Wiki Winx Club
Advertisement

Bloom contra Nébula é o episodio 23 da tempada 4 da serie Winx Club e o episodio 101 en total. Estreouse o 6 de novembro do 2009 en Italia.

Argumento[]

O episodio empeza na nave de xeo de Aurora, onde Nébula capturou as Winx. Roxy está a morrer de frío, e Bloom empeza a enfrontarse contra Nébula. Bloom fai unha aposta con Nébula: loitará contra ela, e se Bloom gañar, Nébula liberaraas. Nébula crea unha gaiola de xeo ao redor das Winx.

A nave de Aurora chega sobre Gardenia, e detense. Bloom dáse conta que Morgana protexe Roxy, e se cadra teñen algunha conexión. Roxy esperta, pero o xeo empeza a tremer. Morgana aparece, e saca Roxy do bloque de xeo. Morgana di a Roxy que deixe as Winx, pero Roxy négase. Roxy quere que Morgana deixe a vinganza, e entón aparece Nébula.

Nébula di a Morgana que non escoite as Winx e teñen que vingarse dos Feiticeiros do Círculo Negro, e Morgana di que a loita de Nébula contra Bloom é xusta, e teñen que facela. Bloom empeza a loitar contra Nébula, e Bloom ao principio parece derrotada, pero logo levántase e continúa a loitar.

Bloom e Nébula continúan a loitar, pero Nébula empeza a perder o control. Nébula empeza a lanzar bloques grandes de xeo sobre Gardenia, pero Bloom detén a caída do xeo. Bloom logra derrotar Nébula, pero queda esgotada e cáese. E Roxy salva Bloom da caída. Morgana entende que Bloom gañou, e libera as Winx.

Nébula segue descontrolada, e Morgana di a Nébula que se deteña. Aurora conxela Nébula, e di que teñen que cumprir a súa palabra. Morgana di que parará a súa vinganza contra os humanos, e Nébula enfádase con Morgana. Ao final, Morgana di que ela xulgará os Feiticeiros do Círculo Negro e terán un xuízo xusto, e ten que ser Ogron quen lle entregue o Círculo Negro.

Morgana crea un portal para que as Winx volvan a Gardenia, e entón aparecen as fadas etéreas, que dan ás Winx un novo don: o don negro, que pode salvar unha persoa da morte. Pero só poderán salvar unha persoa. Na cova de Sibylla, as Winx falan cos Feiticeiros do Círculo Negro e din que Ogron ten que dar o Círculo Negro a Morgana.

No bar Frutti Music, as Winx están a facer un concerto. Cando acaban, as Winx falan cos Especialistas sobre a súa última misión. Layla está preocupada, e Nabu di a Layla que volveu dunha misión e agora todos estarán ben. O episodio acaba con que cada unha das Winx están na praia de Gardenia cos seus noivos.

Feitos importantes[]

  • Bloom loita contra Nébula, e Nébula é derrotada.
  • Morgana e as fadas da Terra deixan a campaña de vinganza.
  • As fadas etéreas dan ás Winx o último don do destino: o don negro, que poderá usarse para salvar alguén da morte, mais só poderá usarse unha vez.
  • As Winx descobren que existe unha conexión entre Roxy e Morgana.

Curiosidades[]

  • Brandon se cadra propuxo a Stella casar, mostrándolle un anel cando están na praia ao final do episodio.
  • Este un dos poucos momentos en que Bloom fai unha acción soa por instinto.

Galería[]

Advertisement