FANDOM


As Pixies invisibles
Tempada 2, episodio 13
Winx39.png
Información do episodio
Número de episodio total 39
Data do trinque (Italia) 31 de maio do 2005
Data do trinque (EUA) 3 de decembro do 2005
Nomes originais
Nome en italiano La dama del ballo
Nome en inglés (EUA) Invisible Pixies
Sucesión de episodios
anterior
Winx xuntas
seguinte
Batalla no planeta Eraklyon
Lista de episodios

As Pixies invisibles é o episodio 13 da tempada 2 da serie Winx Club e o episodio 39 en total. Estreouse o 31 de maio do 2005 en Italia.

Argumento Editar

O episodio empeza cun soño de Layla de cando era nena como princesa. Entón os homes transfórmanse en Lord Darkar. Bloom tamén está a durmir, e Flora escribe unha carta a Helia. Ao día seguinte, Layla di que precisan dun descanso. Por iso deciden latar a clase. Musa reparte cartas, e Bloom quere ir á Terra.

En Gardenia, Bloom explica que a súa nai testificará nun xuízo. Hai un atasco, e Stella quere facer maxia pero Bloom di que non faga nada de maxia. En Magix, Timmy dá un agasallo para o computador de Tecna, pero a ela gustaríalle un agasallo para ela. Timmy non o entende, e Tecna vaise.

En Gardenia, Bloom di que ten que ir coa súa nai, e logo descobre que deixaron ás Pixies soas. Nun parque, as Pixies están a falar cunha nena que se perdeu. Uns policías atopan á nena, e non ven ás Pixies. Resulta que as Pixies só as ven os nenos.

Un policía vén preguntar ás Winx por que están na rúa en horas de clase, e as outras non saben que dicir. Layla logra librarse dos policías. Entón Layla queda durmida e ten un soño onde unha nena está a bailar e di a Layla se quere aprender, e Layla di que é máis libre que ela. Entón ela esperta.

Layla explica ás outras que as princesas de Andros non son consideradas importantes, e non as fan caso. En casa de Bloom, Vanessa di a Bloom que os homes que atacaron a súa tenda irán ao cárcere, e Bloom ensina á súa nai o colgante dos seus pais biolóxicos. Pero di que ela e Mike serán os seus pais mellores.

Layla está a camiñar pola rúa e decide ir a unha discoteca. Stella deixa a Musa e Layla. En Magix, Flora atópase con Helia. En Gardenia, Musa cambia a música con maxia, e Layla tamén fai maxia. Pero uns matóns danse conta que Layla e Musa teñen poderes máxicos.

En Magix, Flora tropeza e cae a carta para Helia, pero Helia devólvella crendo que é dela. Chatta di que acaba de perder unha oportunidade. Layla explica a Musa que estaba cunha nena bailarina. En Alfea, Griselda e Faragonda din que as Winx non están, e Griselda ponse a buscalas.

En Gardenia, uns matóns atacan a Musa, e ela usa maxia. Entón os matóns fan marcharse a todos e ponse a atacar ás dúas fadas. A fóra da discoteca, Lockette nota algo.

Bloom e Stella van cara á discoteca, e Bloom ve a aura dos matóns que queren algo de Musa e Tecna. A dentro da discoteca, os matóns queren usar a maxia das fadas en beneficio propio. Os matóns capturan Musa, e Layla vese obrigada a usar maxia para defenderse e lanza feitizos aos matóns.

As Pixies entran porque non as ven, e entón o matón principal quere saber máis. Musa modifica a música, as Pixies aprovéitanse da súa invisibilidade cos matóns e Layla fai que unha máquina de refrescos lance latas. Entón escapan pola escaleira de atrás, pero os matóns seguen ás mozas e logran capturar Layla.

Bloom e Stella veñen, e axudan as outras a escapar. Os matóns rodean as fadas, pero entón aparecen Faragonda e Griselda e deixan inconscientes aos matóns. Pero lévanas a Alfea, e alí Faragonda di que terán que limpar todas as habitacións de Alfea como castigo. Ao final, despois de limpar, as Winx quedan durmidas.

Layla explica que tiña medo de estar soa porque a súa única amiga a deixou soa. Flora di que está namorada de Helia, pero Layla non o escoita porque se quedou durmida. Flora tamén se pon a durmir.

Feitos importantes Editar

  • Musa e Layla van por primeira vez á Terra.
  • Flora tenta dar unha carta de amor a Helia, mais ten medo que el diga que non.

Curiosidades Editar

  • Un matón di un posible nome dunha escola das Winx.

Galería Editar

Interferência de bloqueador de anúncios detectada!


A Wikia é um site grátis que ganha dinheiro com publicidade. Nós temos uma experiência modificada para leitores usando bloqueadores de anúncios

A Wikia não é acessível se você fez outras modificações. Remova o bloqueador de anúncios personalizado para que a página carregue como esperado.

En torno á rede de Wikia

Wiki ao chou