Wiki Winx Club
Advertisement

Os cazadores de fadas é o episodio 1 da tempada 4 da serie Winx Club e o episodio 79 en total. Estreouse o 15 de abril do 2009 en Italia.

Argumento[]

O episodio comeza en Alfea, onde comeza un novo curso e as Winx agora son profesoras. Unhas fadas queren facer fotos ás Winx, e emociónanse. Stella está moi contenta por ter fans, pero as outras Winx comezan a sentirse oprimidas. As outras Winx teñen que falar con Griselda.

Griselda di que antes de falar con Faragonda, irán ás súas habitacións. As Winx van directo ás súas habitacións, pero resulta que hai outras fadas. Griselda explica que estas habitacións son para alumnas, e as profesoras teñen outras habitacións mellores. Faragonda chama as Winx.

Na oficina de Faragonda, ela dá ás Winx o Cofre de Agador cunhas chaves para entrar na sala dos feitizos. Bloom pregunta que é este lugar, e Faragonda explica que alí hai toda a historia e as personaxes do mundo máxico, e que hai niveis superiores ao Enchantix, como o Believix.

Bloom sepárase do resto, e atopa fotos dos inimigo da dimensión máxica, como as Trix, Valtor e Lord Darkar. Bloom atopa un cadro cuberto por unha saba, tira a saba e pregunta a Faragonda quen son uns homes nun cadro. E Faragonda di que mellor esqueza esta imaxe do cadro, eles son moi perigosos.

Tecna chama os Especialistas e aparecen hologramas deles, e Tecna di que son os Especialistas pero eles en realidade están en Fonte Vermella. As Winx abrazan os Especialistas, pero Sky non está. Sky deixou unha mensaxe que di que como agora é rei de Eraklyon, ten obrigacións novas. Sky está a falar, ata que Griselda e pon no medio do holograma de Sky e todos rin.

As Winx dan a súa primeira clase ás alumnas, e a materia consiste en saber o mellor de ser fadas. As Winx fan probas da súa maxia, e só hai unha alumna que non está contenta con isto. As Winx informan que farán unha competición de obstáculos no patio.

No patio, unha fada cre que as Winx non son tan boas, e propón sabotar a competición de obstáculos cun obxecto. Ela escóndese e coloca algo na competición dentro dun túnel por onde pasarán as Winx, e despois coloca a caixa do obxecto na mochila doutra fada. A competición comeza, e as Winx transfórmanse.

As Winx comezan coa competición, e Bloom atopa un obstáculo de fogo. Pero consegue pasalo, e sae. Entón comeza Layla, e tamén o fai ben. Cando o fai Flora, a fada de antes fai a súa sabotaxe e Flora queda inconsciente. As Winx van con ela, e lévana á enfermería. Musa deuse conta da sabotaxe.

Tecna acusa a outra fada por ter a caixa na súa mochila, e ela non sabe nada. Entón Faragonda expúlsaa da escola. Pero Flora tenta falar con ela, e vai buscala. Entón aparecen os catro homes do cadro, e dinlle a Flora que están a buscar Bloom.

Flora non quere dicir onde está Bloom, e os homes atácana. A fada que foi expulsada vai buscar as Winx, e infórmaas do ataque. No comezo as Winx non cren nela, pero Bloom cre na fada ao ouvir que fala de catro homes, porque ela viu estes homes no cadro.

As Winx van ao patio, e os homes preguntan onde está Bloom. Bloom di que é ela, e as Winx transfórmanse. Entón un deles, Duman, transfórmase nun paxaro. Despois transfórmase nun can e tenta morder Flora, cando a fada que foi acusada ataca Duman. Pero parece que os homes son máis fortes, e entón os profesores e as alumnas saen das xanelas. O líder, Ogron, di que son os Feiticeiros do Círculo Negro e son inmunes ao poder das fadas.

Ogron fai que todas as persoas da xanela queden durmidas cun feitizo de sono, e di que canto máis é atacado, máis forte é. Os Feiticeiros do Círculo Negro únense e absorben Bloom, pero Ogron di que ela non é a fada que están a buscar. Entón os Feiticeiros vanse de Alfea, dicindo que a caza continuará.

Faragonda di que os danos foron arranxados, pero as Winx están tristes porque foron derrotadas diante de todas as fadas. Entón a certa fada que sabotou a competición confesa a sabotaxe, e Griselda di que non a expulsarán. Faragonda explica que os Feiticeiros do Círculo Negro son da época de cando había fadas na Terra, e para derrotalos teñen que comezar a procura do Believix. E para isto, Faragonda dá un libro ás Winx.

Feitos importantes[]

Curiosidades[]

  • Última aparición de Griselda, ata a tempada 5.
  • Hai unha sala para todos os inimigos da dimensión máxica.

Galería[]

Advertisement