FANDOM


As cunchas relucentes
Tempada 5, episodio 7
Winx111.png
Información do episodio
Número de episodio total 111
Data do trinque (Italia) 24 de outubro do 2012
Data do trinque (EUA) 14 de outubro do 2012
Nomes originais
Nome en italiano Le conchiglie luccicanti
Nome en inglés (EUA) The Shimmering Shells
Sucesión de episodios
anterior
O poder do Harmonix
seguinte
A canción do rubí
Lista de episodios

As cunchas relucentes é o episodio 7 da tempada 5 da serie Winx Club e o episodio 111 en total. Estreouse o 24 de outubro do 2012 en Italia.

Argumento Editar

O episodio empeza no océano de Andros, onde Layla atopa unha das Selkies, Lemmy, e enlázanse. Lemmy di que recuperou os seus poderes enlazándose con Layla, porque Tritannus roubou os seus poderes. Mentres tanto, no simulador, tres Winx están a buscar pistas.

Layla pensa que teñen que entrar nun labirinto, e Lemmy indica o camiño a Layla, Stella e Bloom. Layla atopa que o mar está cheo de petróleo, e as Winx ouven unha canción. As Winx van ata a orixe da canción, e atopan as cunchas relucentes pero están sucias. Entón aparece petróleo, e deixa inconsciente ás tres Winx e Lemmy.

Bloom ten un pesadelo onde Diaspro di que Sky non quere Bloom. Stella ten un pesadelo onde ela mesma di que non ten talento para ser deseñadora de moda. E Layla ve a Nabu que di que ela deixou que el morrese. Layla descobre que el non é Nabu, e di ás outras Winx que todo é unha ilusión. Entón as tres Winx espertan.

As Winx pensan que as ilusións veñen das cunchas relucentes, e fan que volvan brillar. Entón as cunchas relucentes din que como teñen confianza, dan un novo enigma para que atopen a xema da confianza. En Alfea, Stella decide preguntar á súa gardiá, e a gardiá chámaa “Princesa de Solaria”.

Stella pensa que a xema está en Solaria, mentres Tritannus tenta entrar en Solaria. A súa Selkie, Illiris, tenta que Tritannus non pase a Solaria, pero Tritannus absorbe os poderes de Illiris e entra en Solaria, contaminando todo. Pero queda sen toxinas, e volve ao seu aspecto normal. Tritannus di que as Trix teñen que ir á Terra.

Sky di a Bloom que quere falar con Diaspro, pero di que ela só fala dela. Vanessa chama a Bloom, e di que os mares de Gardenia están a ser contaminados, e acompañarana Musa, Tecna e Sky, mentres Stella irá a Solaria con Layla, Flora e Brandon.

Na Terra, uns homes hipnotizados están a tirar barrís de petróleo ao mar. Pero non é suficiente para Tritannus, e un home abre un tubo de petróleo para lanzar máis petróleo, e Tritannus volve ter todo o seu poder. En Gardenia, as tres Winx aparecen, e os pais adoptivos de Bloom informan ás Winx que hai unha gran vertedura de petróleo.

Stella, Flora e Layla chegan aos mares de Stella, e transfórmanse. As Winx despídense de Brandon e Roy, e entran na auga. Entón Illiris enlázase con Stella, e Lemmy di que Illiris tamén perdeu os seus poderes pero tamén os puido recuperar enlazándose con Stella.

As Winx atopan contaminación, e logo entran nunha cova onde un obxecto de prata reflicte a luz do sol. Entón son atacadas por un monstro, e petrifica Flora. Na Terra, as Trix atopan as outras tres Winx, e transfórmanse e loitan contra as Trix. Pero Sky ten que loitar contra os mutantes, e non se lembra.

As Trix sorpréndense porque agora son máis fortes. Tecna evita que caia máis petróleo, e as Trix van atacar Bloom, pero Sky lembra como loitar e protexe Bloom. As Trix son derrotadas, e vanse. Os homes espertan, e atopan que todo é un desastre. As Winx propoñen axudar aos homes a limpar a vertedura.

As outras tres Winx están a ser atacadas polo monstro. Entón Stella di a Layla que axude Flora, e co obxecto de prata, Stella reflicte o raio e o monstro é petrificado, e logo salva Flora. Layla pregunta como o sabía, e Stella di que só confiou en que funcionaría.

A xema da confianza aparece, multiplícase e cada parte da xema colócase nas caixas do Sirenix. Na Terra, as outras Winx alégranse porque atoparon a xema da confianza. Mentres tanto, Tritannus di ás Trix que agora teñen que capturar a irmá de Bloom, Daphne, e descubrir o seu segredo do Sirenix.

Feitos importantes Editar

  • Layla e Stella rapidamente enlázanse coas Selkies do seus respectivos mundos de orixe, Andros e Solaria. Layla enlázase con Lemmy e Stella con Iliris.
  • As Winx teñen éxito en gañar a xema da confianza.

Curiosidades Editar

  • Sky lémbrase só de como loitar, mais continúa sen lembrar toda a súa vida e a súa relación con Bloom.
  • Neste episodio Flora, Musa e Tecna transfórmanse en Harmonix xunto ás outras tres Winx.

Galería Editar

Interferência de bloqueador de anúncios detectada!


A Wikia é um site grátis que ganha dinheiro com publicidade. Nós temos uma experiência modificada para leitores usando bloqueadores de anúncios

A Wikia não é acessível se você fez outras modificações. Remova o bloqueador de anúncios personalizado para que a página carregue como esperado.

En torno á rede de Wikia

Wiki ao chou