FANDOM


As Winx bebés
Tempada 7, episodio 20
Winx176.png
Información do episodio
Número de episodio total 176
Data do trinque (Italia) 30 de setembro do 2015
Data do trinque (EUA) 13 de marzo do 2016
Nomes originais
Nome en italiano Bebè Winx
Nome en inglés (EUA) Baby Winx
Sucesión de episodios
anterior
O arco da vella de Magix
seguinte
Un mundo tolo, tolo
Lista de episodios

As Winx bebés é o episodio 20 da tempada 7 da serie Winx Club e o episodio 176 en total. Estreouse o 30 de setembro do 2015 en Italia.

Argumento Editar

O episodio comeza nun mar preto dun iceberg, onde unhas focas están en perigo, e as Winx sálvanas para levalas ao Parque de Rescate dos Animais. En Gardenia, Roxy explica como as Winx salvaron esas focas. Bloom pronto presenta os seus animais máxicos, que tamén xogan coas focas.

Pero unha foca está agresiva, e non deixa que uns nenos a toquen. Roxy di que haberá un espectáculo máxico, e cando as focas foren grandes, volverán ao seu hábitat natural. Os Especialistas tamén veñen ofrecer a súa axuda. Sky e Bloom están a camiñar xuntos, e Elas tamén quere estar con eles. Pero Elas e Sky enfádanse con Bloom, e Elas vaise.

Un paxaro está a levar Brafilius polo ar, e cae no Parque de Rescate de Animais. Entón revélase que a foca agresiva é Kalshara, e prepararanlles unha trampa ás Winx para coller os animais máxicos das Winx. Kalshara coloca unha doenza ás focas, para atraer as Winx.

Uns nenos din ás Winx que as focas están doentes, e Bloom di que as Winx se encargarán. Layla detecta que falta unha foca, e buscarana. Flora cura as focas, e están ben de novo. Entón Brafilius coloca un feitizo nas Pedras das Lembranzas das Winx, e as Winx transfórmanse en bebés.

As Winx actúan como bebés, e non queren ocuparse da misión. Mentres tanto, os Especialistas non saben o que as Winx están a facer, ata que ven as Winx como bebés, pero eles non as recoñecen. As Winx transfórmanse en Butterflix, e Sky recoñéceas. Pero as Winx vanse.

Mentres que Brafilius capturará algún dos animais, Kalshara transfórmase en foca. Os animais máxicos atópanse con Kalshara, e caen na súa trampa. Mentres tanto, Bloom non consegue facer que as súas amigas se concentren na misión, pero entón atopan que os seus animais máxicos están prendidos.

Brafilius aparece e presenta o seu circo, e os poderes das Winx son moi débiles. Entón os nenos veñen ver o espectáculo, e atopan que as Winx están a atacar Brafilius, e agora parece que gañan. Sen querer, Brafilius libera Shiny e ela libera os outros animais. Ao final, Bloom consegue derrotar Brafilius.

Sky atopa Elas, e Kalshara tamén. Ela transfórmase nunha rata, e tenta asustar Sky. Pero Brafilius cae sobre ela, e Elas atácaos. Elas salva Sky, e Kalshara transfórmase nunha aguia, colle Brafilius e vanse. Elas e Sky reconcílianse. Mentres tanto, as Winx bebés van con Roxy. Entón chegan os Especialistas e Elas, e Elas devolve as Winx á normalidade.

Feitos importantes Editar

Curiosidades Editar

Galería Editar

Interferência de bloqueador de anúncios detectada!


A Wikia é um site grátis que ganha dinheiro com publicidade. Nós temos uma experiência modificada para leitores usando bloqueadores de anúncios

A Wikia não é acessível se você fez outras modificações. Remova o bloqueador de anúncios personalizado para que a página carregue como esperado.

En torno á rede de Wikia

Wiki ao chou