FANDOM


As pedras máxicas
Tempada 7, episodio 15
Winx171.png
Información do episodio
Número de episodio total 171
Data do trinque (Italia) 28 de setembro do 2015
Data do trinque (EUA) 28 de febreiro do 2016
Nomes originais
Nome en italiano Le pietre magiche
Nome en inglés (EUA) The Magic Stones
Sucesión de episodios
anterior
O poder do Tynix
seguinte
Regreso á Baía Paraíso
Lista de episodios

As pedras máxicas é o episodio 15 da tempada 7 da serie Winx Club e o episodio 171 en total. Estreouse o 28 de setembro do 2015 en Italia.

Argumento Editar

O episodio comeza en Pyros, onde nun volcán, as Winx teñen que tomar unha decisión: deixaren ir Kalshara de alí ou salvar os dragóns. E aos pés do volcán, Brafilius está a atacar cos seus xigantes de fogo a todos os animais máxicos das Winx.

Mentres tanto, a saúde dos dragóns está a empeorar. Stella ten a idea de utilizar a Chama do dragón de Bloom para curalos. Ela lembra de novo o seu adestramento con Maia, con quen alcanzou a súa forma Enchantix anos antes no mesmo planeta Pyros.

Na súa memoria, Maia dille a Bloom que ela non pode reavivar o fogo de Pyros coa Chama do Dragón. No entanto, Bloom vén dicir ás Winx que ten outra idea: cos seus novos poderes Tynix poden unirse ao vampiro de fogo. Entón as Winx viaxan ao Mini-Mundo das pedras preciosas.

Neste Mini-Mundo atópanse cos seus animais máxicos, que foron dirixidos polo vínculo máxico entre eles. Xuntos fan o seu camiño para descubrir pequenos dragóns chamados Clankies, eles achéganse e tentan gañarse a súa confianza. Grazas ás pulseiras máxicas do Tynix, os Clankies poden entendelas e falar con elas.

Biff, un dos Clankies, fálalles sobre o vampiro de fogo e que non pode facer nada contra el. As Winx queren axudalos. Biff lévaas cara ao corazón do volcán, onde se atopa a fonte do fogo máxico de Pyros. Xuntos tentan activar o corazón de novo.

Entón esperta o vampiro de fogo e sae do corazón. No entanto, el aínda está en posesión do lume. Elas ségueno, pero a esencia é demasiado forte, xa que vén a través do lume máxico e sempre se renova. Bloom e Elas unen as súas forzas e tentan illar o fogo máxico do vampiro de lume e destrúeno. Biff pode devolver o fogo ao corazón, e comeza a bater de novo.

O corno delas muda de cor e vólvese dunha cor prateada, que é un sinal de que se están a desenvolver os seus poderes. Mentres tanto, Brafilius vén atacar de novo coa súa irmá. Co diamante negro comproba que os dragóns non teñen a primeira cor do Universo.

Ao mesmo tempo, as Winx e os seus animais regresan e os dragóns espertan de novo. Estes oponse aos invasores para defenderse, mentres que Kalshara e Brafilius foxen e vanse.

Feitos importantes Editar

  • Primeira aparición do Mini-Mundo das pedras preciosas.

Curiosidades Editar

  • Este episodio marca a primeira aparición de Maia desde a tempada 3, pero só en recordos de Bloom.
  • En italiano, unha nova parte da letra da canción do Tynix ouviuse; mentres que en inglés, non se ouviu.
  • Nunha escena, as ás de Stella son púrpura en vez de rosa.
  • Nunha escena, as ás de Tecna son verdes en vez de púrpura.
  • Nunha escena, as ás da Flora son púrpura en vez de verdes.
  • Nunha escena, as ás de Flora son verde escuro en vez de verde claro, e as ás de Tecna son verdes en vez de púrpura.

Galería Editar

Interferência de bloqueador de anúncios detectada!


A Wikia é um site grátis que ganha dinheiro com publicidade. Nós temos uma experiência modificada para leitores usando bloqueadores de anúncios

A Wikia não é acessível se você fez outras modificações. Remova o bloqueador de anúncios personalizado para que a página carregue como esperado.

En torno á rede de Wikia

Wiki ao chou