FANDOM


As Winx nunha trampa
Tempada 7, episodio 10
Winx166.png
Información do episodio
Número de episodio total 166
Data do trinque (Italia) 25 de setembro do 2015
Data do trinque (EUA) 7 de febreiro do 2016
Nomes originais
Nome en italiano Winx in trappola
Nome en inglés (EUA) Winx Trapped!
Sucesión de episodios
anterior
O gato máxico
seguinte
Misión na selva
Lista de episodios

As Winx nunha trampa é o episodio 10 da tempada 7 da serie Winx Club e o episodio 166 en total. Estreouse o 25 de setembro do 2015 en Italia.

Argumento Editar

O episodio comeza con Kalshara que está enfadada porque Brafilius deixou escapar ao plumagato, antes de verificar co seu diamante escuro se era o animal coa primeira cor do universo.

En Alfea, mentres tanto, as Winx e os especialistas organizan unha festa de benvida para Critty, o animal máxico de Musa. Pero os animais crean caos. Nex ten que calmar Squonk para que non inunde todo de bágoas, e Helia decide facer unha competición de Origami con Critty. Gaña Helia, e Critty enfádase. Ao final, os animais arruínan os preparatorios da festa.

As Winx chegan e atopan todo feito un desastre, e enfádanse cos especialistas porque non saben coidar dos animais. Entón vén Roxy e tamén se sorprende polo desastre, pero lles informa que o resto das Winx atoparán o seu animal máxico.

Pola noite, tras infiltrarse en Alfea, Kalshara entra e secuestra Critty. Só Squonk e Amarok ven Kalshara, pero cando Amarok lle tenta contar a Flora o que aconteceu, non lle presta atención. Só cando Musa se decata que Critty se foi, as Winx ven Kalshara a fuxir, transfórmanse e séguena.

Kalshara chega ao seu agocho e Brafilius finalmente pode comprobar se Critty é o animal que buscan. Ao non ser o animal que buscan, eles encarcérano. Critty toma contacto telepático con Musa e móstralles o camiño. No camiño a través dun sistema de condutos subterráneos atópanse con outro animal máxico: unha fénix amarela brillante, Shiny. Stella queda totalmente fascinada pola ave e pérdese.

As Winx atópanse de novo con Kalshara e son atacadas polos animais, quen están baixo a súa influencia. A ave de Stella tamén se ve afectada pola influencia e atácaa. Ela consegue tomar o impacto da ave e enlázase con ela. Xuntas únense ao resto das Winx.

Stella e Shiny enlázanse para terminar co ataque dos animais. Stella utiliza o seu poder Butterflix para liberar todos os animais, e todos son liberados e deciden atacar xuntos a Kalshara e Brafilius. Entón Kalshara destrúe a súa gruta e enterra todo. Pero conseguen atopar a saída e fuxir.

De volta en Alfea, finalmente realízase a festa, xunto con todos os animais máxicos liberados, e termina o episodio.

Feitos importantes Editar

  • Kalshara secuestra Critty, pero Musa recupéraa ao final do episodio.
  • Shiny faise o animal máxico de Stella.

Curiosidades Editar

  • En italiano, durante a danza Butterflix, Bloom non ri; mentres en inglés, si ri.
  • Nunha escena, Flora aparece coas ás púrpura.

Galería Editar

Interferência de bloqueador de anúncios detectada!


A Wikia é um site grátis que ganha dinheiro com publicidade. Nós temos uma experiência modificada para leitores usando bloqueadores de anúncios

A Wikia não é acessível se você fez outras modificações. Remova o bloqueador de anúncios personalizado para que a página carregue como esperado.

En torno á rede de Wikia

Wiki ao chou