FANDOM


Escoita o teu corazón
Tempada 5, episodio 22
Winx126.png
Información do episodio
Número de episodio total 126
Data do trinque (Italia) 18 de abril do 2013
Data do trinque (EUA) 5 de maio do 2013
Nomes originais
Nome en italiano Ascolta il tuo cuore
Nome en inglés (EUA) Listen To Your Heart
Sucesión de episodios
anterior
Un encontro perfecto
seguinte
O ollo do tiburón
Lista de episodios

Escoita o teu corazón é o episodio 22 da tempada 5 da serie Winx Club e o episodio 126 en total. Estreouse o 18 de abril do 2013 en Italia.

Argumento Editar

O episodio empeza no Océano Infinito, onde Tritannus e as Trix planean roubar o último selo da columna do control, sen saber que as Winx o destruíron. En Alfea, unhas fadas están a xogar a un voleibol máxico, e ao final o equipo das Winx perdeu e o equipo de Krystal gañou.

Krystal abraza Helia, pero el ama Flora. En Eraklyon, Sky sae fóra do palacio e fala con Helia, pero Diaspro ordena aos gardas que volva ao palacio. En Alfea, Bloom está a pensar en Sky, e entra Flora chorando. Ela explica que cre que Helia quere Krystal. Bloom di a Flora que Helia quere a ela e non a Krystal.

Tecna di a Flora que fale con Helia sobre isto, porque a ela lle funcionou con Timmy. Entón Tecna recibe novas noticias de Zenith, e o rei Cryos informa que Zenith non se unirá á alianza e defenderase en solitario. Tecna di ás Winx que teñen que ir a Zenith e convencer Cryos que se una á alianza.

En Zenith, Tecna explica ás Winx como é a cidade principal, e Stella atopa un centro comercial e quere ir. Tecna di a Stella que unha máquina dá os pedidos automaticamente. Stella empeza a pedir cousas, e estraga a máquina. As Winx deixan a tenda e van cara ao palacio para falar con Cryos.

No Océano Infinito, as Trix atacan as Selkies que están na columna do control. Cando Tritannus disponse a roubar o selo da columna do control, atopa que o selo non está. As Selkies informan que as Winx destruíron o selo. Tritannus entra en rabia e empeza a destruír a columna do control.

En Zenith, empezan a caer raios. A xente empeza a correr, e os robots de Zenith empezan a disparar sen control. As Winx transfórmanse para salvar Zenith. As Winx descobren que os robots de Zenith están a atacar o palacio, porque están baixo un feitizo escuro.

O rei Cryos atópase rodeado por robots enfeitizados, ata que aparecen Tecna e as Winx e protexen o rei Cryos. Flora di a Bloom que lance un ataque sobre ela, e así os robots confúndense e son destruídos. No Océano Infinito, todas as Selkies veñen atacar as Trix, e logo atacan Tritannus para que deixe de atacar a columna do control.

Tritannus e as Trix vanse da columna do control, e todo volve á normalidade. O rei Cryos di que a tecnoloxía de Zenith fallou, pero as Winx salvárono. Tecna di a Cryos que reconsidere a unión á alianza de planetas, e Cryos acepta unirse.

A gardiá do Sirenix de Tecna di que Tecna gañou o seu desexo, e Tecna usa o seu desexo para que a xente de Zenith estea conectada a todos os planetas da dimensión máxica. En Alfea, Bloom recibe unha mensaxe que Sky quere vela, e entón aparece Sky en persoa, e Bloom sóbese á moto de Sky.

Bloom perdoa Sky, e Bloom empeza a lembrar as súas aventuras con Sky. No Océano Infinito, Tritannus está con moita rabia porque non será emperador, e pregunta a Daphne. Daphne fala a Tritannus de Politea, unha fada Sirenix que quixo moito poder e converteuse nun monstro. Darcy e Stormy din que buscarán Politea, roubarán o seu poder e actuarán sen Icy e Tritannus.

Feitos importantes Editar

  • Flora comeza a pensar que Helia quere estar con Krystal.
  • Tecna usa o seu desexo do Sirenix.
  • Bloom e Sky reconcílianse.
  • Darcy e Stormy abandonan Icy con rabia.

Curiosidades Editar

  • Esta é a primeira vez que aparece unha cidade de Zenith.
  • Cando Tecna usa o seu desexo, as súas ás desaparecen.
  • Antes de ir as Winx a Zenith, o colar de Tecna desaparece e reaparece en varias escenas.
  • Nunha escena, o colar de Musa falta.

Galería Editar

Interferência de bloqueador de anúncios detectada!


A Wikia é um site grátis que ganha dinheiro com publicidade. Nós temos uma experiência modificada para leitores usando bloqueadores de anúncios

A Wikia não é acessível se você fez outras modificações. Remova o bloqueador de anúncios personalizado para que a página carregue como esperado.

En torno á rede de Wikia

Wiki ao chou