FANDOM


As Pixies atacan
Tempada 3, episodio 20
Winx72.png
Información do episodio
Número de episodio total 72
Data do trinque (Italia) 14 de marzo do 2007
Data do trinque (EUA) 16 de decembro do 2011
Nomes originais
Nome en italiano La carica delle Pixies
Nome en inglés (EUA) The Pixies’ Charge
Sucesión de episodios
anterior
No último momento
seguinte
A torre vermella
Lista de episodios

As Pixies atacan é o episodio 20 da tempada 3 da serie Winx Club e o episodio 72 en total. Estreouse o 14 de marzo do 2007 en Italia.

Argumento Editar

O episodio empeza con Faragonda que explica que Valtor entrou e saqueou a fortaleza de Rocha Luz e roubou o seu poder, e di ás Winx e ás outras alumnas de Alfea que teñen que ir a Rocha Luz para saber como parar Valtor.

As Winx din ás Pixies que irán nunha misión, e Digit di a Tecna que quere ir con elas. As Winx din ás Pixies que teñen que quedar, e Faragonda di ás Pixies que coiden de Alfea. Bloom tampouco deixa vir a Kiko. As Pixies quedan enfadadas.

Outras Pixies están a voar polos bosques, ata que ven as Trix a facer cousas para conquistar Valtor. Mentres tanto, Valtor obsérvaas. Icy discute con Stormy, e Darcy di que deixen de discutir. Stormy crea vento para Icy, pero cae unha Pixie.

Entón as Trix lembran que as Pixies teñen un sitio de tesouros, e quen atopar antes o tesouro, poderá quedarse con Valtor. Pero as Pixies trasladaron a súa aldea cando as Trix descubriron a súa situación, e as Trix deciden interrogar a Pixie.

Esta Pixie non fala o mesmo idioma, e entón Stormy quere estrullala para que veñan as outras Pixies. Pero a Pixie lanza algo aos ollos de Stormy, e Zing salva a Pixie. Logo Zing di a Livy que busque as Pixies de Alfea.

Darcy vaise, e Icy coloca xeo aos ollos de Stormy e engánaa para escapar e deixa a Stormy soa. As Pixies das Winx, en Alfea, lembran cando eran máis pequenas como Piff. Livy chega, pero está a barreira. Digit chega, e Livy informa que hai un posible ataque das Trix na aldea das Pixies.

Cada unha das Trix tentan conseguir información das Pixies, pero as Pixies escapan. Icy conxela todas as árbores, porque así poderá atopar a aldea. As Pixies están escondidas, pero captúraas Darcy. Livy e as Pixies das Winx van cara á aldea, pero Lockette non lembra onde está a aldea. A esfera de Amore viu as Pixies capturadas.

Darcy tenta entender as Pixies que capturou, pero escapan. Zing chama aos insectos para que ataquen Darcy, e Darcy chama ás Pixies “pulgas”. Entón Digit faise máis pequena, e fai cóxegas a Darcy. Entón Icy ouve a Darcy e as tres Trix únense para atacar ás Pixies. Valtor obsérvao todo.

Darcy aumenta o tamaño dalgunhas Pixies, e Amore esmaga Kiko. Tune, Digit e Amore, aumentadas, disponse a atacar ás Trix, pero Icy conxela Digit. Amore detecta que hai un home que ten que elixir unha das Trix, e cuns pos, Amore pode facer que Valtor se namore dunha delas.

Valtor aparece, e di ás Trix que o xogo xa terminou. Di que están a dar un gran espectáculo, e entón Digit cae encima de Darcy e Stormy. Digit volve ao seu tamaño natural. Valtor di a Icy que se reúna coas outras e despois que o sigan.

As Pixies volven a Alfea, e as Winx tamén. As Winx queren estar coas Pixies, pero as Pixies queren estar soas. Bloom busca Kiko, pero non está. As Winx din que non atoparon Valtor, pero resulta que as Pixies e Kiko o viron por primeira vez. Faragonda sabe que o cofre de Agador segue aínda no seu poder, e felicita ás Pixies.

Feitos importantes Editar

  • As Pixies derrotan as Trix.
  • As Pixies atópanse por primeira vez con Valtor.

Curiosidades Editar

  • Bloom está vestida de forma diferente só neste episodio.

Galería Editar

Interferência de bloqueador de anúncios detectada!


A Wikia é um site grátis que ganha dinheiro com publicidade. Nós temos uma experiência modificada para leitores usando bloqueadores de anúncios

A Wikia não é acessível se você fez outras modificações. Remova o bloqueador de anúncios personalizado para que a página carregue como esperado.

En torno á rede de Wikia

Wiki ao chou