FANDOM


Benvida a Magix
Tempada 1, episodio 2
Winx2.png
Información do episodio
Número de episodio total 2
Data do trinque (Italia) 30 de xaneiro do 2004
Data do trinque (EUA) 26 de xuño do 2004
Nomes originais
Nome en italiano Benvenuti a Magix!
Nome en inglés (EUA) Welcome to Magix!
Sucesión de episodios
anterior
Un acontecemento inesperado
seguinte
A escola Alfea para fadas
Lista de episodios

Benvida a Magix é o episodio 2 da tempada 1 da serie Winx Club e o episodio 2 en total. Estreouse o 30 de xaneiro do 2004 en Italia.

Argumento Editar

O episodio comeza en Magix, Bloom deixa a Terra para ir con Stella a Alfea, e está acompañada polos seus pais e Kiko. Cando están a chegar, Mike e Vanessa non poden continuar por un muro protector de criaturas non máxicas (pero Kiko si), e Bloom despídese dos seus pais, e Stella faios volver á Terra. Bloom e Stella diríxense a Alfea.

Na escola, Bloom faise pasar pola princesa “Varanda de Calisto” para poder entrar. Griselda pasa a lista, e pregunta a Stella que tras suspender por que volve, e Stella di que nunca se rende. Griselda tamén comenta cando están todos que Stella se cargou o laboratorio o ano pasado, e Stella di que os seus pais pagaron os danos. A directora Faragonda dálles a benvida, e dilles entre outras cousas que se manteñan afastadas das bruxas de Torre de Nubes. Stella explica que hai tres escolas, Alfea, a escola dos mozos Especialistas chamada Fonte Vermella e a escola de bruxas chamada Torre de Nubes.

Bloom e Stella van á súa habitación e alí coñecen as súas compañeiras: Flora, Musa e Tecna. Bloom compartirá a habitación con Flora. Ao principio Bloom preséntase co seu nome verdadeiro, pero Stella dille que diga que é Varanda de Calisto. As outras propoñen ir dar unha volta por Magix, e Bloom quere ir comer pizza. As outras non saben o que é, e Bloom di que é a comida típica de Calisto, e van á cidade. Alí Knut, o ogro que atacara Bloom e Stella en Gardenia, veas na cidade e informa tres misteriosas bruxas de Torre de Nubes: as Trix (Icy, Darcy e Stormy).

Mentres tanto, Tecna arranxa o móbil de Bloom para poder chamar á súa casa e ela ponse a falar cos seus pais, pero nese momento ve Knut e ségueo. Cando el está a falar con Icy, Darcy e Stormy, Bloom está a espialos, Darcy descóbrea cun truco e deixa un clon dela e a verdadeira bruxa tórnase invisíbel e aparece detrás de Bloom. Entón as Trix atacan a Bloom conxelándoa, mentres tanto as súas compañeiras polo atraso van buscala e elas afróntanse ás bruxas. As catro transfórmanse e comezan unha batalla.

Cando a batalla chegou a un punto morto, as cinco mozas escapan dali. Stella acorda Bloom e quécea de novo, e cando Stella está a falar con Bloom esquece que ela estaba a facerse pasar por outra persoa e chámaa polo seu nome. As outras descóbreno, e decide revelar que é da Terra e non de Calisto. Despois regresan a Alfea onde a directora Faragonda e Griselda as esperan, xa que elas descubriron de que Bloom non é quen di ser, pero a directora deixa Bloom quedar porque é unha fada e quere cumprir o seu soño.

Xa nas habitacións, Bloom di ás outras que farán un grupo cun nome, xa que as tres bruxas que as atacaron chámanse “as Trix”. Todas quedan sorprendidas e Stella comeza a suxerir nomes ridículos para o grupo, que aos outros non lles gustan. Ao final, Bloom propón que se chamarán “Winx” e fai un cartel con ese nome. As outras Winx non saben que significa, e Bloom di que non significa nada, “só Winx”.

Feitos importantes Editar

  • Bloom é inscrita en Alfea. Pero ao inicio preséntase como “Varanda de Calisto”.
  • Bloom coñece Flora, Tecna e Musa.
  • Bloom encontra as Trix: Icy, Darcy e Stormy.
  • Tecna, Musa e Flora son transformadas por primeira vez na serie.
  • O equipo “Winx Club” é creado.

Curiosidades Editar

  • Non é revelado como Kiko foi capaz de atravesar a barreira ata o final da tempada.
  • Cando Stella e Bloom chegan ata a praza principal, na chegada a Alfea, Flora, Musa e Tecna (que aínda eran todas descoñecidas) foron observadas entre as outras alumnas, e converxen no mesmo punto, como se fosen atraídas.
  • Faragonda mencionou que as fadas da Terra desapareceron hai moito tempo, cando ela quedou sorpresa que Bloom vén da Terra. É explicado máis tarde pola revelación das Trix que Bloom realmente naceu en Domino e foi enviada á Terra pola súa irmá Daphne para protexela. Pero isto podería ser visto como prenúncio dos eventos da tempada 4, que Faragonda dixo que os Feiticeiros do Círculo Negro fixeran fóra as fadas da Terra centenares de anos antes porque todas foron capturadas polos Feiticeiros.

Galería Editar

Interferência de bloqueador de anúncios detectada!


A Wikia é um site grátis que ganha dinheiro com publicidade. Nós temos uma experiência modificada para leitores usando bloqueadores de anúncios

A Wikia não é acessível se você fez outras modificações. Remova o bloqueador de anúncios personalizado para que a página carregue como esperado.

En torno á rede de Wikia

Wiki ao chou