Wiki Winx Club
Advertisement

A compañía da luz é o episodio 7 da tempada 3 da serie Winx Club e o episodio 59 en total. Estreouse o 12 de febreiro do 2007 en Italia.

Argumento[]

O episodio empeza nun planeta de tranquilidade, onde unha parella chega para pasar as súas vacacións. Pero unha nube cobre o ceo do planeta, e aparecen as Trix e Valtor. Os habitantes quedan asustados.

En Alfea, as Winx chegan, e Griselda vén rifalas por latar ás clases. Pero Bloom di que non é o momento porque Layla precisa de axuda. As Winx van con Faragonda.

Stella chega coas outras Winx, e Faragonda explica que Layla sufriu un feitizo de cegueira de Valtor, pero tamén conseguiu o Enchantix, a transformación de fada definitiva.

Faragonda di a Layla que co seu po de fada das súas ás pode curar a súa vista. Layla usa o po de fada e rompe este feitizo, co que volve ver. Pero Griselda di que teñen un castigo pendente na biblioteca.

Sky vén ver Bloom, e explícalle que o reino de Eraklyon celebrará os seus 1000 anos de existencia e quere anunciar o seu noivado. Bloom quere ir, pero está o castigo de Griselda.

As Trix tentan falar con Valtor sobre os poderes que conseguiron ultimamente en varios planetas, pero el só está a pensar en Bloom. Valtor di que a estivo a observar e ten unha idea coa festa de Eraklyon.

Faragonda crea unha cúpula máxica en Alfea e informa o ataque de Valtor, e que Alfea acabará sendo o seu obxectivo polos seus segredos, e por iso ninguén poderá entrar nin saír da escola sen un permiso de Griselda.

Griselda di ás Winx que teñen que ordenar unha montaña de libros da biblioteca. E resulta que son libros de sortilexios, e algúns poden converterse en monstros. Stella quere usar a maxia dos libros para que axuden ás Winx.

Stella abre un libro, e entón sae un monstro del. As Winx transfórmanse, e usan converxencias para protexer os libros. Pero o monstro continúa a atacar. Flora colle o monstro e Bloom fai que volva ao libro.

En Eraklyon, Diaspro está enfadada pola relación entre Sky e Bloom. Valtor aparece e di que quere axudar Diaspro para superar Bloom, e dálle un frasco para que o use en Sky. Logo desaparece.

As Winx están a pensar na festa. Bloom non sabe que facer, e as outras Winx ensinan a Bloom a ser unha princesa. Entón Tecna di que atrasaron a limpeza, e Bloom di que poderán acabar a limpeza a tempo para a festa.

Faragonda e Griselda din ás Winx que o fixeron ben, pero Faragonda di a Bloom que antes que ela vaia a Eraklyon, quere contarlle unha cousa.

Ela di que Valtor foi creado por unha faísca do Dragón que caeu na escuridade, e a Compañía da Luz que foi fundada polos pais de Bloom loitaron contra Valtor. Bloom quere saber se os seus pais seguen vivos, e di que Valtor o sabe.

Feitos importantes[]

  • As Winx descobren o Po de Fada da transformación Enchantix, que pode romper feitizos escuros.
  • Layla rompe o feitizo de Valtor nela co seu Po de Fada e consegue ver de novo.
  • Bloom é convidado por Sky a unha festa en Eraklyon.
  • Valtor e as Trix atacan Espero.
  • Faragonda crea unha barreira protectora en Alfea.
  • Diaspro aparece de novo como antagonista.
  • Bloom sabe máis sobre os seus pais biolóxicos.
  • Bloom descobre que Faragonda, Griffin e Saladino formaban parte da Compañía da Luz, xuntamente co rei Oritel e a raíña Marion.

Curiosidades[]

  • Primeira aparición do Po de Fada.

Galería[]

Advertisement