FANDOM


Alfea baixo asedio
Tempada 3, episodio 10
Winx62.png
Información do episodio
Número de episodio total 62
Data do trinque (Italia) 19 de febreiro do 2007
Data do trinque (EUA) 2 de decembro do 2011
Nomes originais
Nome en italiano Alfea sotto assedio
Nome en inglés (EUA) Alfea Under Siege
Sucesión de episodios
anterior
O corazón e a espada
seguinte
Trampa ás fadas
Lista de episodios

Alfea baixo asedio é o episodio 10 da tempada 3 da serie Winx Club e o episodio 62 en total. Estreouse o 19 de febreiro do 2007 en Italia.

Argumento Editar

O episodio empeza en Alfea, onde as Winx están nunha clase do profesor WizGiz. Cando se termina esta clase, Stella está preocupada por Brandon que quedou en Eraklyon e Bloom pensa en Sky. Flora prepara unha infusión para elas dúas.

Valtor di ás Trix que teñen que deixar Andros. Stormy di que poderían ir á cova de Lord Darkar, pero Icy decide que mellor poderían ir a Torre de Nubes. Valtor di que está protexida da maxia negra. Valtor quere contar algo ás Trix do seu pasado e de Griffin, pero agora vanse cara a Torre de Nubes.

Nos bosques de Torre de Nubes, un cervo está a ser perseguido por uns cans con rabia, e o cervo chega a Torre de Nubes. As bruxas din ao cervo que entre na escola para que se protexa dos cans, pero entón revélase que o cervo é Valtor e os cans son as Trix, e todo foi un truco.

Valtor deixa posuídas ás bruxas, e entra no despacho de Griffin. Cando Griffin vai ao seu despacho, atopa Valtor sentado. Griffin quere atacar a Valtor, pero Valtor deixa inconsciente a Griffin. Logo di que Torre de Nubes agora está baixo control de Valtor e das Trix.

Valtor chega ao comedor, e posúe as demais bruxas. As Trix e Valtor deixan Griffin nos alxubes, e logo lembra que Valtor e Griffin traballaron xuntas coas tres bruxas ancestrais, pero logo Griffin uniuse á compañía da luz, e derrotárono. Valtor protexe a saída dos alxubes con maxia e vaise.

En Alfea, empeza unha choiva, e entón Faragonda di que teñen que activar a barreira protectora. Entón chove, e baixan do ceo as bruxas de Torre de Nubes atacando Alfea. Faragonda di que reúnan todas as fadas. Entón aparece Valtor.

A directora Faragonda empeza a loitar contra Valtor, e entón Valtor lanza un feitizo sobre Faragonda que a absorbe nun remoíno. Pero Faragonda sae, e ataca Valtor. En Alfea, as Winx transfórmanse, e empezan a atacar ás bruxas.

As Trix aparecen en Alfea, e Griselda di ás Winx que teñen que protexer a cámara de feitizos. Palladium e algunhas fadas crean unha nova barreira, pero as Trix entraron e métense na escola sen que ninguén se decate.

As Winx e outras fadas divídense en dous grupos, para protexer os feitizos. A princesa Galatea atopa as Trix, e atácaas. Pero as Trix din a Galatea que diga onde está a cámara de feitizos ou conxelarana.

Bloom e Musa reciben unhas ondas procedentes de Galatea, porque as levou á biblioteca. Cando as Trix chegaron, Galatea corre. Pero Icy conxela Galatea e destrúe as súas ás. Entón aparecen as Winx.

As Trix e as Winx empezan a loitar, mentres Musa vai con Galatea. Entón Darcy di que como non poden ter os libros, empeza a queimar todo. Bloom tenta apagar o lume, pero o lume é moi poderoso e deciden marchar.

Galatea quere quedar a salvar os libros, pero cae inconsciente. Musa entra no incendio para salvar Galatea e consegue o seu Enchantix. Co seu po de fada, Musa apaga o lume e devolve as ás a Galatea.

As bruxas márchanse, e todos están felices. Daquela as Winx felicitan Musa por obter o seu Enchantix e Griselda di que está orgullosa das Winx porque salvaron a biblioteca, pero non recibiu noticias de Faragonda despois da súa batalla.

Feitos importantes Editar

  • As Trix invaden Alfea.
  • Icy rompe as ás de Galatea.
  • Musa recibe o seu Enchantix salvando Galatea, devólvelle as súas ás co seu Po de Fada e apaga o lume creado por Darcy.

Curiosidades Editar

  • Mirta transfórmase en fada por primeira vez.
  • Última aparición da princesa Galatea ata a tempada 5.

Galería Editar

Interferência de bloqueador de anúncios detectada!


A Wikia é um site grátis que ganha dinheiro com publicidade. Nós temos uma experiência modificada para leitores usando bloqueadores de anúncios

A Wikia não é acessível se você fez outras modificações. Remova o bloqueador de anúncios personalizado para que a página carregue como esperado.

En torno á rede de Wikia

Wiki ao chou