Wiki Winx Club
Advertisement

Na cova das serpes é o episodio 17 da tempada 3 da serie Winx Club e o episodio 69 en total. Estreouse o 7 de marzo do 2007 en Italia.

Argumento[]

O episodio empeza en Alfea, onde Bloom regresou de Pyros. Pero non hai ninguén, e só están as Pixies. Elas explican que as outras Winx foron á Dimensión Omega para buscar Tecna. Bloom fala con Faragonda, e ela explica que Maia é unha vella amiga dela.

Faragonda explica a Bloom que logrou o Enchantix só con forza de vontade, e é unha excepción á regra. Bloom ve unha nave de Fonte Vermella, e baixa Sky. El di que sente moito o que lle fixo a Bloom baixo o feitizo de Diaspro, e explica que quedou en Fonte Vermella por vixiar a escola de ataques de Valtor.

Sky e Bloom están a falar, ata que aparecen as Pixies, e din a Bloom que a misión á Dimensión Omega é perigosa, pero Bloom está disposta a ir con Sky. Na Dimensión Omega, os Especialistas están atrapados e sen armas, e os gardas son moi salvaxes. As Winx caeron nunha greta e unha serpe quere atacalas.

Sky e Bloom chegan á Dimensión Omega cunha nave, e teñen que baixar. Pero fai moito frío, e ademais óuvense ruídos. Bloom case cae, pero Sky logra salvala. Entón Bloom descobre que alguén está preto da parella, pero resulta ser Tecna.

Tecna explica que se transformou en Enchantix, e cos seus novos poderes e os seus coñecementos tecnolóxicos conseguiu sobrevivir na Dimensión Omega, e tamén fabricou unha arma e un comunicador. Pero a súa mensaxe puxo en alarma uns presos que lograron escapar, e organizáronse en bandas.

Tecna explica que capturaron Timmy, Helia e Brandon, co que Sky, Bloom e Tecna disponse a entrar na cova onde están capturados. Tecna transfórmase, e disponse a liberar os Especialistas pero un garda colle Tecna das mans. Entón Sky e Bloom deixan inconsciente ao garda.

Os catro especialistas enfrontaranse aos bandidos mentres Tecna e Bloom ponse a buscar ás Winx. Unha serpe sae dunha cova e lanza as dúas fadas por un precipicio. As outras Winx están esgotadas porque están a tentar manter a calor.

Tecna transfórmase, e Bloom cae inconsciente. Pero Tecna e Bloom conseguen baixar e reunirse coas outras Winx, e Musa usa o seu po de fada para curar Bloom. As Winx disponse a atacar o monstro.

As Winx atacan o monstro, pero non fai efecto. As Winx usan unha converxencia, pero o monstro continúa a atacar. Entón Bloom transfórmase, e as outras sorpréndense porque ela conseguiu o Enchantix.

Os Especialistas están rodeados polos gardas, mentres as Winx usan o seu po de fada coa converxencia e logran vencer o monstro. Pero o monstro é unha serpe branca que en realidade é a esencia da Dimensión Omega. E ademais, esta serpe só estaba durmida, e esperta. Bloom quere facer algo coa serpe.

Os Especialistas continúan a loitar contra os gardas, mentres Bloom leva a serpe á superficie, e fai que os gardas fuxan. Entón as dúas naves de Fonte Vermella coas Winx e os Especialistas volven a Magix.

As Winx celebran que o seu grupo volve estar unido, e Stella quere facer unha festa de pixamas. Na festa, Musa loita con almofadas con Stella, e Flora fala con Bloom de mozos.

Feitos importantes[]

  • Bloom volve de Pyros.
  • Bloom e Sky reconcílianse.
  • Bloom e Sky atopan Tecna.
  • Bloom, Sky e os outros salvan Tecna.
  • As Winx están xuntas de novo.

Curiosidades[]

  • Este é o último episodio en que o vestido de Layla é azul e amarelo.

Galería[]

Advertisement