Wiki Winx Club
Advertisement

O espectáculo ten que continuar é o episodio 15 da tempada 2 da serie Winx Club e o episodio 41 en total. Estreouse o 2 de xuño do 2005 en Italia.

Argumento[]

O episodio empeza en Fonte Vermella, onde Musa vai facer un concerto. Logo Musa vai pór flores á tumba da súa nai. No castelo de Lord Darkar, Stormy quere vingarse de Musa polo que lle fixo en Alfea co feitizo da choiva, e transfórmase nunha fada para infiltrarse no seu concerto.

En Fonte Vermella, Brandon está con dúas mozas, e logo vanse. Entón crúzase con Stormy, sen saber que é ela, pero Stormy ignora Brandon. En Alfea, Layla está a facer prácticas de baile, e logo aparece bailando en Fonte Vermella. Musa fai prácticas en Fonte Vermella e non sabe se o fará ben. Entón vén o seu pai, Ho-Boe. Stormy está a ollar todo.

Ho-Boe di que teñen que falar de algo en privado. El enfádase porque Musa se namorou de Riven, e di que a Musa non lle convén Riven. Logo di que non quere que Musa sexa cantante, polo que lle pasou á súa nai. Logo quere cambiar de escola a Musa. Ela ponse a chorar, e Layla vén consolala.

Musa explica a súa historia dos seus pais, e como Ho-Boe coñeceu a Wa-Nin, e logo naceu Musa. Un día Wa-Nin púxose enferma. Eles eran moi pobres, e como non tiñan diñeiro para médicos e medicamentos, Wa-Nin morreu. Entón Ho-Boe non quixo saber nada da música. Logo Musa di a Layla que ela quere ser a fada da música, e Layla di que faga un bo concerto.

O concerto empeza, e Musa aparece con Stella, aínda que Stella fai algúns erros. Logo aparece Brandon e Sky facendo a danza do lume. Brandon está a pensar en Stormy, e mentres tanto Stormy pretende humillar Musa. Codatorta di que vai saír Musa. Ela empeza a cantar bastante ben, e mentres tanto lémbrase da súa nai.

Mentres Musa canta, Stormy volve ao seu aspecto de bruxa e ataca Ho-Boe. Musa enfádase e transfórmase para loitar, pero Stormy di que se Musa a atacar poderá ferir os espectadores.

Musa di que todos canten xuntos. Ninguén entende que quere, pero Riven di a todos que canten como Musa dixo. Todos comezan a cantar. Stormy non sabe para que serve. Despois de cantar todos, Musa xunta o poder de todos os que cantan e ataca Stormy, e ela perde os seus poderes.

Unha vez que Stormy non ten poderes, Musa envía Stormy lonxe de Fonte Vermella. Riven axuda Ho-Boe a levantarse, e Musa ve que o seu pai cambiou de opinión con Riven e da música.

Ao final do episodio, en lugar de aparecer os créditos habituais da serie, aparece outro concerto con todas as seis Winx. Cada unha di unha frase, e todos comezan a bailar. Musa fai subir ao escenario a outras mozas, e todas comezan a bailar coas Winx.

Feitos importantes[]

  • Musa fai unha visita ao túmulo da súa nai.
  • Revélase que os pais de Musa actuaban en teatros.
  • Musa conta a historia da súa nai e o seu pai a Layla.
  • Riven axuda Musa a derrotar Stormy e coñece o pai de Musa, Ho-Boe.

Curiosidades[]

  • Este é o segundo episodio en que Stormy aparece soa.
  • Bloom, Tecna e Flora fan unha participación especial.
  • Neste episodio aparecen moitos personaxes que fan unha participación especial pero non falan, como os profesores de Alfea.

Galería[]

Advertisement