FANDOM


As mozas fadas crecen
Tempada 7, episodio 2
Winx158.png
Información do episodio
Número de episodio total 158
Data do trinque (Italia) 21 de setembro do 2015
Data do trinque (EUA) 10 de xaneiro do 2016
Nomes originais
Nome en italiano Giovani fate crescono
Nome en inglés (EUA) Young Fairies Grow Up
Sucesión de episodios
anterior
O parque natural de Alfea
seguinte
Butterflix
Lista de episodios

As mozas fadas crecen é o episodio 2 da tempada 7 da serie Winx Club e o episodio 158 en total. Estreouse o 21 de setembro do 2015 en Italia.

Argumento Editar

O episodio comeza na mesma gorida de Kalshara e Brafilius cun grupo de animais máxicos capturados, entre eles a toupa que colleu anteriormente. Brafilius tenta facelos falar cun feitizo ao cal unha gaiola que estaba por enriba da súa cabeza cae e escapan tres paxaros rosas, pero usa outro truco ao cal os devolve á súa gaiola. Kalshara agradécello mas aínda así enfádase porque só hai unha toupa, Brafilius tenta facer un feitizo pero non pode e fai que a gaiola da toupa caia encima de Brafilius. Kalshara transfórmase nun león e ameaza a toupa.

En Alfea, Faragonda cita ás Winx falando sobre o incidente anterior e Roxy confirma que a ave que atacou non era existente. Faragonda explica que os animais máxicos teñen un papel importante e é a harmonía e equilibrio da dimensión máxica, e se algo caer en man equivocadas, será moi perigoso. As Winx temen que os animais máxicos e o mesma toupa sexan os últimos en existir, pero entón Faragonda di que non é así.

As Winx e Faragonda van á Sala das Lembranzas e cunha Pedra das Lembranzas retrocederán o tempo e así axudaranlles aos demais animais máxicos. As Winx collen a xoia e divídese en seis partes para a cada unha e teletranspórtanas ao pasado. Faragonda advírtelles que as xoias son poderosas e que non teñen que alterar o tempo ou acontecerán cambios drásticos no presente. Bloom asegúralles que pode confiar nelas e entón van ao pasado.

No pasado, as Winx chegan a Alfea e atopan Griselda que na súa xuventude segue tendo o comportamento perceptible para outras raparigas e rexeita a ir a unha exhibición de animais xa que tiña que ser monitora escolar. Despois descobren que anteriormente Alfea tivo animais máxicos e as demais fadas tiñan que coidar un deles. Mentres Stella fai un cambio de roupas, as Winx tropézanse cunha rapariga que ten unha toupa. Bloom sospeita algo sobre ela e o animal polo que deciden ver o que está a acontecer.

Na exhibición aparece a directora da academia, dando comezo á exhibición. Entón aparecen unhas fadas dando impresionantes trucos cunhas aguias, pero a rapariga mostra a toupa e aínda que crea unhas uvas, Roxy presente que as froitas fan que a aguia da fada sexa máis violenta. Entón a aguia ataca uns animais con plumas e entre elas unha das aguias case se leva a fada, entón a toupa escapa con outros animais.

As Winx transfórmanse para salvar a rapariga directamente ao bosque sendo invadida por uns corvos. E con varios ataques, os corvos son máis áxiles ca elas e atacan ás Winx, no entanto Tecna e Layla protexen Stella e Musa de varios corvos. Roxy por outro lado detecta que a pluma é o que a fai violenta, de modo que lla quita e libera a fada. Bloom pon en pé a fada e cúrana. Entón tres cervos óllanas fixamente, e entón aparece outra fada dominándoos e vaise.

Na oficina da directora, ela preséntase como Mavila e castiga a fada polo incidente na exhibición. A rapariga resulta ser Faragonda, para sorpresa das Winx, e como Bloom fala con Roxy en voz baixa, os animais máxicos de Mavila case as descobren. Mentres as Winx preséntanse como outras fadas dunha academia, ela móstralles un libro que contén as habilidades da maxia animal. O episodio termina con Mavila a ollar con frialdade a Faragonda polo incidente.

Feitos importantes Editar

  • As Winx viaxan ao pasado.
  • Descóbrese que Faragonda, Griselda e Kalshara foron alumnas de Alfea, e a directora entón era Mavila.
  • Descóbrese tamén que no pasado, Alfea tiña animais máxicos.

Curiosidades Editar

  • Neste episodio Roxy transfórmase de novo, desde a tempada 4. Pero esta vez, as escenas da transformación cambiaron de aparencia.

Galería Editar

Interferência de bloqueador de anúncios detectada!


A Wikia é um site grátis que ganha dinheiro com publicidade. Nós temos uma experiência modificada para leitores usando bloqueadores de anúncios

A Wikia não é acessível se você fez outras modificações. Remova o bloqueador de anúncios personalizado para que a página carregue como esperado.

En torno á rede de Wikia

Wiki ao chou