Wiki Winx Club
Registrarse
Advertisement

O Fénix das sombras é o episodio 1 da tempada 2 da serie Winx Club e o episodio 27 en total. Estreouse o 19 de abril do 2005 en Italia.

Argumento[]

O episodio empeza nun castelo, onde unha moza está a escalar este castelo. Entón ela chega até unhas pequenas criaturas, que están a falar de escapar deste castelo. A moza métese dentro, e as criaturas ao principio teñen medo ata que descobren que é a moza que apareceu antes, e parece que as criaturas a coñecen.

A moza pregunta por Piff, que resulta ser unha destas criaturas con forma de bebé, e revela que a moza e o bebé están enlazados. A moza decide escapar coas criaturas, e a moza revela ser unha fada. As criaturas pequenas conseguen saír do campo de forza, e a moza di que un Fénix lle absorbeu case toda a súa enerxía.

Revélase que as criaturas se chaman “Pixies”, e entón revélase a aparencia do Fénix, que di que non escaparán del. E envía uns monstros para deter á fada e as Pixies. Logo di que a moza pode morrer, pero quere que as Pixies sigan vivas.

As Pixies empezan a analizar a zona, e a moza di xa falarán logo. Entón aparece un monstro, que ataca á fada. Empezan a correr, pero atópanse co Fénix e di que quere as Pixies. Entón a moza négase, e o Fénix captura ás Pixies e ataca á fada. Ela protéxese cun campo de forza, pero o Fénix captúraa e lánzaa ao baleiro. Logo di que ninguén sobrevive a unha caída desta altura.

En Alfea, as Winx están a preparar unha festa. Bloom vai con Flora, que está con flores. Stella tenta elixir a mellor roupa, e pide axuda a Bloom. Pero Bloom non sabe que dicir, e vaise. Entón ve un cabalo de mar pequeno e voador, e Bloom tenta chegar a el.

Perseguindo a ese cabalo, métese nunha zona que nunca estivo. Atopa unha porta na parede, e atopa unha nova biblioteca chamada “Sección Secreta de Alfea”. Alí, Concorda, a Pixie responsable deste lugar, explica quen son as Pixies e que fan, e que algunhas fadas se poden enlazar coas Pixies. Logo explica que os animais pequenos se chaman “Pixiemascotas”.

Na festa, as Winx preguntan onde está Bloom, cando ela chega. Stella arranxa o vestido a Bloom, cando ouven un ruído. Resulta que veñen os Especialistas. Sky vai con Bloom e Brandon vai con Stella, e tamén está Riven. Timmy chega nunha nave diferente.

Faragonda empeza a festa e fai subir Bloom ao escenario. Pero ela di que todas as Winx subirán ao escenario. A directora arranxa o que destruíron as Trix co Exército da Escuridade anteriormente, e entón ela di que empezou un novo ano en Alfea.

O Fénix quere saber onde está a aldea das Pixies porque alí hai algo chamado “Códice”, e as Pixies non queren. O Fénix ataca ás Pixies. Bloom está a falar con Sky, e el quere saber que viu Bloom. Mentres tanto, Stella está a contar cousas. Os mozos din que teñen que volver a Fonte Vermella.

Cando os mozos se foron, Flora detecta algo nas árbores. Bloom vai con Flora, e atopa a fada que apareceu co Fénix e queda desmaiada xusto ao chegar a Alfea. Tecna analízaa, e di que está esgotada. Stella deixa caer algo dela, e Bloom recoñece que é unha Pixie. As outras non entenden nada.

Feitos importantes[]

  • Primeira aparición de Layla.
  • Layla vai ao castelo do Fénix para salvar as Pixies.
  • O principal inimigo desta temporada, Lord Darkar, é revelado.
  • Os poderes de Layla son revelados.
  • As Winx comezan un novo ano escolar.
  • Layla vén a Alfea con Piff.

Curiosidades[]

  • Aparece por primeira vez a Sección Secreta de Alfea.
  • Ninguén das Winx se transforma neste episodio.
  • Riven viste unha camisa coa bandeira do Reino Unido, da Terra.

Galería[]

Advertisement