FANDOM


Afrontando campións
Tempada 6, episodio 24
Winx154.png
Información do episodio
Número de episodio total 154
Data do trinque (Italia) 3 de agosto do 2014
Data do trinque (EUA) 15 de novembro do 2015
Nomes originais
Nome en italiano Scontro fra campioni
Nome en inglés (EUA) Legendary Duel
Sucesión de episodios
anterior
O himno de Alfea
seguinte
Acheron
Lista de episodios

Afrontando campións é o episodio 24 da tempada 6 da serie Winx Club e o episodio 154 en total. Estreouse o 3 de agosto do 2014 en Italia.

Argumento Editar

O episodio comeza nunha escola chamada Hoggar, onde as Trix están a atacala e prenderon algúns alumnos, e entre eles está Hagen (quen apareceu na primeira película, Winx Club I: O segredo do reino perdido). Hagen di que nunca se porá de xeonllos ás Trix, e Icy fai un feitizo nel para poñer Hagen de xeonllos, mentres está a divertirse. Stormy di que agora que teñen o poder da escola Hoggar, poderán atacar Alfea e vencer as súas proteccións máxicas.

En Alfea, Tecna está a falar con Timmy para atopar un xeito de localizar Torre de Nubes invisible, coa axuda do seu localizador espectro-gráfico. Mentres tanto nunha clase, Daphne, Bloom, Layla e Musa están a falar sobre Rumpelstiltskin quen agora ten a chave do Legendarium, e precisan desa chave para fechar o libro e deter a ameaza. Daphne di que poden atopar algunha cousa útil nunha sala de segredos subterránea de Alfea.

Bloom di que teñen que ir buscar Stella, e ela está na súa tenda de roupa. Mentres tanto na tenda de Stella, Griselda vén botar unha ollada na sala, e Stella está a facer probas de vestidos cunha fada. Griselda sobe con Stella e di que os vestidos son moito bonitos. Stella pregúntalle por que non está enfadada con ela, e Griselda di que ela tamén quere un vestido como o que ten a fada. Griselda di que Stella precisa de máis publicidade, e poralle un anuncio para as outras alumnas.

Bloom vén, e Stella vai con ela e as dúas reúnense coas outras Winx e Daphne. Entón Daphne preséntalles a Sala de Segredos de Alfea, e as Winx impresiónanse con esta sala. Daphne fálalles das tres Campioas de Alfea. Ress do Fogo, Siobhan (ou Shavon/Chavan) da Auga e Farcellia do Vento foron as tres mellores estudantes de Alfea e as maiores fadas da historia da dimensión máxica, cuxos feitos foron pasados por xeracións, converténdose en lendas. Na súa homenaxe foron feitas estatuas e gardadas nesta cámara de acceso restrinxido.

As Winx e as Pixies deciden separarse para buscar algunha cousa para cambiala coa chave do Legendarium. De súpeto, Stella colle un obxecto e vólvese pequena, e pídelle a Flora que faga algunha cousa para que poida volver ao seu tamaño orixinal. Flora colle outro obxecto e Stella volve ao seu tamaño normal. Chatta atopa unha rocha máxica, cóllea e comeza a voar con Chatta, ata que Chatta deixa a rocha. Bloom colle outro obxecto e tamén comeza a voar con el, e Layla fai unha almofada con Morphix para liberala.

En Torre de Nubes, as Trix preparan as bruxas para conquistar Alfea, e as Trix volven invisibles ás bruxas co mesmo feitizo que fai a escola invisible, e as envían nun exército invisible a Alfea. As bruxas comezan a atacar as fadas de Alfea, e as fadas comezan a correr. Faragonda, Griffin e os profesores de Alfea tentan protexer Alfea e fan un escudo de protección, e as Winx tamén veñen ollar o que está a acontecer. Pero as bruxas conseguen romper o escudo cos seus novos poderes. Faragonda di que precisan de axuda.

As Winx transfórmanse nos seus Bloomix e Daphne no seu Sirenix, e loitan contra as bruxas xunto cos Especialistas e Paladinos. Pero as bruxas agora son moito máis fortes. Entón Tecna utiliza o localizador espectro-gráfico e fai que as bruxas e Torre de Nubes sexan visibles de novo, e as bruxas retírense da loita. Mentres tanto en Torre de Nubes, Selina fala con Acheron, e di que precisa da Chama do Dragón. As Trix veñen ordenarlle que faga algún truco para deter as Winx. En Alfea, as profesoras e Eldora agradécenlle a Tecna por salvar a escola, e ela di que Timmy tamén lle axudou.

As Trix aparecen e propoñen que Bloom participe nun duelo. As profesoras din que hai un truco e Faragonda di a Bloom que non ten que facelo, pero Bloom quere loitar. Pero Icy di que non loitará contra ela, terá que loitar contra Selina, e o resto das Winx só poderán velo. Bloom sorpréndese. E Selina está a buscar algo no Legendarium e esperta as poderosas e máis perigosas Campioas de Alfea. Selina sae, e di que comeza a loita. Bloom di que antes eran amigas, pero Selina di que agora creceu, e comeza a atacala.

Mentres tanto, as Campioas aparecen e veñen atacar cos seus poderes de tres dos catro elementos clásicos: fogo, auga e ar, e os Especialista non poden detelas. Daphne explica que as Campioas eran tan poderosas que rexeitaron a ligazón máxica coas Pixies, sendo esta conexión a súa única fraqueza coñecida. Crese que son fadas envaidecidas polo propio poder. Layla decide usar as Pixies para derrotar as Campioas. Pero só hai 6 Pixies, e as outras quedaron prendidas no Legendarium. E Layla vai coas Pixies na súa aldea, e con Nex.

Layla vai ao mundo do Legendarium para buscar as outras Pixies, e transfórmase no seu Mythix. No mundo do Legendarium, Layla atopa a Árbore da Vida, pero non están as Pixies. Entón Layla ouve unha voz dunha Pixie, que están presas na árbore. Pero tamén atopa os trolls que apareceron no segundo episodio (O Legendarium). Os trolls lanzan pedras, e Layla destrúe algúns trolls pero veñen algúns máis. Layla consegue derrotalos, e vai salvar as Pixies. Cos seus poderes, Layla consegue liberar as Pixies, e volven ao mundo real.

Layla di ás Pixies que teñen que ligarse ás Campioas de Alfea para derrotalas. Mentres tanto en Alfea, as Trix están a piques de gañar cando Layla e as Pixies veñen. As Pixies lanzan a súa maxia de conexión coas fadas, e as Campioas son derrotadas. Pero Bloom e Selina aínda están a loitar. Bloom dille a Selina: “Sei que aínda hai un pouco de bondade no teu corazón”. Pero Selina consegue roubar unha parte da Chama do Dragón de Bloom. Ela di que xa ten o que estaba a buscar, e vaise. Bloom di ás Trix que Selina se foi e Bloom gañou, e as Trix teñen que irse.

As Trix enfádanse con Selina, e Bloom explica que Selina unicamente se foi, pero non entende por que fixo iso. Mentres tanto na aldea das Pixies, as Pixies están a gozar por volver á súa aldea, xunto con Layla e Nex. Entón Nex suxeita a man de Layla, e dille que se sente feliz porque eles están ben. E en Torre de Nubes, Selina está soa, colle o seu Legendarium e dille a Acheron que conseguiu o seu obxectivo e agora ten unha parte da Chama do Dragón, e con este poder ela conseguirá liberalo da súa prisión do Legendarium finalmente.

Feitos importantes Editar

Curiosidades Editar

  • As Campioas representan tres dos catro elementos clásicos: fogo, auga e ar. Tras viraren lendas, elas viran estatuas (terra).
  • Ress é un nome masculino de orixe galesa que significa “ardente”, “flamexante”. Siobhan é un nome de orixe irlandesa e hebraica que significa “Deus é gracioso”. Tamén pode significar “calma”, “perfección”. Pronúnciase shivawn ou shavahn, e posúe varias romanizacións. Farcellia: “Celia” é un nome de orixe latina, que significa “ceo”, “celestial” ou tamén “musical”.

Galería Editar

Interferência de bloqueador de anúncios detectada!


A Wikia é um site grátis que ganha dinheiro com publicidade. Nós temos uma experiência modificada para leitores usando bloqueadores de anúncios

A Wikia não é acessível se você fez outras modificações. Remova o bloqueador de anúncios personalizado para que a página carregue como esperado.

En torno á rede de Wikia

Wiki ao chou