FANDOM


Acheron
Tempada 6, episodio 25
Winx155.png
Información do episodio
Número de episodio total 155
Data do trinque (Italia) 3 de agosto do 2014
Data do trinque (EUA) 15 de novembro do 2015
Nomes originais
Nome en italiano Acheron
Nome en inglés (EUA) Acheron
Sucesión de episodios
anterior
Afrontando campións
seguinte
Winx inesquecibles
Lista de episodios

Acheron é o episodio 25 da tempada 6 da serie Winx Club e o episodio 155 en total. Estreouse o 3 de agosto do 2014 en Italia.

Argumento Editar

O episodio comeza en Alfea, onde as Winx están a debater o que poden intercambiar pola chave do Legendarium con Rumpelstiltskin. Stella comeza a facer propostas, e primeiro crea un xeado con sabores interminables, e dállo a Musa. Pero Musa non pode suxeitar o xeado, e cae sobre ela. Despois propón un chapeu para todas as estacións e dállo a Layla, pero o chapeu queda descontrolado e Layla enfádase. Stella quere propor unha cousa máis, pero Bloom fai que pare.

Entón aparece Eldora contenta e vén darlle ás Winx unha caixa chamada “Caixa Infinita”, e poderán trocala con Rumpelstiltskin. Eldora di que nesa caixa poderán gardar todo o que quixeren. Mentres tanto, Daphne está a ollar pola xanela. Bloom pregúntalle o que está a pasar, e Daphne di que está emocionada porque casará con Thoren. As Winx din que lle prepararán un vestido e elas planearanlle a mellor voda.

No cuarto das Winx, Stella dálle a Daphne un vestido para a ocasión, Layla decórao con cintas Morphix, Bloom ponlle unha diadema celeste mentres Tecna ilumínaa, Musa pon unhas zapatillas musicais, e Flora dálle un ramo de flores rosas. Daphne dilles que se cadra todas estas decoracións son demasiado bonitas para ela, pero as Winx din que o merece. Entón todas van para Domino para a súa voda.

En Domino, as Winx, as Pixies, os Especialistas e os Paladinos prepáranse todos para a voda, e Thoren olla ao ceo mentres Daphne está nun carro que leva Peg (cabalo que os pais de Bloom regalaron á súa filla na película Winx Club II: A aventura máxica). Daphne baixa do carro, e Musa pon uns obxectos para que as zapatillas de Daphne non soen pero forte. Thoren está a esperar á súa noiva, e toda a xente, incluíndo os pais de Bloom e Daphne, están entusiasmados coa voda.

En Torre de Nubes, as Trix ven Selina e Icy pregúntalle que pasa, Selina coméntalles que ten un pouco da Chama do Dragón que lla tiña roubado a Bloom na batalla que fixo contra ela, sorprendendo a Icy. Entón di que fará os seus propios plans de liberar Acheron. Despois Selina libérao e o feiticeiro preséntase ás catro bruxas dicindo que el creou o Legendarium e explícalles que ten a súa intención de conquistar a dimensión máxica.

As Trix pensan que el sería bo para elas e para os seus plans, pero Acheron non quere compartir os seus poderes con ninguén, e quere dominar a dimensión máxica só. Selina ten medo e dille que lle tiña prometido ser forte, pero Acheron di que agora pensa o contrario e tenta coller Selina. As Trix descobren que Selina xa tiña intención de apartalas dos seus planos, e enfádanse con ela despois do que tiñan feito por ela.

Cando as Trix se dispuñan a atacar Selina, Acheron cólleas e encérraas no mundo do Legendarium, na páxina baleira que estaba antes prendido el. Selina corre o máis que pode, mentres Acheron búscaa pero de paso ela observa que as Trix quedaron prendidas no libro e vai cara á oficina de Griffin para contactar telepaticamente con Bloom sobre Acheron, pero el descóbrea e cos seus poderes fai que Torre de Nubes caia, e sobre todo bloquea todos os poderes máxicos.

Na voda, Eldora estaba a piques de casar a parella, pero unhas correntes de enerxía de Acheron pasan por diante deles. Daphne tenta crear unha esfera de poder pero non pode, o que significa que os poderes máxicos se bloquearon debido á forte enerxía de Acheron. Bloom ouve a mensaxe telepática de Selina e descobre que Acheron está libre. Eldora confírmao. As Winx, como teñen parte da Chama do Dragón, son as únicas que a súa maxia non bloquea o efecto de Acheron, entón deciden transformarse e diríxense a Torre de Nubes.

Como resultado Acheron obriga a Selina darlle o libro pero ela perde o equilibrio e cae da torre co libro. Bloom rescátaa xusto a tempo, mentres as Winx crean unha converxencia para facer un círculo ao redor da escola para deixar a torre no seu lugar, deixando ás bruxas asustadas porque non teñen habilidades de voo. A torre volve ao seu local, mentres as bruxas ven como as Winx conseguiron facer que a escola estea segura.

Acheron está sorprendido e invoca un espírito con forma dun lagarto para atacar ás fadas. As Winx tentan atacalo pero a criatura é forte e resiste os ataques das Winx. Bloom e Selina están no chan e Acheron tenta acabar coas dúas. Entón Selina descúlpase con Bloom e ela dille que a envíe ao Legendarium mentres o vence. Entón transfórmase en Mythix e é enviada ao labirinto de Rumpeltilstskin.

No mundo do Legendarium, Acheron tamén entra para loitar contra Bloom e teñen un combate, e Bloom descobre que tamén ten os mesmos poderes dela (a Chama do Dragón). Bloom consegue derrotar Acheron usando as trampas de Rumpeltilstskin, e aproveitando a distracción, encerra Acheron na Caixa Infinita. Ao final Rumpelstiltskin sae e Bloom intercambia a chave pola caixa que contén Acheron. Rumpelstiltskin sorpréndese e acepta.

Bloom dá a Rumpelstiltskin a caixa con Acheron e el dálle a chave do Legendarium, e coa chave, Bloom poderá fechar o libro. Parece que terminou a misión, pero as Trix achéganse a Bloom, mentres Rumpelstiltskin entra na súa casa. Icy di a Bloom que Acheron as enviou ao mundo do Legendarium porque Selina as traizoou. Aproveitando que Bloom non está coas Winx, as tres deciden loitar contra ela.

Feitos importantes Editar

  • Acheron é liberado do Legendarium.
  • As Trix son prendidas no Lengadarium por Acheron.
  • Acheron é prendido na Caixa Infinita.
  • Bloom consegue a chave do Legendarium de novo, cando intercambia con Rumpelstiltskin a chave por Acheron.
  • As Winx conseguen estabilizar Torre de Nubes.

Curiosidades Editar

  • Peg reaparece despois de estar ausente desde a película Winx Club II: A aventura máxica. Agora o seu deseño foi mellorado.
  • Esta é o primeiro e única aparición física de Acheron.
  • Roy non aparece neste episodio.
  • Esta é a segunda vez que as Trix entran no mundo do Legendarium.

Galería Editar

Interferência de bloqueador de anúncios detectada!


A Wikia é um site grátis que ganha dinheiro com publicidade. Nós temos uma experiência modificada para leitores usando bloqueadores de anúncios

A Wikia não é acessível se você fez outras modificações. Remova o bloqueador de anúncios personalizado para que a página carregue como esperado.

En torno á rede de Wikia

Wiki ao chou