FANDOM


Aventura en Linphea
Tempada 7, episodio 6
Winx162.png
Información do episodio
Número de episodio total 162
Data do trinque (Italia) 23 de setembro do 2015
Data do trinque (EUA) 24 de xaneiro do 2016
Nomes originais
Nome en italiano Avventura su Linphea
Nome en inglés (EUA) Adventure on Linphea
Sucesión de episodios
anterior
Un amigo no pasado
seguinte
Coidado co lobo
Lista de episodios

Aventura en Linphea é o episodio 6 da tempada 7 da serie Winx Club e o episodio 162 en total. Estreouse o 23 de setembro do 2015 en Italia.

Argumento Editar

O episodio comeza en Alfea, onde as Pixies están a coidar de Squonk, mentres Layla e as Winx están nas clases. Squonk molesta Cherie, e Cherie enfádase con Squonk. Amore dille que Squonk é moi sensible e ten que ser tratado con agarimo. Kiko e as Pixies comezan a xogar con Squonk cunha pelota, pero Squonk acaba chorando e molla todas as Pixies. No final Squonk asústase e sae correndo para buscar Layla.

Nunha clase de WizGiz, el está a ensinar ás Winx e outras fadas como funciona a maxia dos animais máxicos, e que calquera animal ou planta inofensiva pódese transformar nun monstro. WizGiz di que precisa de silencio para concentrarse nun feitizo, e entón Squonk chega e interrompe a clase de WizGiz. As Pixies tamén veñen deter Squonk, pero é demasiado tarde. WizGiz enfádase, e Bloom di ás Pixies que teñen que prometer que non interromperán de novo. Layla di a Squonk que ten que ir xogar coas Pixies fóra.

Despois das clases, Layla di que sente unha conexión entre ela e Squonk. Máis tarde, as Winx van con Roxy, e ela móstralles uns paxaros chamados Yaffles, e uns globos tecno-máxicos dos planetas do universo (entre eles está a Terra), os cales lle advirten se hai animais máxicos en perigo na Dimensión Máxica. Un paxaro descobre que en Linphea, os magilobos están en risco. Roxy non pode facer nada máis, e Bloom di que agora se encargarán elas.

As Winx inmediatamente viaxan a Linphea, e chegan á casa de Flora. As Winx sorpréndense pola casa e o seu invernadoiro, e pronto visitan os pais de Flora, Rollos e Alyssa. Eles están a curar dous magilobos que foron envelenados por esporas de fungos mutante tóxicos. Rolos e Alyssa preséntanse ás Winx, e Rolos fai bromas. Alyssa ensina as plantas do seu invernadoiro ás Winx, pero Flora di que teñen que continuar coa misión.

Mentres tanto, Bloom pregunta aos pais de Flora como poden curar os magilobos. Cando os magilobos se curan, queren que as Winx lles sigan. Entón Rolos dálle a Flora sementes de orquídeas para neutralizar o efecto das esporas dos fungos. Pero só teñen estas sementes, e as Winx terán que usalas ben e gardalas para cando for necesario.

Antes de entrar no bosque, chega Miele e quere acompañar ás raparigas. Pero Flora non quere que veña porque non quere pór a súa irmá en perigo, e lembra o que aconteceu no ataque dos Treants da tempada 6 (O poder do Bloomix). As Winx entran no bosque sen Miele, e comezan a camiñar. Pero Stella non goza co bosque, porque cae ao río e é atacada por paxaros.

As Winx e os magilobos chegan ata unha parte da selva que está infectada coas esporas do fungo. Pero os magilobos detéñense e non queren continuar porque teñen medo de ser atacados polas esporas dos fungos de novo. As Winx entran soas na zona dos fungos, pero Flora descobre que un animal as está a observar. Bloom di que teñen que seguir adiante. Pero as Winx tocan un fungo, e os fungos comezan a atacalas e tentan collelas e capturalas. As Winx transfórmanse.

As Winx atacan os fungos, pero os seus ataques non serven e Musa e Stella son capturadas polos fungos, que lles tiran os seus poderes e a súa enerxía máxica. Tecna, Layla e Bloom tamén son capturadas, e só queda Flora para salvar as súas amigas. Ela decide utilizar as sementes de orquídeas para deter o ataque, pero Flora tamén é capturada por un fungo e as sementes quedan fóra do alcance de Flora, e termina o episodio.

Feitos importantes Editar

  • Primeira aparición do pai de Flora, Rollos.
  • Revélase o nome da nai de Flora, Alyssa.

Curiosidades Editar

  • Este episodio marca a primeira aparición dos Magilobos e de Amarok.
  • É revelado neste episodio que o poder Butterflix é a esencia da natureza, e por iso non poden prexudicar a propia natureza.
  • Este episodio marca a primeira aparición da xoaniña xigante desde a tempada 6. No entanto ela xa apareceu na tempada 3.

Galería Editar

Interferência de bloqueador de anúncios detectada!


A Wikia é um site grátis que ganha dinheiro com publicidade. Nós temos uma experiência modificada para leitores usando bloqueadores de anúncios

A Wikia não é acessível se você fez outras modificações. Remova o bloqueador de anúncios personalizado para que a página carregue como esperado.

En torno á rede de Wikia

Wiki ao chou