FANDOM


Coidado co lobo
Tempada 7, episodio 7
Winx163.png
Información do episodio
Número de episodio total 163
Data do trinque (Italia) 24 de setembro do 2015
Data do trinque (EUA) 31 de xaneiro do 2016
Nomes originais
Nome en italiano Attenti al magilupo
Nome en inglés (EUA) Beware Of The Wolf
Sucesión de episodios
anterior
Aventura en Linphea
seguinte
Na Idade Media
Lista de episodios

Coidado co lobo é o episodio 7 da tempada 7 da serie Winx Club e o episodio 163 en total. Estreouse o 24 de setembro do 2015 en Italia.

Argumento Editar

O episodio comeza con que as Winx se atopan presas polos fungos mutantes, pero o antídoto para neutralizalos está fóra do alcance de Flora. As Winx están inconscientes, e Flora tenta resistir. No último momento chega Miele, usa o antídoto para restaurar os fungos ao seu estado natural e salva as Winx. As Winx dan as grazas á irmá de Flora, e xuntas, buscarán os magilobos.

As Winx non atopan ningún magilobo, e Bloom pensa que eles escaparon por medo. No entanto, un magilobo está a observalas. As Winx collen unhas xoaniñas xigantes, e Flora di a Miele que se arriscou moito, pero descubriu que a súa irmá creceu. Miele promete estar atenta, e Flora acepta que veña con elas. As Winx comezan a voar coas xoaniñas xigantes, pero Stella non sabe conducir a xoaniña. Cando chegan ao chan, as Winx non atopan Stella, porque ela está a ser atacada polas plantas pola súa falta de destreza.

Os fungos volven transformarse e tentan atacar ás Winx de novo. As Winx tentan transformarse, pero non poden. Entón a natureza fai que os fungos volvan á normalidade, pero non ten suficiente enerxía e os fungos volven atacar ás Winx. Flora di que sabe o que ten que facer, leva as raparigas ao centro do bosque. Cando chegan ao centro do bosque, atópase a orixe da mutación: unha fonte de maxia nun lago. Pero un lobo interponse no camiño, pero non ataca. Resulta que el quere protexer a súa familia, que foi capturada polos fungos.

As raparigas son atacadas de novo. Pero as Winx recuperan os seus poderes Butterflix, e desta vez, elas deféndense e tentan atacar con ferramentas, tales como ramos e pedras aos cogomelos, xa que os ataques directos non teñen ningún efecto. O lobo salva Miele de ser capturada, e Flora calma o lobo. Pero é capturado. Flora utiliza os seus poderes Butterflix e convida a natureza a axudar. Entón a natureza tenta restaurar os fungos.

O fungo que capturara Amarok é restaurado, e Amarok é liberado. Entón Flora vai con Amarok, e enlázanse. Flora consegue borrar a fonte da maxia salvaxe e o bosque é restaurado, e a familia de Amarok é liberada. Amarok agradece a Flora por salvalos, e van a casa de Flora. Pero en casa de Flora, Amarok comeza a esnaquizar todo, e Rollos e Alyssa din que é un desastre. Bloom di que teñen que volver a Alfea.

De novo en Alfea, as Pixies volven coidar Squonk e Amarok. Tamén esta vez interrompen as leccións de WizGiz e crean caos. Amarok ataca WizGiz e fai que as súas pernas crezan, e Squonk comeza a chorar. As Pixies non se atreven a entrar, e Flora calma Amarok mentres Layla calma Squonk. Pero Amarok lambe Squonk, e non lle gusta e ponse a chorar. WizGiz di que cando a campá de fin de clases soará, e termina o episodio.

Feitos importantes Editar

  • Amarok faise o animal máxico de Flora.

Curiosidades Editar

  • Nunha escena, as ás de Stella son púrpura en vez de rosa.
  • Nunha escena, as ás de Tecna son rosas en vez de púrpura .
  • Nunha escena, Lori está sentada xunto a Musa en vez de Flora e Tecna está sentada diante de Flora en vez de xunto a Layla.

Galería Editar

Interferência de bloqueador de anúncios detectada!


A Wikia é um site grátis que ganha dinheiro com publicidade. Nós temos uma experiência modificada para leitores usando bloqueadores de anúncios

A Wikia não é acessível se você fez outras modificações. Remova o bloqueador de anúncios personalizado para que a página carregue como esperado.

En torno á rede de Wikia

Wiki ao chou