stella está a probar roupas coas alumnas que elixiu.

As alumnas non o fan ben, e vanse. Brandon tamén se vai, e Stella enfádase. Bloom vai con Tecna e Layla, que están a buscar a xema da empatía. Tecna atopa un castelo, e recoñece que este castelo está no seu planeta, Zenith. Mentres tanto, Musa e Flora atopan Stella nunha sala da historia de moda.

Stella quita unha cousa a un vestido, e convértese nunha nena de 3 anos. Flora dáse conta que había un feitizo de cambiar a idade. Mentres tanto, Tritannus descobre que as Winx van a Zenith. A Selkie de Zenith tenta evitar que Tritannus entre no seu planeta, pero Tritannus absorbe os seus poderes e entra en Zenith.

No castelo submarino de Zenith, os gardas quedan inconscientes polo petróleo, e os mutantes empezan a buscar as Winx. No iate, as Winx chegan a Zenith, e transfórmanse. Entón Roy chega coas Winx, e di que ten algo de maxia. As tres Winx e Roy mergúllanse no mar.

Layla atópase con Lemmy, e entón aparece a Selkie de Zenith, Lithia, e enlázase con Tecna. Lithia indica o camiño ao tres Winx, mentres Musa e Flora chegan con Brandon e ensinan que Stella se converteu nunha nena de 3 anos. Musa e Flora deixan Stella con Brandon, pero non pode controlala.

Bloom, Tecna, Layla, Roy e as dúas Selkies chegan ao castelo Ponte de Datos, pero está contaminado por Tritannus. O equipo entra no castelo, e Tecna pide axuda á súa gardiá do Sirenix. Ela di un enigma, que Bloom pensa que está no trono. Tecna localiza a xema da empatía, pero non a poden quitar dun alicerce.

Layla e Tecna tocan unhas plantas, e empezan a discutir e pelexarse. Entón veñen os mutantes, e empezan a loitar. Bloom descobre que Layla e Tecna están baixo un feitizo, cúraas e as tres xuntan os seus poderes, e logran obter a xema e desfacerse dos mutantes.

Flora, Musa, e Brandon logran que Stella se durma, e entón ela volve á normalidade. As Winx colocan a xema da empatía nas caixas do Sirenix, e Stella di que quere facer unha festa. Flora, Musa e Brandon están demasiado cansos como para facer a festa.

Feitos importantes Editar

  • As Winx teñen éxito en gañar a xema da empatía.
  • Tecna enlázase coa Selkie de Zenith, Lithia.

Curiosidades Editar

  • Esta é a primeira vez que aparece Fonte Vermella dende o final da tempada 3.
  • Os dragóns de Fonte Vermella fan a súa primeira aparición dende a tempada 1.
  • É a primeira aparición do planeta natal de Tecna, Zenith.

Galería Editar

Interferência de bloqueador de anúncios detectada!


A Wikia é um site grátis que ganha dinheiro com publicidade. Nós temos uma experiência modificada para leitores usando bloqueadores de anúncios

A Wikia não é acessível se você fez outras modificações. Remova o bloqueador de anúncios personalizado para que a página carregue como esperado.

En torno á rede de Wikia

Wiki ao chou