Wiki Winx Club
Advertisement

Asedio ás bruxas é o episodio 24 da tempada 1 da serie Winx Club e o episodio 24 en total. Estreouse o 22 de marzo do 2004 en Italia.

Argumento[]

O episodio comeza nun bosque de Magix, onde Sky e Bloom están perdidos. Sky tenta arranxar o vehículo no que ían, pero non pode e deciden ir á cidade. En Alfea, Faragonda di que gañaron unha batalla, pero a guerra non acabou. Codatorta di que podería haber unha gran catástrofe.

Flora, Tecna e Musa veñen informar dunha distorsión temporal, e aparecen as bruxas coa directora Griffin e o equipo, menos Bloom e Sky. Stella vai coas outras Winx e Brandon e Riven cos Especialistas, e Stella di que non sabe que lle pasou a Bloom e Sky.

Bloom e Sky están a chegar á cidade, e Bloom preocúpase polo que poida haber na cidade, e porque non ten poderes. Sky anímaa, di que veña con el e que na cidade atoparán axuda. Bloom ouve un ruído, e resulta ser un ollo espía que informa as Trix que as bruxas conseguiron escapar menos a parella. Icy di que non lle importa Bloom agora.

Faragonda, Saladino, Griffin e Codatorta están reunidos falando da situación en que se atopan. Entón o Exército da Escuridade aparece e ataca Alfea. As Winx transfórmanse e destrúen algúns os monstros, pero aparecen máis. No bosque, Bloom e Sky están a falar, e como xa é de noite, deciden durmir. Bloom estivo a piques de dicir a Sky algo, pero non o fai.

Os Especialistas loitan contra os monstros, e cando destrúen algúns, estes volven formarse. Parece que as Trix reforzaron aos monstros. Timmy dispara ás mantas voadoras, pero as mantas lánzano ao chan e é salvado por Tecna. Griffin e Faragonda xuntan as súas forzas e destrúen bastantes monstros, pero volven formarse.

Sky esperta a Bloom e continúan andando, e entón Bloom ouve outra vez unha voz. En Alfea, os directores están reunidos, e Griffin decide enfrontarse directamente ás Trix. Fóra, Stella está a falar con Brandon sobre que Brandon non é un príncipe, e entón aparecen as outras Winx. Pero Stella crea e lanza unha almofada a Musa para que cale. Logo preocúpanse por Bloom.

Faragonda chama a todas as fadas e todos os especialistas, e din que teñen que combinar os seus poderes, xa que as Trix non coñecen o poder da unidade. No bosque, Bloom di que ten que ir ao lago Rocha Luz, e que ten que ir soa. Sky di que si en dúas horas Bloom non aparecer, el irá buscala.

A batalla volve empezar, e un monstro destrúe unha das torres de Alfea. As Winx xúntanse e destrúen algúns monstros, pero volven formarse. Entón Faragonda e Griffin di a todos que combinen os seus poderes, e despois de facer isto, os monstros acaban destruídos.

En Torre de Nubes, as Trix deciden pórse ao mando do Exército da Escuridade e ir elas mesmas ao campo de batalla. Para poder gañar, din que usarán o poder da Chama do Dragón. Na cidade de Magix, Sky atópase que toda a poboación foi convertida en estatuas e non hai ninguén vivo. No lago Rocha Luz, Bloom se mergulla para buscar a Daphne.

Feitos importantes[]

  • As bruxas boas xuntan as súas forzas cos especialistas e coas fadas para derrotar o Exército da Escuridade.
  • Bloom ouve a voz de Daphne e deixa Sky para atender a súa irmá.
  • As Winx defenden Alfea.
  • As Trix deciden actuar na guerra persoalmente.

Curiosidades[]

  • A poboación da cidade de Magix foron convertidos nunha forma semellante ao soño de Tecna do episodio 16 (Feitizo xeado).

Galería[]

Advertisement