FANDOM


Feitizo xeado
Tempada 1, episodio 16
Winx16.png
Información do episodio
Número de episodio total 16
Data do trinque (Italia) 3 de marzo do 2004
Data do trinque (EUA) 2 de outubro do 2004
Nomes originais
Nome en italiano Il nemico nelľombra
Nome en inglés (EUA) Cold Spell
Sucesión de episodios
anterior
Honra por riba de todo
seguinte
Segredos e máis segredos
Lista de episodios

Feitizo xeado é o episodio 16 da tempada 1 da serie Winx Club e o episodio 16 en total. Estreouse o 3 de marzo do 2004 en Italia.

Argumento Editar

O episodio comeza en Torre de Nubes, onde as Trix comezan a conxurar os seus obxectos máxicos. Cando acaban, quedan esgotadas, pero un monstro de pesadelos sae do castelo. En Alfea, as Winx falan da próxima a reunión de pais e profesores. Stella di que verá os seus pais xuntos, e Musa di que como mínimo veraos, pero ela non verá a súa nai. Flora di que algo vai mal, pero non sabe que. Tecna ve algo, pero non facen nada e van durmir.

Na habitación de Stella, o monstro entre nela. No seu soño, comeza a ver un espello e ponse feliz, pero desaparece e unha onda de auga engólella. Despois aparecen os seus pais, e tamén desaparecen. Na realidade, o monstro convértese nun maior. Stella esperta gritando.

As Winx veñen á súa habitación, e explica que a parte do pesadelo, hai alguén que os observa. Tecna di que tiña razón, pero as outras Winx non facen nada e van de novo durmir á cama. Esta vez o monstro ataca Musa: soña co planeta Melodía e ve a súa nai, pero despois desaparece. Todo tórnase escuro, e comeza a gritar o nome de Riven, sen resposta. O monstro faise maior.

Agora o monstro ataca Tecna. Ela comeza a ver números, pero despois atópase atrapada nun papel. Despois ve un planeta totalmente tecnolóxico, que acaba destruído. Ao final ve Timmy, deformado. Cando esperta, ve unha sombra. Tecna vai á cama de Musa, e ela di que atópase baleira por dentro. Veñen as outras á habitación.

Musa explica ás outras o seu soño, e despois Tecna explica o seu. Bloom comeza a sospeitar, e Stella explica o que aconteceu por agora. Flora ouve que pasa algo con Mirta, e Kiko vai con ela. Flora fai que fale como un holograma, e Mirta explica que a criatura quere coller Bloom. Ao final di que se preparen a próxima noite.

As Winx comezan a explicar o que aconteceu e facen plans, e Bloom lembra que non sabe quen son os seus pais. Stella preocúpase que aínda que sabe quen son os seus pais, eles trátana como se non existise. Mentres tanto, Flora tenta transformar Mirta á súa forma humana. Stella pregunta sobre Brandon, e Bloom di que só é un amigo e que hai tempo que non sabe nada del.

En Torre de Nubes, as Trix din que cando esgotaren as outras Winx con pesadelos, atacarán Bloom. Pola noite, todas comezan a durmir, e a cabaza de Mirta comeza a brillar. Kiko vai buscar Bloom, e avísaa de Flora. O monstro disponse a atacar Flora, pero ela está esperta e ataca ao monstro, e chama Bloom. O monstro vaise, e aparecen as outras.

As cinco raparigas transfórmanse. Cando Stella ataca ao monstro, ela ten unha visión provocada polo monstro. Foxe, e Mirta di a Flora que non se preocupe, e quen en realidade está en perigo é Bloom. O monstro ataca a Bloom, e ela ten visións. As outras din que os pesadelos esgotaron as súas forzas. Conseguen saír a fóra, pero as Trix están a ollar todo o que acontece.

O monstro ataca ás Winx, e Tecna comeza a ter visións. Despois cae Musa. Entón chegan as Trix, e seguen atacando. O monstro colle Bloom, pero entón aparece Faragonda e despois as outras fadas pola xanela. Faragonda destrúe o gran monstro, e cando vai para as Trix, elas desaparecen de alí. A directora pide ás súas alumnas explicacións, pero elas non saben nada do que as Trix querían.

Faragonda fala coa directora Griffin, e cando as Trix chegan a Torre de Nubes, Griffin aparece e di que esta vez foron demasiado lonxe, e despois expulsa as Trix de Torre de Nubes polo que fixeron. As Trix din que buscarán vinganza disto, e que destruirán ás Winx.

Feitos importantes Editar

  • Icy, Darcy e Stormy son expulsadas de Torre de Nubes.

Curiosidades Editar

  • O pesadelo de Stella é que o espello onde ela estaba a ollarse desaparece, e despois ela ten que escoller con cal dos seus dous pais ela quere quedar.
  • O pesadelo de Musa é que a súa nai desaparece e Riven non ouve a súa chamada.
  • O pesadelo de Tecna é que queda atrapada nos números e queda como unha momia e, axiña, enrolada como nun pergamiño; e despois nun mundo totalmente tecnolóxico terminando destruído, e no final aparece Timmy deformado.
  • O pesadelo de Bloom envolve Mike, Vanessa, e Brandon.
  • Flora non ten ningún pesadelo.

Galería Editar

Interferência de bloqueador de anúncios detectada!


A Wikia é um site grátis que ganha dinheiro com publicidade. Nós temos uma experiência modificada para leitores usando bloqueadores de anúncios

A Wikia não é acessível se você fez outras modificações. Remova o bloqueador de anúncios personalizado para que a página carregue como esperado.

En torno á rede de Wikia

Wiki ao chou