Wiki Winx Club
Advertisement

A rabia do feiticeiro é o episodio 25 da tempada 3 da serie Winx Club e o episodio 77 en total. Estreouse o 23 de marzo do 2007 en Italia.

Argumento[]

O episodio empeza en Alfea, onde as Winx piden a Faragonda loitar contra Valtor coas estrelas de auga. Mentres tanto, as Trix din a Valtor que as estrelas de auga o afectaron. Entón Valtor ataca ás Trix e transfórmase nunha especie de demo.

As Trix asústanse e din que se equivocaron con Valtor, e entón Valtor e as Trix teletranspórtanse a Magix. Alí Valtor di que lanzará o feitizo Alfa-Omega, que consiste en invocar os catro elementos. Entón envía auga en Torre de Nubes, aire en Fonte Vermella, lume en Alfea e terra na cidade de Magix.

Saladino informa a Faragonda que uns tornados se achegan a Fonte Vermella, e Griffin di que hai auga e diluvios en Torre de Nubes. Griselda informa que na cidade de Magix hai terremotos, e as Winx atopan lume nas árbores de Alfea. As Winx transfórmanse.

Flora non pode continuar a soportar como as árbores morren, e Stella fai chover no bosque. Pero o incendio será eterno, e as árbores quéimanse pero non se volven cinzas. Faragonda di ás Winx que actúen rapidamente. Mentres tanto en Fonte Vermella, os Especialistas tentan parar o tornado con explosivos, sen éxito.

En Torre de Nubes, o castelo está a alagarse, e as bruxas tentan escapar da auga. A cidade de Magix está a sufrir terremotos. As Winx tentan saber que pasa cos ataques no planeta de Magix, e entón Bloom sente que Valtor está nunha greta, e as Winx atopan Valtor.

Stella saca as estrelas de auga, e Valtor di que ten medo de ir de novo á Dimensión Omega. Pero Bloom percibe que Valtor non está alí, e é unha trampa de Valtor. As Winx redúcense para saír da trampa, e na superficie atopan o verdadeiro Valtor que ataca Bloom e ela cae nunha cova subterránea.

As Trix atacan as Winx, e Valtor métese na cova subterránea onde está Bloom, mentres que Bloom é atacada por un monstro. Bloom destrúe o monstro, pero Valtor disponse a loitar contra Bloom só con lume. Cando Bloom vai ser derrotada, as outras Winx protexen Bloom e loitan contra Valtor.

Layla libera as estrelas de auga, pero Valtor convértese en demo e saca un obxecto do seu cofre, que fai que as estrelas de auga estean baixo o control de Valtor. Bloom di que aínda non se renderon, e Valtor ataca Bloom co poder das estrelas de auga.

As Winx protexen Bloom loitando contra Valtor, pero Bloom decide loitar soa. Entón Bloom lanza o seu po de fada sobre Valtor, pero non funciona. Layla quere facer algo, pero as outras Winx din que Bloom sabe o que fai. Entón, as estrelas de auga saen do cofre, e Bloom dá un sinal ás outras Winx.

O po de fada de Bloom abriu o cofre, e todas as cousas roubadas por Valtor escapan. As Trix veñen, pero elas non queren intervir. Valtor vólvese tolo, e entón o feitizo dos catro elementos desaparece nas tres escolas e na cidade. As Winx escapan, e Valtor ordena ás Trix que deteñan as Winx, pero as Trix abandonan Valtor.

Un chorro de auga cae sobre Valtor, e os feitizos roubados por el volven aos seus planetas. E a marca de Valtor desaparece das sereas de Andros, quedando libres. Todas as sereas abrázanse e ponse felices de volver á normalidade. En Oppositus, a xente volve ser oposta.

As Winx celebran a súa vitoria, e din a Bloom que correu moitos riscos. As Trix saen da auga, e veñen os gardas do mosteiro Rocha Luz para levar as Trix á prisión. En Alfea, os Especialistas reúnense coas Winx, aínda que Bloom sente que algo está mal con Valtor, pero ignórao. Resulta que Valtor aínda non foi derrotado…

Feitos importantes[]

  • Primeira aparición da forma de demo de Valtor.
  • Valtor usa feitizos dos catro elementos:
  • As Winx recuperan o Cofre de Agador de Valtor.
  • As Winx pensan que derrotaron Valtor.
  • As Trix son enviadas á prisión de Rocha Luz (de novo).

Curiosidades[]

  • Fonte Vermella non aparece de novo ata a tempada 5 e Torre de Nubes non aparece de novo ata a tempada 6.
  • Este episodio marca o fin de Lucy e Oppositus. E aínda que sexa só unha participación especial, este episodio marca tamén a última aparición do profesor Avalon.
  • Cando as Winx atacan Valtor, as cores dos ataques de Stella e Flora intercámbianse.

Galería[]

Advertisement