FANDOM


As Trix
Inimigo
Trix.jpg
Habilidades e poderes Icy: Xeo
Darcy: Hipnose
Stormy: Vento
Tempada 1, 2, 3, 5, 6 e 7
Primeira aparición Un acontecemento inesperado

As Trix son tres bruxas irmás moi poderosas, descendentes directas das Tres Bruxas Ancestrais. Están sempre a atrapallar as Winx ao longo das tempadas.

Icy Editar

Icy é a líder e a máis vella e poderosa das Trix, o seu nome fai referencia aos seus poderes do xeo (o seu nome, que significa “xélido” en inglés, reflicte ben a súa personalidade perversa). Ela é moi carismática e despreza sutilmente todos aqueles a quen considera “seres inferiores”. Na tempada 1 a súa maior rival é Stella, pero a partir da tempada 2 ela dirixe o seu odio para Bloom, a quen perdeu na batalla final. Ela ten cabelos longos e prateados, e usa un rabo de cabalo alto. En comparación coas súas irmás, é algo menos agresiva que Stormy e algo máis que Darcy. Ela ten un bo equilibrio do seu poder.

Darcy Editar

Darcy traballa con toda forma de escuridade e hipnose. É a máis cerebral e pragmática das Trix, e divírtese se atormentando as “patéticas Pixies”, como ela mesma define. Na tempada 1, é máis agresiva cara a Musa xa que esta ama Riven, noivo de Darcy na primeira tempada. Ela ten un pelo longo e castaño escuro. Na primeira tempada, ela usou Riven para axudar ás Trix a derrotar as Winx, abandonando o Especialista despois, polo tanto ela ten un papel moi relevante na primeira tempada. Ela é menos agresiva que as súas outras irmás (a máis agresiva é Stormy).

Stormy Editar

Stormy é a máis nova do trío, os seus poderes inclúen o vento e as tormentas. Ela ten o temperamento máis curto e sempre propenso a violentas explosións emocionais (non por casualidade, o seu nome, que significa “tempestuosa” en inglés condiz moi ben coa súa personalidade). Ela é máis agresiva cara a Musa na tempada 2. Ela ten un pelo vermello, curto e moi enrolado, lembrando unha nube cargada de tempestade. Ela xeralmente non pensa antes de facer algo, sendo isto a máis agresiva do trío.


Personaxes de Winx Club
Fadas Winx: BloomStellaFloraMusaLaylaTecnaRoxyDaphne
Especialistas: SkyBrandonRivenTimmyHeliaNabuRoyNexThoren
Inimigos: As TrixLord DarkarValtorOs Feiticeiros do Círculo NegroTritannusSelinaKalshara e BrafiliusMáis…
Outras personaxes aliadas das Winx: PixiesSelkiesAnimais máxicosMáis aliados…

Interferência de bloqueador de anúncios detectada!


A Wikia é um site grátis que ganha dinheiro com publicidade. Nós temos uma experiência modificada para leitores usando bloqueadores de anúncios

A Wikia não é acessível se você fez outras modificações. Remova o bloqueador de anúncios personalizado para que a página carregue como esperado.

En torno á rede de Wikia

Wiki ao chou